Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 18-03-2024
    A coordenadora pedagóxica da Escola Nenea de Lugo explícanos como se educa aos meniños en conexión coa natureza dende a igualdade de xénero. O grupo de investigación da Universidade da Coruña Neocom acaba de recibir un premio por un proxeto que utiliza campos magnéticos para combater crises epilépticas. O seu coordenador, Casto Rivadulla, danos as claves deste traballo. Coñecemo-la familia de Arcade Lage-Blanco, que participa nun rally solidario en Marrocos. E na nosa sección dedicada á economía a profesora Isabel Neira repasa as terribles cifras de describen a pobreza infantil.
    1 hr 2 min
  • Convivir 14-03-2024
    No Día Mundial do Ril falamos sobre as necesidades dos enfermos renais crónicos co coordenador da Fundación Alcer en Galicia, Alfredo Saborido. As Xornadas sobre Diversidade Funcional que organiza Andaina teñen entre os seus convidados a César Bona, un dos mellores profesores do mundo. Acudimos á consulta do doutor Prieto para que nos fale de "sexo insólito".
    1 hr 2 min
  • Convivir 13-03-2024
    A psiquiatra Iria Veiga sinala as carencias da sanidade pública galega no eido da atención a enfermos mentais. Coñecemos a actividade da asociación Vida Digna conversando co seu alma mater, Ricardo Misa. Santiago García Rey danos as claves para educar con amor e empatía. Ademáis, asomámonos á iniciativa do Instituto Concepción Arenal de Ferrol, que reta ao seu alumnado a convivir dez dias en galego.
    1 hr 2 min
  • Convivir 12-03-2024
    Mentres continua o xenocidio en Gaza, na Coruña organízase "Cultura contra a barbarie", unha gala solidaria co pobo palestino. Coñecemos como funciona o equipo periférico de reconstrución de accidentes de tráfico que acaba de comezar a operar en Galicia. O doutor Fernando López, cóntanos que é o glaucoma, o deterioro do nervo óptico. Falamos con Laura Castro do uso de voces xeradas por Intelixencia Artificial
    1 hr 2 min
  • Convivir 11-03-2024
    O doutor José Ferreras explícanos as consecuencias da perda de dentes e as diferentes alternativas que existen para solucionar este problema. Un estudo da Sociedade Española de Neuroloxía alerta de que as persoas con menos recursos e estudos máis baixos teñen máis probabilidades de desenvolver algún tipo de demencia. Coñecemos o que é a "sisifencia", a síndrome do estrés e malestar no traballo. A profesora da USC Isabel Neira fálanos da formación continua.
    1 hr 2 min
  • Convivir 07-03-2024
    No programa de hoxe falamos da prevención do suicidio co coordinador de Saúde Mental do SERGAS, Alexandre García Caballero. Coñecemos a ONG "Mamás en acción" da man da súa presidenta, Majo Gimeno. O noso sexólogo de cabeceira, Luis Prieto, cóntanos todo o que debemos saber dos xemidos durante o acto sexual.
    1 hr 2 min
  • Convivir 06-03-2024
    No programa de hoxe abordamos o problema da convivencia nos centros de ensino con persoas de orientación sexual diferente. Un estudo da Investigadora Estrella Ramil desvela que en colexios e institutos os alumnos enfróntanse a moitos casos de LGTBIfobia. A fundadora da empresa MyAlma, Mercedes Escoda, axúdanos a botar abaixo algúns tabús relacionados coa menstruación. Ademáis, na véspera do Día da Muller, falamos da homenaxe que no Concello de Soutomaior lle preparan ás costureiras da localidade.
    1 hr 2 min
  • Convivir 05-03-2024
    Deibe Simo fálanos da importancia de compartir tempo en familia. Un estudo da Fundación Eroski alerta sobre o excsivo consumo de bebidas enerxéticas entre os mozos. A profesora de ciencia da computación e intelixencia artificial na Universidade da Coruña, Laura Castro, ilústranos sobre a fenda de xénero dixital. Coñecemos a Enrique Navas, "Tite", padexeiro do club Breogan do Grove que competirá nos Xogos Paralímpicos de París.
    1 hr 2 min
  • Convivir 04-03-2024
    Falamos do virus do papiloma humano, da súa incidencia e dos avances para previlo. Un estudo da UDC analiza a hostilidade nas redes sociais contra os políticos. Na nosa "clase de economía" a profesora Isabel Neira cóntanos como funciona o sistema público de pensións.
    1 hr 2 min
  • Convivir 29-02-2024
    Dia Mundial das Enfermidades Raras; poñemos cara a algunhas desas doenzas. O sexólogo Luis Prieto explica como inflúen os espellos nas relacións íntimas. Falamos do climaterio e da menopausia.
    1 hr 2 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.