Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 30-08-2024
    O Convivir concentra nunha hora varias problemáticas sociais, poñendo o foco nos afectados e afectadas así como na súa visibilidade. Igualdade, inclusión de grupos marxinados socialmente, enfermidades e moito máis.
    58 min
  • Convivir 29-08-2024
    Edición de verán do Convivir que inclúe unha volta sobre algúns dos temas tratados.
    Falamos co Secretario Xeral de Política Ligüística, Valentín García, sobre a saúde da lingua galega. Proxecto Gaia da Axencia Espacial Europea vai crear o mapa máis preciso da Vía Láctea explicado por Minia Manteiga, catedrática de astrofísica da Universidade da Coruña.
    57 min
  • Convivir 28-08-2024
    Edición de verán do Convivir que inclúe unha volta sobre algúns dos temas tratados. Falamos con José Martín Aguado, profesor e colaborador da plataforma ‘Empantallados’ sobre o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a dependencia e os problemas derivados das mesmas. Mundo do deporte e deportes minoritarios con Alberto Guzmán, galego que leva anos triunfando no jiu-jitsu, unha arte marcial xaponesa con orixe na India e concibida como defensa.
    57 min
  • Convivir 27-08-2024
    Edición de verán do Convivir que recupera episodios pasados. Neste programa xúntanse dúas cuestións do ámbito educativo: altas capacidades e actividades para a igualdade. Carmen Pomar, doutora en Psicoloxía Infantil pola USC e experta en Psicoloxía Educativa fálanos das vantaxes e problemas que enfrontan os cativos con altas capacidades. E dende o Colexio Montecastelo o seu director explica como fomentan a igualdade na institución: mediante actividades para aprender as tarefas do fogar. Cociñar, coser, poñer a lavadora... son labores que aprenden os alumnos da man de pais e profesores voluntarios.
    58 min
  • Convivir 22-08-2024
    Edición de verán do Convivir que recupera episodios e convidados pasados. Programa especial de música con profesionais do sector como Nando Casal, músico. Tamén Fernando Vázquez Arias, director de orquestra. Do mesmo gremio Dani Dopazo, director de La Oca Band xunto a Ruth Núñez, voz da mesma agrupación. E músico galego tamén Tonhito de Poi, do grupo Heredeiros da Crus.
    57 min
  • Convivir 21-08-2024
    Edición de verán que volve sobre algúns dos temas e os convidados pasados. Aplicación práctica da IA, esa combinación de ciencia e tecnoloxía que está chegando a gran parte dos campos da vida diaria, con Senén Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e tamén director científico do CiTIUS. Viaxe a Catoira para falar da súa Romaría Vikinga, que naceu dun simple xantar para acabar converténdose nunha festa de interese internacional.
    57 min
  • Convivir 20-08-2024
    Edición de verán na que recuperamos temas xa tratados no Convivir. Mar e recuperación de embarcacións coa 'Chasula', barca que imparte ledicia e maxisterio. Isidro Mariño é o seu capitán e María Calvo é oceanógrafa e divulgadora de a bordo. E como Galicia é terra de maxia e magos, falamos cun prestixioso ilusionista galego. Luis Boyano é psicólogo de formación, presentador e mago de exercicio. Boyano introduciu en España a maxia corporativa, modalidade que desenvolve actualmente na empresa que dirixe. Viaxe espeleolóxica á sima do Taro da Cruz. Esta paraxe localizada no Courel é un lugar predilecto para os espeleólogos, entre eles o grupo Troglobios, que coñece ben esta singular paraxe, e con cuxo vogal da xunta directiva falamos.
    57 min
  • Convivir 19-08-2024
    Edición de verán do Convivir que volve sobre temas xa tratados. Desta volta moda, deseño e manifestacións artísticas no mundo da moda con Javier Barrio, deseñador e creador pontevedrés de proxección internacional. Gastronomía arredor do animal menos evolucionado do reino animal, un peixe de estética desagradable pero saboroso e moi solicitado por milleiros de comensais: a lamprea. Conversamos sobre este peixe con Carme Portas, unha das poucas persoas que se adica á súa pesca, xunto a José Antonio Rivera, chef de Padrón.
    57 min
  • Convivir 14-08-2024
    Edición de verán do Convivir cun repaso dos temas e convidados pasados. Falamos co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia do aforro enerxético nos fogares, a redución dun gasto que afecta especialmente ás familias vulnerables. Con Víctor Novo, xefe do servizo de Sanidade Vexetal da Consellería de Medio Rural, conversamos sobre a presenza do picudo vermello en Galicia, un tipo de insecto que dana as palmeiras. Deporte, máis concretamente balonmán, co recoñecido adestrador desta disciplina Javier Barrios, acompañado polo seu fillo Alberto Barrios.
    57 min
  • Convivir 13-08-2024
    Cada vez é máis habitual atopar xabarís en zonas moi poboadas e grandes cidades, unha situación que implica perigos e riscos dos que falamos con Luis Eusebio Fernández, presidente da Federación Galega de Caza, e tamén con Manuel Martínez, presidente da Mesa Galega pola Caza. Turismo, camiño e guías para gozar do patrimonio natural galego con Manuel Garrido, historiador e autor de varias guías prácticas do camiño e un dos redactores da Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago. Falamos tamén da súa última obra, “O Camiño de Santiago: doce séculos de historia”.
    57 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.