Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 22-01-2024
    Poñemos o foco nos divorcios para saber se están aumentando ou diminuíndo nos últimos anos e como se resolven a maior parte deles. Viaxaremos ata A Coruña para coñecer como viviron os nenos e nenas dalgúns coles a fin de semana que pasaron en Barcelona por mor do proxecto europeo IMCITIZEN. Ademais, coa nosa colaboradora Isabel Neira falamos de innovación dende o punto de vista económico.
    1 hr 2 min
  • Convivir 18-01-2024
    Coñecemos a historia de Clauda Tecglen, psicóloga con discapacidade que leva moitos anos axudando a estas persoas a través da Escuela Convives co obxectivo de que a socidade acepte que a discapacidade é un factor de risco para a saúde mental. Tamén facemos balance coa Cruz Roja do Centro de Operacións, o servizo de axuda que teñen dispoñible as 24 horas do día. Celebramos na Coruña os 25 anos que cumpre o primeiro centro de día en Galicia (de carácter privado). Ademais, o doutor Prieto pasa consulta para falarnos de como o estrés interacciona co noso organismo.
    1 hr 2 min
  • Convivir 16-01-2024
    O ruído é un dos problemas que padecen as grandes cidades. Para facerlle fronte xurdiu a Federación Galega contra a Contaminación Acústica, cuxos obxectivos coñecemos no programa. Tamén descubrimos un novo dispositivo de videovixilancia para a asistencia de persoas maiores que están ideando no concello da Pontanova. A nosa colaboradora Laura Castro traerá varias noticias curiosas que nos deixa ultimamente o uso da intelixencia artificial.
    1 hr 2 min
  • Convivir 15-01-2024
    Neste espazo de Convivir coñecemos a historia de Prudencio Macías, unha persoa diagnosticada de esclerose múltiple que está percorrendo España en moto adaptada para dar visibilidade a esta enfermidade.
    Ademais, os máis pequenos da casa son os protagonistas dunha campaña que busca protexer a infancia para facerlle fronte os diferentes tipos de violencia que poden sufrir os menores. Eles mesmos son quen sensibilizan á sociedade.
    Neste podcast tamén conversamos coa profesora de economía Isabel Neira. Con ela falamos da xubilación, un asunto que preocupa a moitos españois segundo amosan as últimas enquisas.
    1 hr 2 min
  • Convivir 11-01-2024
    Neste podcast de Convivir coñecemos 'Stella Maris', unha entidade dependente da igrexa católica e que fomenta a axuda entre a xente do mar e a que queda en terra, as súas familias. Están presentes en moitos puntos do planeta, un deles é Vigo. Ademais, a Asociación Dereito a Morrer Dignamente conmemora o falecemento de Ramón Sampedro e tamén lembramos a existencia do servizo 'Cruz Roja Te Escucha' no Día Mundial de Loita contra a Depresión. Este recurso atendeu xa a máis de 24.000 persoas. Para rematar este podcast, temos consulta co médico Luis Prieto para preguntarlle pola afección da gripe.
    1 hr
  • Convivir 10-01-2024
    Neste espazo de Convivir imos ata unha vivenda comunitaria para maiores en Ribadeo. Alí seremos testemuñas da convivencia entre persoas que se valen por si mesmas, pero que non queren convivir coa soidade, senón compartir o seu tempo con outras persoas na mesma situación. Asunción Rañón ábrenos as portas da súa vivenda comunitaria La Villa de Vilaframil. Neste podcast tamén estaremos coas persoas que non teñen un teito baixo o que albergarse. En Vigo constituíuse a ONG 'Os ninguéns' coa que reivindican o dereito básico de acceso a unha vivenda digna. Entrevistamos a Antón Bouzas, o coordinador da ONG. Ademais, facemos o Camiño de Santiago Accesible coa Fundación Once. A xefa do departamento de accesibilidade tecnolóxica da Fundación ONCE, Lourdes González, explícanos como é facer o Camiño con algún tipo de discapacidade visual, auditiva, física ou cognitiva.
    1 hr
  • Convivir 09-01-2024
    Co inicio dun novo ano é habitual ter novos propósitos e obxectivos. Analizamos os retos de aninovo dende o punto de vista da psicoloxía co profesional Alberto Valle. Tamén descubrimos a ONG 'Ecodesarrollo Gaia' que participa no proxecto 'Coruña Cura'. Esta iniciativa permitiu que os sanitarios galegos atenderan unhas 5.000 persoas no Senegal. Entrevistamos a Guillermo Fernández-Obanza, o coordinador da ONG. Neste espazo de Convivir, tamén falamos de novas tecnoloxías e redes sociais coa experta Laura Castro; e lemos con Elena Paz o libro ilustrado Silforiña, unha obra que narra unha historia de superación adaptada para o público infantil.
    1 hr
  • Convivir 08-01-2024
    A vida e éxitos profesionais de Javier Barrio, deseñador de moda e creador pontevedrés de recoñecida proxección internacional. A enfermidade e o legado da súa nai marca o seu traballo cotiá e as súas creacións artísticas. Neste espazo de Convivir tamén descubrimos a lamprea, un dos produtos estrela da gastronomía galega. Carme Portas dedícase profesionalmente á pesca no Ulla e cóntanos a dificultade da captura da lamprea e José Antonio Ribera fala dos segredos da preparación da lamprea.
    1 hr
  • Convivir 04-01-2024
    Descubrimos a Granxa Escola Serantellos con Noemí López, a dieta atlántica con Federico Mayo e facemos unha viaxe de 40 anos adicados ao ensino nos Salesianos de Ourense con Maite Estévez.
    1 hr
  • Convivir 03-01-2024
    O Picudo Vermello aparece por primeira vez en Galicia nunha finca de Gondomar. A propagación do insecto polo territorio galego foi inevitable. Analizamos a súa situación e consecuencias con Víctor Novo, xefe do Servizo de Sanidade Vexetal da consellería de Medio Rural. Neste espazo tamén convivimos coa música na etapa da xubilación da man de Emilio Álvarez e Miguel Martín, dous integrantes do grupo Zona Vella; e descubrimos a beleza dos números e das matemáticas con Almudena Martín, licenciada en Física e Belas Artes, que compatibiliza o seu traballo no deseño dixital coa súa actividade como divulgadora científica.
    1 hr

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.