Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 27-06-2024
    A etnia xitana é a minoría máis discriminada en España. AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, organiza varias actividades para acabar cos discursos de odio e os estereotipos sobre as persoas desta etnia; un problema do que falamos coa técnica de proxectos, Uxía Pérez. A subdirectora xeral de Atención Primaria, Sinda Blanco, e Tamara Blanco, da plataforma Loita, explícannos os beneficios do Protocolo de Acompañamento e Pel con Pel nos partos con cesárea, que agora se aplicará en tódolos hospitais galegos. O consumo de froitas e hortalizas reduciuse nun 13 por centro tras a COVID. Conversamos coa responsable de AECOP, o xerente da cooperativa Horsal e o nutricionista Manuel Botana sobre os motivos e as implicacións na saúde. Entrevista a concelleira de Benestar Social de Silleda, Ángela Trotiño, sobre as medidas que van implantar no municipio en colaboración con COGAMI.
    57 min
  • Convivir 25-06-2024
    Non sempre é doado recuperarse mentalmente dun accidente que cambia a vida. Artemio Fernández é un exemplo de fortaleza e superación tras un grave accidente de moto no que perdeu un brazo. Este veciño das Pontes cóntannos como decidiu sobrepoñerse e continuar coa súas paixons, a caza e a pesca. A piques de comezar a época con máis movemento nos aeroportos, afondamos nos dereitos dos viaxeiros. José Esperante, avogado especializado en Dereito de Consumo, explícanos ante que circunstancias e como podemos reclamar ante os atrasos, as cancelacións ou a perda de equipaxe.
    57 min
  • Convivir 19-06-2024
    Os escolares de Lugo poden achegarse á vida do rural e ó sector primario a través do programa “Escola A Granxa”, da Deputación. O deputado Daniel García coméntanos os obxectivos desta iniciativa. Afondamos no labor de Diversidades Acolle, unha entidade de Vigo que axuda a inmigrantes e refuxiados a desenvolver as súas capacidades. Unha asociación xuvenil da Estrada, Imaxina e Axuda, acaba de ser galardoada pola ONCE por un proxecto tecnolóxico, “Ponte las gafas”. Unha das creadoras, Laura, explícanos o uso de lentes de realidade virtual nos maiores para estimular a mente. Coa Asociación Al-Anon de Axuda a Familiares de Alcohólicos afóndamos nos problemas que xurden nos fogares afectados cando as persoas de autoridade non cumpren coas súas responsabilidades.
    1 hr 1 min
  • Convivir 18-06-2024
    Amigos de Galicia alerta sobre o grave problema de saúde mental dos adolescentes tras un estudo realizado entre máis de 800 rapaces galegos. A coordinadora do estudo, a psicóloga Cristina García, explícanos os datos, os problemas e os sentimentos que hai tras os trastornos mentais dos adolescentes. O Colexio de Podólogos de Galicia, a través do seu voceiro, Navor Pereira, lanza recomendacións sobre o coidado dos pes ante o verán. Celebramos o triunfo de Down Ourense na Liga de Debate de Mozos con Discapacidade Intelectual falando con 2 membros do equipo, Francisco Diz e Saúl Álvarez, e coa psicóloga e a coordinadora da asociación ourensá, Icia Diéguez. A experta en IA Laura Castro coméntanos como se vai aplicar esta tecnoloxía no Servizo Público de Emprego de Galicia.
    1 hr 1 min
  • Convivir 17-06-2024
    O psicólogo en terapia familiar Jesús Cudeiro explícanos as principais razóns que causan a crises na parella e as claves para que a terapia funcione. Este experto asegura que este é un dos últimos recursos das parellas con problemas. Falamos con Antonio Javier Lema, elixido o mellor vendedor da ONCE de Galicia, que recoñece así a súa implicación coa organización e cos seus clientes. Achegámonos a un proxecto social que bota a andar en Vigo, Anubeira. Trátase dunha asociación moi heteroxénea que busca aglutinar a persoas con inquedanzas culturais, sociais, políticas e artísticas. A profesora de Economía Isabel Neira afonda nas pensións.
    1 hr 2 min
  • Convivir 13-06-2024
    Integrantes da asociación Down Ourense representarán a Galicia na liga de debate entre mozos con discapacidade intelectual de toda España. Brais Durán, técnico en formación desta asociación, cóntanos como afrontan este reto. As persoas xordas celebran o Día Nacional da Lingua de Signos con actos festivos e reivindicativos. Emma Blanco, coordinadora de cursos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, insiste na necesidade de eliminar barreiras e contar con interpretes en centros e institucións. Explicamos a convocatoria dos campamentos da Xunta para rapaces entre 9 e 14 anos. O doutor Luís Prieto fálanos do sexo e o mal.
    1 hr 1 min
  • Convivir 12-06-2024
    Afondamos na epilepsia en conversa co coordinador da Unidade de Epilepsia Refractaria do CHUS, Francisco Javier López. Premiado pola Sociedade Española de Neuroloxía, este investigador explica as causas, os tipos de crise e os tratamentos. Axudar a reflexionar sobre as cousas importantes da vida é o obxectivo do libro “Esencial” de Fernando Botellla, experto en emocións e liderado. Entrevista ó presidente da Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia,
    Keith Albert Foo Gil, para coñecer máis sobre o congreso que celebra estes dias na Coruña. Descubrimos a orixe, as metas e a oferta do festival DiversidArte, con Cristina De la Puente, da asociación que o organiza, Poten100mos.
    1 hr 1 min
  • Convivir 11-06-2024
    Achegámonos o fenómeno da soidade, un problema que vai en aumento na nosa sociedade. Adrián Tuñón, un dos co-autores de Barómetro da Soidade non desexada 2024, explícanos as razóns e a quen afecta máis. O director xeral da plataforma Habitissimo, Carlos Sanz, fala da demanda crecente de aire acondicionado nos fogares ante as vagas de calor e ofrece algunhas pautas. Descubrimos o labor dos preparadores laborais de apoio ás persoas con discapacidade, en conversa con Nuria Buceta, que traballa na asociación Down Vigo. A experta en IA Laura Castro valora e analiza o Anteproxecto de Lei para a protección dos menores na contorna dixital.
    58 min
  • Convivir 10-06-2024
    Analizamos os problemas derivados da adicción dos menores ás pantallas co profesor de Psicoloxía Social Antonio Rial, un dos expertos que asesoran ó Goberno. Rial fálanos das redes sociais, da adicción ós videoxogos, do acceso a pornografía e dos trastornos que causan nos rapaces. Achegámonos ós cambios e as secuelas que deixa o dano cerebral adquirido, en gran medida con orixe nun ictus, con Carlos Miranda, traballadora social da FEGADACE. A profesora Isabel Neira explícanos que fan os investigadores en Economía.
    58 min
  • Convivir 06-06-2024
    O centro da Coruña convértese estes días nun campo de refuxiados de Gaza. O encontro Acampa pola Paz amosa ós cidadáns como viven os milleiros de refuxiados gazatís, en especial os nenos e os mozos. O seu organizador Xosé Abad asegura que os menores son os máis afectados polos conflitos, con traumas que perduran para sempre.
    Alumnos de 4 institutos da comarca de Ordes presentan os seus proxectos de cooperativismo dentro dun proxecto encamiñado a achegar a economía social ás aulas e implicar ós rapaces na mellora do territorio. A coordinadora deste programa Rebeca Sánchez explica as vantaxes das cooperativas fronte a outros modelos económicos. O doutor Luís Prieto explícanos os beneficios da fisioterapia nas disfuncións sexuais.
    52 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.