Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 02-01-2024
    Analizamos as claves do aforro enerxético con Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia; descubrimos como se produce o tsunami cerebral con Xosé María Prieto, neurólogo do CHUS e presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía; e falamos dun novo proxecto de balonmán en Galicia con Javier Barrios e Alberto Barrios.
    55 min
  • Convivir 01-01-2024
    Análise da problemática do xabaril nas cidades co presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo; e co presidente da Mesa pola caza, Manuel Martínez. Na segunda parte do podcast, entrevistamos a Manuel Garrido, escritor e experto no Camiño do Santiago e no turismo.
    53 min
  • Convivir 28-12-2023
    Descubrimos a recollida de plástico nas praias e nos montes para elaborar bisutería coa emprendedora María Jesús Jiménez, a iluminación de edificios públicos e do patrimonio coa edafóloga Patricia Sanmartín; e o desprazamento de Galicia cara ao Ártico co xeólogo e profesor Juan Ramón Vidal Romaní.
    54 min
  • Convivir 27-12-2023
    Análise da situación actual do galego co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e entrevista coa primeira catedrática galega de Astrofísica, Minia Manteiga Outeiro, que traballa coa Axencia Espacial Europea.
    59 min
  • Convivir 26-12-2023
    Análise deportivo sobre a situación actual do fútbol galego. Neste espazo de Convivir participan Alberto Torres (director Deporte Campeón), Terio Carrera (TVG), Xaime Escudeiro (Radio Galega) e Toni López (Radio Galega).
    58 min
  • Convivir 25-12-2023
    O doutor xubilado e exxefe de Uroloxía do Hula, Francisco García Novio, publica o libro "Os madrileños non sempre veñen en agosto". Neste espazo de Convivir tamén analizamos a mestura entre a composición musical e o mundo das verbenas co músico Xoán Manuel Paradela. O podcast remata cunha entrevista ao presidente da asociación micolóxica Lucus, Xulián Alonso.
    1 hr
  • Convivir 19-12-2023
    Afondamos na importancia dos insectos para a vida co Doutor en Bioloxía pola USC José Carlos Otero e falamos de discotecas móbiles e adaptación das festas con Carlos Carballa, xerente de Studio 21, e Lola Lemetre, animadora musical.
    1 hr
  • Convivir 18-12-2023
    Unha figura de referencia como o preparador persoal de Pau Gasol, do Barcelona de Baloncesto e da Selección Nacional fálanos da necesidade do exercicio físico na vida actual. Pablo Caballero, xefe do Servizo de Caza e Pesca de Patrimonio Natural en Pontevedra, explícanos a situación do salmón en Galicia.
    1 hr
  • Convivir 14-12-2023
    Analizamos as posibilidades empresariais emprendedoras no sector turístico e a problemática dos alugueres neste sector e falamos de feísmo arquitectónico e adaptación social.
    1 hr
  • Convivir 13-12-2023
    A Intelixencia Artificial constitúe un dos últimos e máis importantes descubrimentos no sector tecnolóxicos. Conversamos sobre o positivo e o negativo arredor dela con varios expertos: Amparo Alonso Betanzos, Jorge Mira, Senen Barro e Aitor Fernández.
    59 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.