Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 26-07-2024
    Nesta edición de verán volvemos escoitar a algúns dos convidados da tempada. Conversamos con Francisco Díaz, director da Fundación ASPANEPS, organización ferrolá que agrupa a familias de nenos e nenas con problemas psicosociais. A hostilidade dixital e os políticos, cuestión que explora un estudo da Universidade da Coruña. Prostitución e abolición coa asociación FARAXA, que ofrece programas de axuda a mulleres nesta situación.
    57 min
  • Convivir 25-07-2024
    Edición de verán do Convivir na que repasamos temas da tempada. Neste programa falamos con Beatriz de Pablo, vogal da Asociación Española de Avogados de Familia, sobre o aumento dos divorcios no verán. Con Pilar Fernández, fundadora da Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico, tratamos esta enfermidade. Vivenda comunitaria en Ribadeo para combater a soidade dos maiores.
    57 min
  • Convivir 24-07-2024
    Edición de verán do Convivir na que repasamos algúns dos temas da tempada. A sisifemia ou síndrome do traballador incansable. Autoavaliación xornalística sobre o tratamento da infancia vulnerable nos medios. Proxecto de encontros interxeracionais nunha escola infantil da Coruña. Informe da Fundación Randstad sobre a baixada na taxa de paro das persoas con discapacidade.
    57 min
  • Convivir 23-07-2024
    Edición de verán do programa Convivir na que repasamos gran parte dos temas da tempada. Coñecemos o desenvolvemento da terapia social con cans. Maior accesibilidade no Camiño de Santiago grazas ao labor da fundación ONCE. Claudia Tecglen, psicóloga con discapacidade que explica como esta condición constitúe un factor de risco para a saúde mental.
    54 min
  • Convivir 22-07-2024
    Edición de verán do Convivir na que facemos un repaso dos temas tratados ao longo da tempada. Con Tania Vázquez conversamos do labor da asociación Xaruma. Falamos tamén dun estudo da Fundación ANAR sobre agresións sexuais en nenas e adolescentes. Como é o noso sono, cales son as fases que atravesamos durante o descanso? Cóntanolo a psicóloga especialista Marta del Villar.
    57 min
  • Convivir 19-07-2024
    Falamos con Educo dun programa de identificación de violencia en menores. Ademais, analizamos o uso de tecnoloxía en menores con Julio Álvarez, xefe de Pediatría do Hospital Xeral de Valencia. Como afecta o lugar no que vives ao estado da túa visión? Cóntanolo Salvador Alsina, presidente de Visión e Vida. Abordamos a sentenza do TXSG sobre as axudas de libros e material escolar.
    57 min
  • Convivir 18-07-2024
    O abandono animal aumenta en verán, unha realidade da que nos fala a a protectora Gatocan. Achegámonos a unha campaña que busca compatibilizar o turismo co marisqueo. Coa psicóloga Marta Otero conversamos sobre os nenos mal comedores e os trastornos da conduta alimentaria. E da man de Diego Antelo, psicólogo tamén, falamos do que supón convivir con trastorno obsesivo compulsivo, TOC.
    57 min
  • Convivir 17-07-2024
    A directora executiva do CERMI detalla os resultados do informe "Xuventude con discapacidade en España 2024". E as persoas con discapacidade presentan unha taxa de empregabilidade inferior á da poboación en xeral. Para facilitar a busca de emprego público por parte deste colectivo FADEMGA creou unha aplicación da que nos fala Manuel Carrillo, responsable da Área de Emprego e Formación da federación. E en Ourense existe un espazo ata onde persoas de todo o mundo viaxan para compartir unhas semanas no rural. Trátase do coliving e coworking Sende, localizado na aldea de Senderiz e do que falamos con Edo Sadikovic, un dos fundadores.
    57 min
  • Convivir 16-07-2024
    A psicóloga Carmen González explica as dificultades que atopamos para desconectar do traballo durante as vacacións. E de vacacións e viaxes falamos tamén, porque o número de visitantes que se aloxan en Galicia aumentou nos primeiros cinco meses deste 2024. Pero aloxamento é o que non atopan os estudantes debido á falta de pisos e o aumento dos prezos, un tema que tratamos coa vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias. A hipertensión arterial como factor de risco da man da doutora Isabel Egocheaga, responsable do grupo de Traballo de Enfermidade Cardiovascular da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia.
    57 min
  • Convivir 15-07-2024
    Unha plataforma que revisa o estado de saúde en 20 minutos, "Chequea tu salud", e da que nos fala César Morcillo, director médico de Sanitas. De saúde conversamos tamén con Salvador Ramos, un dos directores do curso de Oncoloxía Integrativa que se celebra estes días no Hotel Talaso Atlántico. A fundación ONCE celebra unha xornada sobre a mellora do deseño urbano para garantir a mobilidade de todos e todas. E Cáritas continúa co seu programa de inserción laboral, do que xa se beneficiaron máis dúas mil persoas durante o pasado 2023. Agora que estamos en verán, a conciliación familiar vólvese complexa, situación á que nos achega Almudena Escorial, responsable de comunicación da Plataforma da Infancia.
    57 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.