Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 670 episodes available.
May 23, 2026Galicia en goles sábado 23-05-2026O longo Galicia en Goles que tivo lugar o sábado deixou ao Celta un ano máis na Europa League. A vitoria ante o Sevilla contada dende Balaídos provocou un post partido festivo que se alongou ata a unha da madrugada. Non tivo tal final feliz a última xornada da 1ª RFEF, co descenso do Oureense CF e a surrealista 'non clasificación' do Pontevedra para os playoff de ascenso, en detrimento do Castilla, por unha inexplicable norma de dobre sentido no regulamento da RFEF. No polideportivo o Breogán caeu en Málaga e o Liceo venceu en Lleida e xa está en semifinais da OK Liga....more10h 45minPlay
May 22, 2026Galicia en goles venres 22-05-2026O Menorca sorprendeu ao Básquet Coruña no terceiro partido dos cuartos de final do ascenso á Liga ACB e forzou o cuarto partido que se desputará o vindeiro domingo, na mesma cancha balear....more3h 31minPlay
May 17, 2026Galicia en goles domingo 17-05-2026Foi un longo Galicia en Goles que comezou co sufrimento do Deportivo para gañar ao Andorra e quedar a tan só unha victoria en dous partidos do ascenso directo. Logo a xornada unificada da 1ª RFEF non clarexou nada pero deixa moi tocada a permanencia do Ourense CF. O prato forte chegou ás 19h co Athletic - Celta que rematou en empate e a clasificación dos olívicos para competición europea. No polideportivo tamén chegaron boas novas no balonmán, coa vitoria do Guardés na ida da final da EHF Cup, o ascenso do Celta Baloncesto e o segundo triunfo do Leyma nos cuartos de final de ascenso á Liga ACB....more9h 30minPlay
May 16, 2026Galicia en goles sábado 16-05-2026Sábado de playoffs con bo sabor de boca para os equipos galegos. Por unha banda a UD Ourense clasificouse para a final de ascenso a 1ª RFEF tras derrotar no Couto ao Reus. Comezou tamén a fase galega de ascenso a 2ª RFEF con partidos moi igualados. No polideportivo o Breogán completa unha semana perfecta vencendo ao Girona no Pazo e o Celta busca o ascenso á Liga Feminina tras gañar nas semifinais a Melilla....more9h 45minPlay
May 15, 2026Galicia en goles venres 15-05-2026Este venres Roberto Carlos Carballo atendeu ás citas dos conxuntos galegos desta fin de semana, facendo unha previa de todos e cada un deles....more3h 31minPlay
May 10, 2026Galicia en goles domingo 10-05-2026O Galicia en Goles comezou contando a derrota do Lugo na casa e o triunfo a domicilio do Fortuna ante o Ourense CF. Logo viviuse unha última xornada de infarto na 3ª RFEF co ascenso do Arousa e a clasificación do Rácing Vilalbés e Estradense para os playoff. Logo a mala nova chegou coa goleada sufrida polo Coruxo na ida das semifinais de ascenso a 1ª RFEF. Coma postre, o Clásico do fútbol español deparou unha vitoria do Barcelona e a consecución do título de liga por parte dos culés. Pero unha das mellores novas chegou no baloncesto co histórico triunfo do Breogán a domicilio ante o Real Madrid....more7h 59minPlay
May 10, 2026Galicia en goles mediodía 10-05-2026Con Rodrigo Pérez Pardo, o matinal do Galicia en Goles repasou os resultados galegos do sábado e fixo unha previa do emocionante domingo que lles agarda....more2h 56minPlay
May 09, 2026Galicia en goles sábado 09-05-2026O conxunto olívico deu a badalada no encontro estrela do sábado no Galicia en Goles. Derrotou ao Atlético e aproveitou o picazo do Betis en Anoeta para acehgarse ao quinto posto que da acceso á maxima competición continental. Tamen soña en grande o Pontevedra, que goleou ao Athletic B e depende de si mesmo para pechar o posto de playoff de ascenso a 2ª división....more9h 45minPlay
May 08, 2026Galicia en Goles especial 08-05-2026Foi un longo e emocionante Galicia en Goles o que se viviu dende as 19:30 ata a unha da mañanciña. Contaron a agónica pero importante vitoria do Deportivo en Cádiz que permite aos coruñeses durmir en postos de ascenso directo. Tamén coma prato principal estivo o baloncesto e o regreso do Obradoiro á Liga ACB, que se viviu nunha festa non só no Sar senón na pantalla xigante fóra do recinto. E no fútbol de 1ª RFEF, o Rácing de Ferrol empatou en Getxo.,...more5h 30minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 670 episodes available.