Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 670 episodes available.
May 03, 2026Galicia en goles domingo 03-05-2026Tras case un mes de seca, o RC Celta venceu de novo. Fíxoo ante o Elx por tres goles a un e volve estar en postos europeos. Ademáis na xornada da RFEF, o Lugo gañou, o Coruxo clasificouse para os playoff de ascenso, e o Arenteiro e a Sarriana descenderon de categoría. No baloncesto o Breogán perdeu en Vitoria e o Coruña aprazou o ascenso do Obradoiro tras gañarlle ao Palma....more7h 60minPlay
May 02, 2026Galicia en goles sábado 02-05-2026Ferrol acolleu dous derbis na xornada do sábado. Un, no fútbol, que rematou con igualdade sen goles entre Rácing e Pontevedra. O outro, no fútsal, tamén con empate entre Parrulo e Noia. Noutro derbi, desta vez balonmán feminino, o Porriño asaltou A Sangriña para clasificarse para as semifinais polo título. Mentres, no baloncesto, o Obradoiro deu o primeiro dos dous pasos que necesita para regresar á Liga ACB, vencendo ao Cantabria en Torrelavega...more9h 45minPlay
May 01, 2026Galicia en Goles especial 01-05-2026De novo con polémica arbitral incluída, o Deportivo gañou en Riazor ante o Leganés e regresa, provisionalmente a postos de ascenso directo. Os branquiazuis necesitaron adiantarse por dúas veces ante un ateigado Riazor e sufrir ata máis aló do minuto cen, por un penalti en contra asubiado polo VAR e atallado por Álvaro Ferllo.Asimesmo iniciouse a xornada na 1ª RFEF coa derrota na casa do Fortuna e pechouse a liga regular de hoquei sobre patíns con empate do Liceo, que lle permite aos coruñeses ter factor pista a favor en todos os playoff polo título...more5h 56minPlay
April 26, 2026Galicia en goles domingo 26-04-2026Con este novo traspés o equipo olívico complica o obxectivo europeo. Na 1ª RFEF o Rácing de Ferrol empatou na Malata ante o Avilés e o Ourense CF caeu no Couto contra o Zamora. No baloncesto o Obradoiro sufriu máis da conta para gañar ao Estudiantes e seguir no liderato da 1ª FEB....more8h 60minPlay
April 26, 2026Galicia en goles mediodía 26-04-2026O Breogán certificou a permanencia gañando ao Joventut e permitese soñar con Europa. Tamén mantén opcións de ascenso o Básquet Coruña que gañou no Coliseum e agarda un picazo do Obradoiro. No fútbol a 2ª RFEF viviu unha penúltima xornada intensa, con horario unificado....more2h 56minPlay
April 25, 2026Galicia en goles sábado 25-04-2026O tenso encontro no Plantío entre Burgos e Deportivo, que rematou con polémica arbitral e reparto de puntos, centrou o Galicia en Goles do sábado, que tamén contou a xornada da 1ª RFEF e todo o polideportivo. Neste eido cómpre destacar o ascenso do San Sadurniño á Superliga masculina de voleibol, e a clasificación para a final europea do Guardés....more9h 45minPlay
April 24, 2026Galicia en goles venres 24-04-2026O Galicia en Goles deste venres atendeu ao Betis - Real Madrid, chave na loita polo título e polas aspiracións europeas do Celta. Asimesmo houbo que analizar toda a fin de semana do deporte da nosa terra....more3h 31minPlay
April 22, 2026Galicia en Goles especial Barça 1-0 Celta 22-04-2026Presentou Roberto Carlos Carballo. Narrado por Víctor López...more2h 60minPlay
April 19, 2026Galicia en goles domingo 19-04-2026Tal e como aconteceu á mañá, o polideportivo deixou grandes novas para o deporte galego, cos triunfos de Breogán en Burgos e do Cangas no Gatañal. Pola contra no fútbol houbo resultados para tódolos gustos. O Pontevedra soña co playoff tras gañar ao Guadalajara. O Lugo afástase dese obxectivo tras empatar a cero na casa e o Arenteiro case certifica o descenso caendo na casa ante o Mérida....more7h 60minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 670 episodes available.