Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 12-02-2024
    Falamos coa Federación Galega de Persoas Xordas porque o Goberno vén de anunciar que a cultura xorda e a lingua de signos española entrarán proximamente na lista de patrimonio cultural inmaterial. Tamén estaremos coa ONG Educo con motivo das medidas urxentes que reclaman para mellorar a vida da infancia máis vulnerable. Afondaremos tamén na educación, un eido que ao vai adicar o 2024 a Federación Estatal LGTBI. Ademais, a nosa profesora Isabel Neira vainos traer un exemplo plráctico de "economía social".
    55 min
  • Convivir 08-02-2024
    Coñecemos o labor da Fundación LAR Pro Salud Mental en Vilagarcía, que leva máis de 30 anos traballando na rehabilitación e na inserción das persoas con trastornos mentais graves. Facémonos eco dun estudo que conclúe que case o 70% da mocidade sentiu soidade nalgún momento da súa vida. Imos tamén ata Moraña, que acolle durante esta semana a estudantes e mestres croatas. Ademais, co sexólogo Luis Prieto falamos do uso de máscaras e antifaces durante a práctica sexual.
    55 min
  • Convivir 07-02-2024
    Achegamos dúas novas iniciativas en Galicia. Por unha banda, o primeiro programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras dos dereitos humanos que se ven ameazadas nos seus países de orixe. Trátase de 'Galicia Abriga'. Tamén falamos do grupo de axuda entre familias que perderon a un ser querido, vítima do suicidio: 'Galicia Vive'. Coa nosa experta Isabel Neira falaremos das afiliacións á Seguridade Social e, especialmente, das axudas que hai para autónomos. Ademais, abordaremos a entrega dos Premios Empréganos a empresas comprometidas coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.
    51 min
  • Convivir 06-02-2024
    Coñecemos os beneficios que pode traer a terapia con animais da man de Mónica Guerrero, educadora social que ten axudado xa a nenos e adultos con este tipo de tratamentos. Falamos tamén con Berta García, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela que vén de concluír nun estudo que o 60% da poboación descoñece as medidas para reducir a presenza de gas radón. Dende Cruz Roja cóntannos tamén as necesidades que teñen respecto de familias acolledoras en Galicia. Por último, a nosa experta Laura Castro explícanos as claves da presenza das redes sociais e da intelixencia artificial nas nosas vidas.
    51 min
  • Convivir 01-02-2024
    Imos ata Ferrol, onde podemos atopar unha mostra interactiva coa cal poder experimentar o ritmo menos frenético que adoita darse na vida da aldea galega. Coñecemos tamén as reivindicacións dos pacientes de cancro e as súas necesidades sociolaborais. Ademais, falaremos dun evento moi importante que vai ter lugar en Ourense: a Olímpíada Informática Galega. Como cada xoves visítanos o doutor Prieto, neste caso para falar de sedución.
    1 hr 2 min
  • Convivir 31-01-2024
    Lucía Doval é a autora de 'Lo que no te enseñan en el instituto', obra na que esta psicóloga de 27 anos fala desta complexa etapa académica e vital. Centrámonos tamén no labor dunha investigadora galega contra o cancro de colon, o máis diagnosticado e o segundo que produce máis mortes. Ademais, mergullarémonos no Termalismo Social de Ourense, que prentede combater a soidade non desexada e que o termalismo sexa máis inclusivo.
    1 hr 2 min
  • Convivir 30-01-2024
    A Rede Galega contra a Pobreza vén de presentar un documento cunha serie de medidas que consideran deberían ser prioritarias para o goberno que xurda das eleccións do 18-F. Imos coñecer tamén a persectiva dun arquitecto especializado en bioclimática sobre os aspectos que debemos ter en conta á hora de mercar unha vivenda e que repercuta favorablemente na nosa saúde. Descubriremos ademais a solidariedade do dono dun bar de Culleredo, que entregará material escolar no Senegal.
    1 hr 2 min
  • Convivir 29-01-2024
    Imos comprobar como están mudando as despedidas dun ser querido a través do Grupo Sefurja de Lugo. Tamén coñeceremos unha escola de fútbol inclusiva situada en Carballo e a carreira solidaria que organiza o Colexio Possumus de Vigo co obxectivo de recadar fondos para un colexio de Kenia. Coa nosa experta Isabel Neira aprenderemos a analizar os últimos datos do paro.
    1 hr 2 min
  • Convivir 25-01-2024
    Facemos parada en Bergondo para falar do encontro de referencia entre profesionais da atención temperá en Galicia que tivo lugar nesta localidade. Tamén faremos balance da actividade de 'Hogar de corazones', o servizo gratuíto que axuda ás familias que teñen un fillo hospitalizado lonxe do domicilio. Por último, o doutor Prieto vainos contar como funciona o noso cerebro ante a publicidade con contido sexual.
    1 hr 2 min
  • Convivir 24-01-2024
    Con dous neuólogos galegos que forman parte da Sociedade Española de Neuroloxía abordaremos os avances e desafíos da organización no coñecemento do cerebro. Falaremos tamén do decálogo de trato correcto elaborado polas persoas con parálise cerebral. Con Al-Anón abordaremos as consecuencias do alcoholismo sobre os familiares e iremos ata Oleiros por mor do nacemento da Escola Galega de Benestar.
    1 hr 2 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.