Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 23-04-2024
    Entrevista con Ana Belén Cid, premio Ramiro Carregal de investigación en cardioloxía. Coñecemo-las conclusións dun estudo sobre os hábitos de alimentación de nenos e adolescentes pertencentes a familias con poucos recursos. Ana Barba fálanos dun programa da Asociación "Aliad Ultreia" dirixido a detectar no eido sanitario casos de trata de mulleres para axudalas. A nosa experta en Intelixencia Artificial, Laura Castro, cóntanos os últimos enfrontamentos de Elon Musk con autoridades gubernamentais.
    1 hr 2 min
  • Convivir 22-04-2024
    Saberemos como se forman os profesores galegos para combater e tentar evitar o acoso e o ciberacoso entre a poboación escolar. Falamos con Elisenda Ibáñez, coordenadora da Asociación "Visión y Vida", sobre unha campaña para detectar casos de miopía entre nenos e adolescentes. Na sección de Isabel Neira "Clases de Economía" abordamos a necesidade de que Galicia se apoie na inmigración para palia-lo problema da baixa natalidade.
    1 hr 2 min
  • Convivir 18-04-2024
    O Campus Universitario de Ourense acolle un ciclo de conferencias sobre violencia sexual dende unha perspectiva de xénero. Falamos cunha das organizadoras, a profesora María Xosé Vázquez, e cunha das relatoras, a sicóloga Vanesa Rodríguez. Jesús Sanz-Sebastian, director do musical "Dumbo", fálanos deste espectáculo familiar e inclusivo que chega a Vigo e Santiago. O noso sexólogo de cabeceira, Luis Prieto, aborda o asunto da infidelidade.
    1 hr 2 min
  • Convivir 17-04-2024
    No Dia Mundial da Hemofilia achegámonos a esta doenza da man dun enfermo, Brais Carreira, que ademáis preside a Asociación Galega de Hemofilia. Falamos de edadismo co director do Centro de Investigación Ageingnomics, Juan Fernández Palacios. O director e actor da compañía Empatía Teatro, Elisardo de la Cruz, preséntanos a obra “Esas cousas marabillosas”, na que aborda a problemática dos enfermos de saúde mental. Coñecemos en que consiste o programa Amodiño, que desenvolve Cáritas no norte de Galicia para atender familias en situación de vulnerabilidade.
    1 hr 2 min
  • Convivir 16-04-2024
    O CIFP de Lugo acolle esta semana coloquios, obradoiros e conferencias relacionados co benestar emocional, a prevención de drogas, a achega das mascotas ou a danza como forma de exercicio saudable. Falamos coas organizadoras desta Semana da Saúde. O xornalista Fernando Salgado fálanos do seu libro "Que miras?", onde narra a vida dunha enferma de acondroplasia. Entrevistamos a Patt Skinner, unha artista británica afincada en Vigo que tenta reflectir o seu compromiso coa natureza na súa obra. A profesora da UDC, Laura Castro, explícanos por que as ferramentas xeradas con IA para detectar se un texto é orixinal están lonxe de ser perfectas
    1 hr 2 min
  • Convivir 15-04-2024
    Coñecemo-lo labor da Fundación Tierra de Hombres, que co seu proxeto "Viaxe cara á vida" trae a Galicia nenos e nenas de paises subdesenvolvidos para ofrecerlles o tratamento médico que non poden obter no seu lugar de orixe. Descubrimos como se transformaron os xardíns históricos de Castrelos, en Vigo, nunha área accesible que pode ser percorrida por persoas cegas de xeito autónomo. E coa nosa colaboradora Isabel Neira falamos da desaparición das xogueterías por mor da caída da natalidade.
    1 hr 2 min
  • Convivir 11-04-2024
    No día Mundial do Parkinson imos saber algo máis desta enfermidade neurodexenerativa que padecen en Galicia máis de dez mil persoas. Para iso contamos con Manuel de Santos que, ademáis de ter esta doenza, é membro da xunta directiva de AODEMPER, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras. Ollamos o gran mural feito con pintura ecolóxica en Vigo polo alumnado do Centro de Educación Especial Saladino Cortizo. "Plantando árbores con pinceis", así se chama o proxecto que dirixiu o artista David Brey. O noso sexólogo de cabeceira fálanos hoxe da relación entre música e sexualidade.
    1 hr 2 min
  • Convivir 10-04-2024
    Saberemos como a asociación viguesa DOA utiliza pisos protexios nos seus programas de rehabilitación de enfermos mentais. Xosé Lois Liñares exlícanos en que consiste a iniciativa de Afundación "Fálame da emigración", na que persoas maiores que tiveron que traballar noutros paises lle trasladan a súa experiencia a alumnos de secundaria e bacharelato. Coñecemos a que se dedica a Fundación Proclade, presidida por un galego, Miguel Tombilla. A enfermeira Verónica Cibeira danos detalles sobre as "Escolas de saúde", as charlas e obradoiros formativos que se desenvolven en colexios e centros de saúde da provincia de Ourense.
    1 hr 2 min
  • Convivir 09-04-2024
    Debullamos coa directora de formación da Fundación ANAR, Belén Reguera, o estudo "Agresión sexual en niñas y adolescentes según su testimonio. Evolución en España (2019-2023)". Coñecemos, en conversa con Pablo Aguilar, a nova terapia que está experimentando un equipo da Universidade de Santiago para combate-lo tumor cerebral máis letal e de peor prognóstico: o glioblastoma. O director de comunicación do Comité Paralímpico español preséntanos aos galegos preseleccionados para competir nos xogos de París. A profesora da UDC, Laura Castro traenos as últimas noticias sobre Intelixencia Artificial.
    1 hr 2 min
  • Convivir 08-04-2024
    O Día Internacional do Pobo Xitano tenta acabar co descoñecemento da cultura desta etnia e poñer sobre a mesa que é un colectivo que segue a estar discriminado. Fernando Montoya, integrante da Fundación Secretariado Xitano en Vigo, descríbenos a situación da etnia en Galicia e infórmanos dos esforzos que se realizan para a súa mellor integración social e laboral. O ciruxán Antonio Satorras fálanos dunha misión solidaria de médicos galegos en Liberia. A directora da asociación Alento, Ana Regueira, explícanos en que consiste o proxeto "Sair adiante" de apoio ás familias de persoas que se suicidaron. A profesora de economía Isabel Neira debulla as novidades da campaña da renda.
    1 hr 2 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.