Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 04-04-2024
    Falamos con Gusi Dobarro sobre "Lémbrame.gal", un proxeto dirixido a recoller historias e tradicións dos nosos maiores. Damos conta dunha iniciativa impulsada pola Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra para incentiva-lo exercicio físico entre os pacientes oncolóxicos, un obradoiro de marcha nórdica. O sexólogo Luis Prieto explícanos se existe relación entre a primavera e o desexo sexual.
    1 hr 2 min
  • Convivir 03-04-2024
    A Cruz Vermella imparte cursos en diversas localidades de Galicia para formar avós que se teñen que encargar da coidar dos seus netos menores de idade. A coordenadora deste programa, Cristina Miranda, explícanos en que consisten. Inés Flores, presidenta da Asociación Raiola, cóntanos cal é o contido das “mochilas sensoriais” que a rede provincial de museos de Lugo pon a disposición das persoas con autismo ou con necesidades especiais. Ademáis, coñecemo-lo traballo de ASPANEPS, unha asociación ferrolá que atende a nenas e nenos con problemas psicosociais.
    1 hr 2 min
  • Convivir 02-04-2024
    Repasamos coa presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, as reivindicacións das persoas que padecen este trastorno. Presentamos o Dicionario inclusivo sobre o VIH editado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Facémonos eco do chamamento que as familias con rapaces xordos lle fan ao goberno galego para que colabore na organización dun campamento de verán para este colectivo. E ademáis, a profesora Laura Castro fálanos das novas ferramentas creadas con Intelixencia Artificial para imitar voces.
    1 hr 2 min
  • Convivir 01-04-2024
    Falamos co avogado Miguel Vieito, autor dunha guia para orientar ás persoas discapacitadas sobre o labirinto de normas que os afectan. A sicóloga Úrsula Perona explícanos que son os "nenos de alta demanda" e como debemos tratalos. Tareixa Ledo preséntanos o obradoiro que impartirá para mellora-la relación das fillas coas súas nais. E ademáis, a profesora Isabel Neira cóntanos en que consiste a directiva que prepara a Unión Europea para fomenta-la reparación dos electrodomésticos.
    1 hr 2 min
  • Convivir 28-03-2024
    Imos ata Vigo para coñecer a asociación Xaruma, que traballa na formación e integración de persoas con problemas de saúde mental. En Boiro a asociación Amicos atende tamén ás persoas con algún tipo de discapacidade. Coñecemos a preocupación das farmacias pola falla que está habendo de bolsas de ouriño, tan imprescindibles no día a día das persoas na vida dos pacientes ostomizados. Ademais, o doutor Luis Prieto fálanos da sexualidade nas persoas que teñen algún tipo de discapacidade intelectual.
    1 hr 2 min
  • Convivir 27-03-2024
    Imos ser partícipes de como unha residencia de maiores e unha escola infantil unen a diferentes xeracións na Coruña unha vez ao mes polo programa "Recuérdame". Tamén nos adiantamos ao Día Mundial Contra o Cancro de Colon para advertir sobre a prevención e a participacións nos cribados. Ademais, achegámonos ata As Pontes para saber como está a funcionar o programa "Espazo en familia", un lugar no que pais e nais preguntan a profesionais da educación ou a psicoloxía dúbidas sobre a crianza.
    1 hr 2 min
  • Convivir 26-03-2024
    Marta del Villar, psicóloga especialista do sono na Clínica SonoGalicia, na Coruña falounos do sono.
    Historia de superación: con Helena de Alfonso (do grupo Barahúnda), que ten unha discapacidade visual.
    Colaboración Al-Anón con Paloma.
    Guía FEGADACE. Miguel Vieito, avogado, autor da guía e responsable do Servizo de Asesoría Xurídica de FEGADACE.
    1 hr 2 min
  • Convivir 21-03-2024
    Luis Miguel Diaz impulsa unha campaña nas redes sociais para fomenta-la doazón de médula osea. A súa dona agarda un transplante no Hospital de Montecelo. Falamos coa neuróloga Marta Rubio sobre os hábitos de sono da mocidade. A directora de Trabajos.com, Nekane Cendoya, cóntanos como se presenta a demanda de emprego en Galicia nesta Semana Santa e danos consellos para buscar un posto de traballo. Ademáis, o noso sexólogo de cabeceira, Luis Prieto, explícanos as vantaxes de durmir sen roupa interior.
    1 hr 2 min
  • Convivir 20-03-2024
    Abordamo-lo debate sobre a abolición da prostitución falando coa avogada Ana García Costas, da Asociación Faraxa. Celebramos o 30 aniversario da Asociación Teima Down de Ferol coa súa presidenta, Patricia Serantes. Presentamo-la segunda edición da Gala solidaria en beneficio das persoas afectadas por ELA que organiza na Coruña a Asociación Agaela. No Día Mundial da Saúde Bucodental o presidente do Colexio Oficial de Odontólogos da Coruña, José María Suarez, advirte dos riscos de mercar aliñadores invisibles dentais por internet.
    1 hr 2 min
  • Convivir 19-03-2024
    Falamos co director da asociación "Dale una Vuelta" das medidas que cómpre implantar para protexe-los menores dos perigos do ámbito dixital: acoso, pornografía, adicción... A presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, explícanos a terapia con cans que o CHUS lles vai ofrecer aos nenos hospitalizados. Da man da xerente da Fundación San Rafael, Dolores Estrada, coñeceremos a campaña "Quitamos a bata...por ti e por min" dirixida a formar a coidadores de enfermos de parkinson. A nosa tecnóloga de cabeceira, Laura Castro, danos as últimas noticias sobre a regulación da Intelixencia Artificial.
    1 hr 2 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.