Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 13-05-2024
    Debullamos un proxeto da ONG Farmamundi dirixido a formar futuros profesionais do ensino na creación de espazos seguros e nunha educación inclusiva. Lucía Chaves fálanos do programa “Biocoidados”, que vai desenvolver o  Centro de Desenvolvemento Rural de Verín para mellorar a calidade de vida das persoas que viven na comarca fomentando a súa participación comunitaria. Coñecemos a asociación Pangono Pangono e os seus proxetos de solidariedade en Malawi. Ademáis, Rocío García preséntanos os clubes de saúde que organiza a Asociación Española contra o Cancro para achega-los seus servizos a zonas rurais da provincia da Coruña.
    1 hr 2 min
  • Convivir 09-05-2024
    A integrante de ACADAR, Laura Quintas, expón o estudo realizado por esta asociación sobre a violencia sexual dixital que sofren as mulleres con discapacidade. A presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar. Fálanos da campaña "Coa renda non vaias a cegas" na que esta organización advirte dos riscos de presenta-la declaración con erros. O doutor Luis Prieto ilústranos da relación entre alimentos e vida sexual.
    1 hr 2 min
  • Convivir 08-05-2024
    Interesámonos pola experiencia integradora do CEIP Ramón y Cajal de Vigo, onde conviven rapaces de máis de vinte nacionalidades. Conversamos co presidente da Asociación de Familiares con alzheimer de Galicia, Juan Carlos Rodríguez, sobre a apertura do primeiro centro no noso país que se dedicará á innovación para abordar o tratamento das demencias neurodexenerativas nas súas etapas máis temperás. Ademáis entrevistamos á embrióloga e psicóloga Gina Oller, que acaba de publicar o libro “Quiero ser mamá”
    1 hr 2 min
  • Convivir 07-05-2024
    Hai catro décadas un grupo de nais con fillos drogodependentes crearon en Vigo Érguete. A asociación continúa traballando hoxe na prevención e intervención de conductas delituosas. Repasamos a historia e a actualidade de Érguete coa súa coordinadora, Elvira Rivas. O psicólogo clínico Pedro Santamaría, fálanos da depresión postparto. Anunciamos un desfile de moda inclusiva que se desenvolverá en Ferrol e a nosa colaboradora, Laura Castro, coméntanos algúns conflitos legais no ámbito da Intelixencia Artificial
    1 hr 2 min
  • Convivir 06-05-2024
    Presentamos "Carmen AI" unha aplicación de móbil que nos permite obter información nutricional dos alimentos escaneando o seu código de barras. A pedagoga Isabel Gil fálanos dun sistema para comunicarse cos bebés a través de sinais. Coñecemos a Matilde Pache, unha moza que nada máis cumprir os 18 anos se fixo doadora de sangue e medula. A profesora Isabel Neira diserta sobre a empresa familiar.
    1 hr 2 min
  • Convivir 02-05-2024
    Na Semana Mundial da Inmunización falamos da importancia das vacinas coa voceira de Unicef en Galicia, Irene Marín. Lugo acolle dous eventos solidarios esta semana. Entrevistamos aos seus organizadores. O chef, Javier Olleros, cóntanos en que consiste o festival "Nos seus pes", que recada fondos para a ONG ProemAID e a presidenta da Organización contra o cancro de Lugo, Mari Luz Abella, explícanos como se desenvolverá a marcha que prepara a súa asociación. O doutor Prieto asesóranos hoxe sobre a hixiene íntima.
    1 hr 2 min
  • Convivir 01-05-2024
    Compostela acolle o primeiro Congreso Nacional de psicoloxía de Urxencias. Sobre el conversamos coa presidenta do comité organizador, Ana Núñez, e cun dos relatores, o xerente de AXEGA, Marcos Araujo. Entrevistamos ao investigador galego, Manuel Carreiras, que acaba de obter financiamento da Unión Europea para estudar as causas da dislexia; e a presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, Olga Iglesias, fálanos do proxeto de realizar un novo documental sobre a rota xacobea.
    1 hr 2 min
  • Convivir 25-04-2024
    Falamos da "Pontevedrada", unha andaina entre Pontevedra e Santiago que ten como obxectivo fomenta-las doazóns de órganos, sangue e tecidos. Andrea Iglesias, a coordenadora da Campaña Mundial pola Educación en Galicia, cóntanos as actividades que se están desenvolvendo co lema "Transformate pra con-vivir" para concienciar sobre o perigo dos discursos de odio.
    1 hr 2 min
  • Convivir 24-04-2024
    A presidenta da Asociación Española Cáncer de Mama Metastásico, Pilar Fernández, axúdanos a divulgar unha grave doenza que causa máis de seis mil mortes en España cada ano. Presentamo-la campaña "Stop odio" , que desenvolve a ONG Igaxes co obxectivo de poñerlle freo aos discursos de odio racistas ou xenófobos. Achegámonos á xornada "Aprendendo a incluir" que organizan na Coruña a Fundación María José Jove e Cogami; e falamos do "equilibrio emocional no desempeño do traballo" co catedrático de psicoloxía do traballo e recursos humanos, Jesús Salgado,
    1 hr 2 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.