Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 12-08-2024
    Edición de verán do Convivir que inclúe un repaso sobre algúns dos temas pasados. A reciclaxe e o emprendemento con María Jesús Jiménez, que recolle plásticos para elaborar pezas de bixutería recicladas. Os edificios públicos e a súa iluminación: aforro de enerxía, diminución da contaminación lumínica, adecuación ao edificio e outras cuestións coa edafóloga Patricia Sanmartín. Aula de xeoloxía para falar da evolución do planeta e das teorías sobre a posición que ocuparán os continentes dentro de millóns de anos.
    57 min
  • Convivir 08-08-2024
    Edición de verán na que recuperamos temas pasados. Desta volta, un formato tertulia sobre o fénomeno de masas deportivo por excelencia: o fútbol. Deporte, rivalidade, paixón nas bancadas ou impacto mediático son algúns dos temas sobre os que conversamos con Toni López e Tedio Carrera, xornalistas deportivos da Corporación. Tamén xunto a Xaime Escudeiro, voz xubilada da delegación de Vigo, e dende A Coruña Alberto Torres, director do xornal DxT Campeón.
    57 min
  • Convivir 07-08-2024
    Edición de verán que volve sobre algúns dos temas pasados. Co convidado Francisco García Novio, médico xubilado parcialmente en activo, conversamos da súa publicación "Os madrileños non sempre veñen en agosto". Falamos tamén do mundo da música, a composición, as verbenas e a conciliación neste contexto. E a recolección de cogomelos, produto moi valorado en Galicia, pode implicar algúns riscos. Como evitar intoxicacións, problemas ou mesmo a morte? Explícanolo Xulián Alonso, micólogo e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus.
    57 min
  • Convivir 06-08-2024
    Edición de verán na que recuperamos cuestións xa tratadas no Convivir. Falamos dos insectos e da súa importancia, así como das especies ameazadas con José Carlos Otero, Doutor en Bioloxía e autor da obra “A vida secreta dos insectos”. E en plena época de celebracións; verbenas, vodas, festas... achegámonos ás discotecas móbiles con Carlos Carballa e Lola Piñeiro de Estudo 21.
    57 min
  • Convivir 05-08-2024
    Edición de verán do Convivir na que volvemos sobre os temas e os convidados pasados. A actividade física favorece a vida saudable e combate o sedentarismo. Pero como debemos empezar a facer actividade física? Con que deportes comezar? Debemos planificar o exercicio? Cóntanolo Pepe Casal, expreparador de Pau Gasol, exentrenador do Barcelona de Baloncesto e tamén da Selección Española de Baloncesto. E o salmón, motivo de preocupación. Conversamos co responsable da xestión da especie en Galicia sobre as dificultades que ameazan o salmón ibérico.
    57 min
  • Convivir 02-08-2024
    Edición de verán do Convivir que volve sobre os temas e os convidados pasados. Conversamos sobre o turismo programado mediante visitas guiadas libres, coñecidas como freetours, con David Don da empresa WE Galicia. O feísmo na arquitectura, termo empregado para referirse ás construcións que afean a paisaxe, con César Portela arquitecto e académico. A problemática dos alugueiros turísticos coa Asociación Galega de Inmobiliarias.
    57 min
  • Convivir 01-08-2024
    Edición de verán do Convivir. No programa de hoxe recuperamos unha interesante e completa tertulia sobre a Intelixencia Artificial: realidades, riscos, perigos, alternativas, beneficios, medos... Do ámbito académico Amparo Alonso, catedrática de Intelixencia Artificial na UDC, investigadora, e expresidenta da Asociación española da IA, ademais de coordinadora do grupo de investigación LIDIA. Dende o Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira, catedrático de electromagnestismo. E Senén Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, tamén director científico do CiTIUS é outro dos convidados. Dende o ámbito empresarial Aitor Fernández, director comercial de Binarial, tecnolóxica de Intelixencia Artificial.
    57 min
  • Convivir 31-07-2024
    Edición de verán do Convivir na que realizamos un repaso dos temas tratados durante a tempada. Como novidade traemos ao programa a cuestión das prestacións na coñecida como lei de dependencia. Entre outros dos avances do último ano a ampliación do programa de detección do cancro de mama, da que falamos co xefe de Servizo de Programas Poboacionais de Cribado. Persoas con discapacidade e barreiras arquitectónicas, como salvalas? Encárganse empresas como Válida, da que Manuel González é asesor técnico en Galicia. Os homes e a afectividade coa experta en relacións afectivas Tareixa Ledo.
    57 min
  • Convivir 30-07-2024
    Edición de verán na que volvemos sobre temas tratados ao longo da tempada. Novidade co proxecto Mamis Dixitais, que favorece a conciliación laboral de moitas nais. Coñecemos tamén o labor da asociación DOA nun proxecto que favorece a autonomía da mocidade con problemas de saúde mental. Convivir con VIH con Eva Poveda, autor dun dicionario sobre esta patoloxía. Cales son os efectos das bebidas enerxéticas? A súa composición? E o consumo en menores? Cóntanolo Alejandro Martínez, director xeral da Fundación Eroski.
    57 min
  • Convivir 29-07-2024
    Edición de verán na que volvemos sobre os temas tratados ao longo da tempada. Saúde dental co doutor José Ferreras, director das clínicas Maex na Coruña e Ferrol. Conversamos da loita pola igualdade das persoas migrantes coa asociación Diversidades Acolle. Falamos tamén do ruído que padecen as grandes cidades coa Federación Galega contra a Contaminación Acústica.
    57 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.