Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 12-07-2024
    O Laboratorio de Riscos Psicosociais, creado pola Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela, é un espazo encamiñado a mellorar o benestar laboral, a reducir os riscos físicos e mentais no traballo. Do seu labor fálanos a xerente do ISGA, Adela Quizá-Torroja. Os concellos xa poden solicitar as axudas para acondicionar vivendas destinadas a persoas sen fogar, tal e como nos explica o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. En tempo de rebaixas tamén hai enganos e, por iso, o secretario da Unión de Consumidores, Miguel López, cóntanos cales son os nosos dereitos. Os pes son a parte do corpo máis esquecida no verán; Ana Requeijo, presidenta do Colexio de Podólogos, fálanos dos riscos e ofrece recomendacións para coidalos.
    57 min
  • Convivir 11-07-2024
    O programa Escolas Abertas está encamiñado a formar ós docentes que ensinan música, baile e outras formas da cultura galega ós emigrantes no exterior. O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez, explícanos como e para que se desenvolven estes cursos en Galicia. Un informe da OMS alerta sobre a falta de iodo na dieta e a nutricionista Lidia Folga coméntanos os motivos e como resolver esa carencia. O profesor Luís Prieto fálanos dos movementos reflexos durante o sexo e da necesidade de educación sexual, sobre todo, entre os máis novos.
    57 min
  • Convivir 10-07-2024
    Un xeito de coñecer o pasado son os museos, como o do Médico Rural de Maceda. O seu creador, José Manuel Lage, realiza un percorrido por este espazo que recolle a historia da medicina no rural. Latento, gabinete especializado nas altas capacidades, fálanos da realidade desta condición. Acompañamento e asesoramento de mulleres embarazadas en situación de vulnerabilidade da Asociación Alborada de Vigo. Remodelación dun grupo de casas do rural en Mos, a Aldea Alfacuca, convertidas nun espazo de ocio e educación.
    57 min
  • Convivir 08-07-2024
    Afondamos no método de ensino Kumon, creado en Xapón. Ana Expósito, responsable dunha academia deste método en Pontevedra, explícanos os obxectivos que persegue este sistema para mellorar o rendemento dos rapaces. Un informe de SEDRA-Federación de Planificación Familiar indica que hai diferencias entre as comunidades á hora de atender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. A responsable do estudo, a psicóloga e sexóloga Raquel Hurtado, indícanos que se debe mellorar na xestión dos centros de Galicia. O Colexio de Enxeñeiros de Informática de Galicia pon en marcha talleres de robótica para os nenos hospitalizalizados, unha iniciativa que coñecemos en conversa co seu presidente, Fernando Suárez. A profesora de Economía Isabel Neira xunto ó catedrático Miguel Rodríguez explícannos como nos afectarán a nivel individual os cambios enerxéticos e o obxectivo de descarbonización.
    57 min
  • Convivir 05-07-2024
    O xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando Alonso, alerta do incremento do narcotráfico en Galicia, en consonancia co que ocorre en toda Europa, e do aumento do consumo de distintas substancias entre a poboación, especialmente a máis nova. Do emprego para a toda a vida pasamos ó turista laboral. O subdirector da Fundación Máshumano, Tomás Pereda, fálanos deste novo perfil de profesional: xente nova, sen medo ó mercado laboral e que vai dun emprego a outro, buscando enriquecerse profesionalmente e mellores salarios. O secretario da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, afonda nos produtos gancho e na publicidade enganosa de alimentos que so teñen un plus no prezo.
    56 min
  • Convivir 04-07-2024
    As persoas non binarias son persoas non recoñecidas nin legalmente nin socialmente. A presidenta da Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña, Ana García, afonda no malestar que iso provoca, nas dificultades do día a día e nas consecuencias sobre a saúde mental. Aumenta o número de familias que vende ou mercan libros escolares de segunda man para os seus fillos co obxectivo de aforrar cartos. Falamos disto coa presidenta da Confederación de Anpas Galegas, Isabel Calvete. Entrevista coa
    directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, sobre os campamentos do verán da Xunta 2024. Co profesor Luís Prieto falamos das distintas versións de nos, do namoramento, do sexo no verán...
    57 min
  • Convivir 03-07-2024
    O científico galego afincado en Alemaña Francisco Pan Montojo explícanos a investigación que leva a cabo sobre dúas moléculas naturais que poderían duplicar a supervivencia dos enfermos de ELA. Conversa co doutor e catedrático de Fisioloxía Javier Cudeiro sobre o seu libro “Cerebro, amor y duelo”. Nel repasa os cambios que se producen no ser humano cando falece un familiar ou unha persoa moi próxima e como afrontar esa perda. Afondamos na COVID persistente, coa coordinadora da Unidade Postcovid do CHUO, Dolores Díaz, e con Isabel Quintana, afectada e presidenta da Asociación Galega de Covid Persistente.
    57 min
  • Convivir 02-07-2024
    A escola do cárcere de Teixeiro foi incluída na rede educativa da UNESCO, que reúne 12.000 centros de todo o mundo. Conversamos co seu director, Carlos Ferreiro, para coñecer o seu proxecto e o que supón este recoñecemento. Achegámonos ó labor científico da astrofísica galega Isabel Rebollido, que na actualidade traballa no Centro Europeo de Astronomía Aeroespacial. A directora do centro Stela Maris de Vigo, Mariel Larriba, explícanos o labor que realizan de atención ós mariñeiros. Un informe da fundación Eroski alerta do consumo abusivo das bebidas enerxéticas por parte dos menores. Analizamos os motivos e as consecuencias co director xeral da fundación, Alejandro Martínez Berreochoa.
    57 min
  • Convivir 01-07-2024
    Unha elevada porcentaxe de cidadáns recoñece que precisa as vacacións para reducir o estrés, relativizar os problemas e tomar decisións. Falamos coa responsable en España do portal HomeExchange do estudo “As vacacións e o impacto sobre a saúde mental” e co psicólogo clínico do CHUAC Jacobe Fernández. O estudo “Stop cocaína, unha adición mortal” alerta sobre o incremento das mortes de condutores baixo a influencia desta droga. O director de comunicación da fundación Línea Directa, Santiago Velázquez, salienta que un 13 por cento dos falecidos ó volante consumira cocaína. O preside da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez, o último informe PISA, que sitúa o alumnado da comunidade como o terceiro con máis pensamento creativo. Achegámonos ó labor de Faraxa, unha ong que axuda ás mulleres prostituídas, en conversa coa súa presidenta, a avogada Ana Garcia Costas.
    57 min
  • Convivir 28-06-2024
    O director da escola do cárcere de Teixeiro explícanos como funciona o centro, primeiro dunha prisión de Europa que a UNESCO inclúe na súa rede educativa.
    Coñecemos o proxecto da Fundación Secretariado Xitano para mellorar a saúde desta poboación en conversa coa súa directora territorial, Eva Vera, e coa xefa de Servizo de Estilos de Vida Saudable de Sanidade, Carolina Múñoz. A empresa Sodexo e a súa fundación Stop Hunger axudan a entidades que traballan con persoas en risco de inclusión ou en lugares en situación critica. A súa directora xeral, Carina Cabezas, fala deste labor e da última carreira ciclista solidaria.
    Achegámonos á plataforma lembrame.gal cos seus responsables, Carolina Fernández e Guss Domarco, decididos a preservar o patrimonio dos nosos maiores.
    55 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.