Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
FAQs about Todos os podcast | Convivir:How many episodes does Todos os podcast | Convivir have?The podcast currently has 183 episodes available.
October 12, 2023Convivir 12-10-2023Nesta xornada festiva coñeceremos a historia persoal dun alumno universitario do Campus de Ourense, que é un referente do deporte paralímpico español. Coñeceremos unha parte do ULA: unha horta solidaria de grandes dimensións. Mergullarémonos nun grupo de investgación contra o cancro que traballa dende Santiago e vén de ser premiado polas súas pescudas sobre as metástases....more56minPlay
October 11, 2023Convivir 11-10-2023Introducímonos na UCI de neonatos do Hospital Provincial de Pontevedra porque acaba de ser recoñecida cun premio á súa sostenibilidade. Seguimos convivindo coa inflación e imos ver como nos vai ós galegos cos nosos aforros e as nosas contas. Dous estudos dos que participan galegos foron publicados en revistas de prestixio internacional e abren esperanza fronte ó cancro....more56minPlay
October 10, 2023Convivir 10-10-2023Convivir cunha enfermidade mental. Hoxe celébrase o Día Mundial da Saúde Mental con moitas reivindicacións de moitos colectivos. Falaremos cun deles. Noutra orde de cousas, cómpre salientar que toda a axuda que se envía dende Galicia a Ucraína ten xa unha sede na Coruña. Entre outros asuntos, Laura Castro fálanos de como a IA pode axudar a coidar o noso planeta e os seus custos medioambientais....more56minPlay
October 06, 2023Convivir 06-10-2023Queremos coñecer os resultado dun informe que a AECC fixo en Galicia sobre a investigación oncolóxica. Revisaremos a vista na nosa condución e iremos correndo ata Sada. Co doutor Luis Prieto falaremos de como certas disfuncións sexuais na parella poden ser un indicio de que se está a chegar a algún episodio de violencia machista....more56minPlay
October 04, 2023Convivir 04-10-2023Achegámonos á delicada situación que vive un país como Burkina Fasso a través da mirada de Unicef Galicia. As asociacións vinculadas á parálise cerebral teñen esta ano unhas reivindicacións moi concretas de cara ó Día da Parálise Cerebral. Repararemos no colectivo 'Teta e coliño', que leva anos apoiando a maternidade e a crianza dos meniños dun xeito moi particular....more56minPlay
October 03, 2023Convivir 03-10-2023Abordamos hoxe as compañías non desexadas ás que se teñen que enfrontar moitas persoas no mundo: os acúfenos. Tamén falaremos sobre as chinches parecen convivir cos franceses estes días na cidade de París. Desprazámonos ademais ata o Milladoiro (Ames) onde acaba de comezar un plan integral co que acabar co acoso escolar e coa exclusión social no seu instituto. Con Laura Castro conversamos sobre as novidades que nos trae o ChatGPT....more56minPlay
October 02, 2023Convivir 02-10-2023Hoxe introducímonos na experiencia das familias que acollen a bebés, nenos ou adolescentes que necesitan dunha familia temporal mentres a súa de orixe atravesa unha situación de dificultade. Pasaremos por dúas actividades extraescolares moi necesarios que están a desenvolverse: ciberseguridade e educación en arquitectura e urbanismo. Con Isabel Neira conversamos sobre certas características que se están dando nos postos de traballo....more56minPlay
September 29, 2023Convivir 29-09-2023No Día Mundial do Corazón aproveitamos para asociar o corazón coa sexualidade co doctor Prieto. Adicaremos gran parte do programa ás persoas maiores, un colectivo que nos últimos temo vén manifestando certas reivindicacións. Daremos conta tamén da existencia en Santiago dun equipo de rugby inclusivo ou da xornada que vai ter lugar sobre as persoas con enfermidade renal de Galicia....more56minPlay
September 27, 2023Convivir 27-09-2023Nesta hora saberemos o que é convivir cun trasplante medular. Adiantarémonos a unha charla sobre a saúde que debe estar vixiada nos homes na cidade de Pontevedra. Camiñaremos pola Coruña na busca de MUPIS no 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos....more56minPlay
September 26, 2023Convivir 26-09-2023Neste tempo de Convivir ímonos achegar a unha lectura dun libro que fala da vida no poboado chabolista de La Cañada Real en Madrid a través da mirada da infancia. Ata o 20 de outubro o alumnado de 173 institutos galegos van revisar a súa vista grazas á campaña 'Ver la vida en 4k'. Laura Catro tratará de explicarnos que IA está detrás das fotos dos corpos de nenas espidas en Almendralejo. Tamén coñeceremos as reivindicacións dunhas doentes de cancro de mama metastásico....more55minPlay
FAQs about Todos os podcast | Convivir:How many episodes does Todos os podcast | Convivir have?The podcast currently has 183 episodes available.