Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 28-02-2024
    O programa asómase á feira Biocultura que se desenvolverá na Coruña; cóntanos como futuros médicos reciben formación para tratar doenzas crónicas e trastornos depresivos con balneoterapia; e informa sobre as actividades da ONG "Camiña Nepal"
    1 hr 2 min
  • Convivir 27-02-2024
    Damos conta do que acontece nas escolas unitarias dalgunhas zonas rurais, que pese a ter metodoloxías diferentes a outros coles vénse abocadas ao peche. Afondamos tamén nas novidades tecnolóxicas con Laura Castro e na relación entre o alongamento dos días e a mellora do noso estado de ánimo. Ademais, coñecemos o programa de atención alimentaria no domicilio "Xantar na casa" e as protestas do Foro Galego de Inmigración polo longo proceso ao que se enfrontan os profesionais sanitarios á hora de homologar os seus títulos universitarios en España.
    58 min
  • Convivir 22-02-2024
    Damos conta do labor de Masa Pablenko, unha muller ucraína afincada na Coruña e que dende hai dous anos adica todos os seus esforzos na axuda á poboación afectada polo conflito bélico. Tamén coñecemos as preguntas que nos seguen dando apuro realizar na consulta médica e o noso doutor Prieto contaranos varias cousas arredor dos soños eróticos. Ademais, adiantarémonos á gala solidadaria que prepara Bicos de papel en Vigo.
    58 min
  • Convivir 21-02-2024
    Coñecemos a historia persoal e profesional de Diego González Rivas, un cirurxián coruñés que realiza operacións torácicas por todo o mundo. Falamos da obra de teatro 'Vía Morta', que reflexa a realidade das persoas que viven en campos de refuxiados. Tamén abordamos os cursos de formación a 200 persoas desempregadas afectadas polos peches das centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Ademais, explicaremos en que consiste o programa "Rumbo" de COGAMI.
    59 min
  • Convivir 20-02-2024
    Ímonos ata Ferrol, pois nesta área sanitaria precisan de doazóns de leite materno. Cada ano diminúen os litros doados pese a ser cruciais para os bebés prematuros. Falamos tamén dun libro sobre chamado 'As múltiples cores da vida', que aborda a diversidade sexual LGTBI. Ademais, a nosa colaboradora Laura Castro cóntanos o último sobre a intelixencia artificial.
    59 min
  • Convivir 19-02-2024
    Coñecemos un simposio que vai ter lugar na cidade de Vigo e que supón unha referencia nacional para os oncólogos. Tamén falamos doutro encontro, neste caso en Santiago, que busca incidi, dende a psicoloxía, na prevención e na atención á conduta suicida. Ademais, afondaremos no estudo de Aldeas Infantiles sobre o tratamento que os medios de comunicación dan á infancia e á adolescencia. A nosa colaboradora Isabel Neira explicará a capacidade da cultura, concretamente a audiovisual, para xerar riqueza económica.
    59 min
  • Convivir 15-02-2024
    Imos comprobar como se coida a xente da Costa da Morte, concretamente en Vimianzo, a través dun programa piloto sobre nutrición e alimentación saudable centrado sobre todo nos maiores. Tamén falaremos da Olimpíada Solidaria organizada pola Universidade de Santiago de Compostela coa que se pretende trocar estudo por cartos en prol da saúde mental na República Democrática do Congo. Coñeceremos o traballo duns estudantes apoiados por AGARESO para amosar o padecemetno das poboacións costeiras do Senegal. Ademais, o doutor Prieto explicaranos como desfacernos do apego e dos amores de difícil saída.
    50 min
  • Convivir 14-02-2024
    Coa psicóloga Mari Carmen González Hermo falamos sobre unha nova "moda" que está a implantarse cada vez máis nas parellas sentimentais: non convivir para non desgastar a relación. Tamén coñecemos un proxecto entre dez centros educativos de toda Galicia para loitar contra o vandalismo. Ademais, polo Día Internacional do Cancro Infantil conversamos coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
    51 min
  • Convivir 13-02-2024
    A asociación "Diversidades acolle" abrénos as súas portas en Vigo para coñecer o seu labor na defensa da igualdade de oportunidades das persoas migrantes. Falamos de banca ética a través dunha iniciativa europea que recalou en Galicia. Tamén analizaremos os malos datos na contratación de persoas con discapacidade a través do Servizo de Emprego COGAMI. Ademais, a nosa colaboradora Laura Castro tráenos varias curiosidades que envolven o mundo das redes sociais.
    51 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.