Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 05-06-2024
    As persoas que perciban cambios nas manchas e nos lunares da pel teñen a oportunidade dunha cita rápida cun dermatólogo grazas a campaña Euromelanoma 2024. A doutora Celia Posada, dermatóloga do Complexo Hospitalario de Vigo, explícanos como solicitar esa consulta. A profesora da facultade de Traballo Social de Ourense María José Vázquez cóntanos a intervención do alumnado na prisión de Pereiro de Aguiar cun proxecto para mellorar o benestar e favorecer a rehabilitación das mulleres reclusas. Achegámonos ó traballo contra a drogadicción da asociación Alborada de Vigo ó longo das últimas décadas.
    51 min
  • Convivir 04-06-2024
    Exploramos a iniciativa “Escola de calor, refuxios climáticos”, que se leva a cabo na biblioteca pública Nós de Ourense, en conversa con Brais Estévez, profesor da Universidade de Santiago. Cita coa gala de entrega dos premios solidarios do grupo ONCE. Co presidente do consello territorial do grupo, Carlos Fernández Lamigueiro, coñecemos un pouco máis do labor das persoas e organizacións galardoadas. A profesora Laura Castro preséntanos algunhas iniciativas relacionadas coa IA.
    53 min
  • Convivir 03-06-2024
    Presentamos unha investigación que relaciona directamente a exposición ó fume do tabaco coa morte. A profesora da facultade de Medicina de Santiago de Compostela Mónica Pérez Ríos, una das que dirixiu esta tese doutoral, explícanos que o cancro de pulmón e a cardiopatía isquémica están asociadas causalmente ó fume do tabaco. Abordamos un ciclo de charlas sobre un envellecemento satisfactorio, organizadas na Coruña pola Sociedade de Médicos de Familia e Afundación, e dunha iniciativa solidaria impulsada por 12 mulleres emprendedoras de Compostela. A profesora Laura Castro fálanos de impostos.
    54 min
  • Convivir 30-05-2024
    As enfermidades crónicas nunha poboación cada vez máis envellecida é un dos grandes retos da nosa sociedade e, en concreto, do sistema sanitario. O 10º Congreso Nacional de Enfermos Crónicos, organizado por SEMERGEN, reivindica unha mellora formación dos pacientes e o fortalecemento da relación co médico de familia, tal e como explica o doutor Carlos Piñeiro. Galicia é a comunidade coa prevalencia máis alta de esclerose múltiple. O xefe de Neuroloxía do hospital Povisa comenta que os debates do congreso Neurobaiona xiran arredor dos novos fármacos, do diagnóstico, pero tamén de medos e dúbidas. Falamos sobre crecemento co organizador do evento Coaching pro Live, que se celebrará a próxima semana con expertos de todo o mundo. O doutor Luís Prieto descóbrenos a conexión entre o baile e o sexo.
    53 min
  • Convivir 28-05-2024
    Analizamos as vantaxes e a demanda no mercado laboral dos estudos universitarios e da Formación Profesional coa responsable dun portal de emprego. Celebramos o Día Internacional de Acción para a Saúde das Mulleres falando sobre hormonas, ciclos menstruais, enerxía e emocións coa pedagoga e profesora de ioga Cathy Compani. En vésperas do Día Internacional da Esclerose Múltiple, coñecemos máis sobre as dificultades que afrontan estes enfermos en conversa con Susana Fernández, presidenta de AODEMPER. A profesora Laura Castro coméntannos fallos, malas prácticas e retos da IA.
    52 min
  • Convivir 27-05-2024
    Achegámonos á experiencia vivida en Kenia por Alba García, doutora do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Pasou medio ano no país africano formando médicos de Urxencias e axudando a implantar un sistema de triaxe. Da man dunha empresa especializada coñecemos solucións de accesibilidade, como eliminar barreiras arquitectónicas para facilitar os desprazamentos das persoas con discapacidade. Descubrimos en Oleiros unha arte marcial coreana, o hapkido, na que se forman dende membros das forzas de seguridade a vítimas de violencia machista.
    Ademais, a profesora Isabel Neira xunto co experto Iago Fraga cóntannos como mellorar a produtividade nas empresas.
    52 min
  • Convivir 23-05-2024
    Galicia ten unha das taxas máis altas de persoas centenarias do mundo. O presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, José María Faílde, fálanos dos factores e dos retos da lonxevidade. O presidente da asociación iCmedia Galicia expón os resultados dun informe sobre o uso que fan os mozos da Internet: un 46 por cento recoñece ter problemas psicolóxicos ou de rendemento escolar. O doutor Prieto desvélanos se hai relación entre a fase luar e o desexo sexual.
    1 hr 2 min
  • Convivir 22-05-2024
    A utilidade da IA para curar feridas ou a micropigmentación oncolóxica son algúns dos avances que se analizan no Congreso de Enfermería Oncolóxica celebrado en Santiago. Achegámonos ó centro residencial para persoas con discapacidade intelectual San Vicente de Paul de Lugo e coñecemos mellor os beneficios da balneoterapia en patoloxías musculoesqueléticas cos doutores Juan Gestal e Jesús Pino.
    1 hr 3 min
  • Convivir 21-05-2024
    Presentamos un sistema experimental de xeolocalización de persoas nas zonas rurais, clave para actuar fronte á desorientación ou un accidente. Coñecemos como podemos rexistrar o Documento Vital coa asociación AODEMPER e a traballadora social do SERGAS de Ourense María Xosé Vázquez. Achegámonos a unha campaña de pintadas contra o bulling no IES Cacheiras, de Teo., e a colaboradora Laura Castro coméntanos a utilidade da IA tras un accidente cerebrovascular.
    1 hr 2 min
  • Convivir 20-05-2024
    Coñecemos o labor da Fundación Grandes Amigos, que crea redes fronte a soidade. desde Vigo. A pediatra Cecilia Vecillas, que recibiu o recoñecemento do Colexio de Médicos da Coruña, cóntannos a súa experiencia e a súa dedicación na sanidade pública durante máis de 30 anos. A profesora Isabel Neira explica os efectos da expansión das marcas brancas.
    1 hr 2 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.