Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 670 episodes available.
March 21, 2026Galicia en goles sábado 21-03-2026O Deportivo volveu gañar en Riazor. Pero tivo que sufrir para facelo. Un gol de Mulattieri na recta final do encontro permitiulle aos coruñeses manter a posición de ascenso directo unha xornada máis. Na 1ª RFEF o Pontevedra e o Ourense CF empataron a cero goles e no polideportivo destacou o pase do Liceo á final da Copa do Rei de hoquei sobre patíns, e o triunfo do Guardés ante o Elx na ida dos cuartos de final da European Cup de balonmán....more9h 45minPlay
March 20, 2026Galicia en goles venres 20-03-2026O Galicia en Goles do venres contou o derbi da Primeira Federación entre oi Arenteiro e o Celta Fortuna, que rematou en empate a un gol, grazas a un tanto anotado polo filial celeste no tempo extra. Tamén contaron o encontro da Primeira FEB entre o Leyma Básquet Coruña e o Tizona, con clara vitoria coruñesa....more3h 31minPlay
March 19, 2026Galicia en Goles especial Olimpique de Lyon 0-2 CeltaTransmisión do partido de Europa League Olimpic de Lyon-Celta, ao mando de Roberto Carlos Carballo....more5h 56minPlay
March 15, 2026Galicia en goles domingo 15-03-2026O Celta mantén o pulso co Betis pola quinta posición tras empatar co conxunto sevillano a un tanto e seguir a tres puntos de diferencia co average igualado. Mentres, na 2ª RFEF, o Bergantiños e a Sarriana venceron coma locais e a UD Ourense caeu en Langreo...more7h 60minPlay
March 15, 2026Galicia en goles mediodía 15-03-2026O Deportivo Abanca caeu con dignidade por cero a dous ante O Barcelona no partido máis difícil da temporada. O Galicia en Goles na matinal do domingo estivo centrado tamén nos 4 partidos da 3ª galega e no polideportivo, co empate do Liceo ante o Noia....more2h 56minPlay
March 14, 2026Galicia en goles sábado 14-03-2026O sábado foi intenso en toda a extensión do Galicia en Goles, que comezaba con ata tres partidos de 1ª RFEF. Un deles, o Arenas - Pontevedra, non se puido desputar polas choivas caídas en Getxo. Nos outros dous o Ourense CF e o Rácing de Ferrol empataron no Couto e o Arenteiro caeu en Zamora. Logo chegou a goleada do Castilla ao Lugo no Anxo Carro. Na parte final do programa quedaba o máis salientable, o encontro do Deportivo en Ceuta e do Breogán en Bilbao. Pois caeu cara para uns e cruz para outros. Os coruñeses gañaron cun golazo de Altimira na prolongación ante o Ceuta e os lucenses perdían tras un mal último cuarto en terras vascas....more9h 45minPlay
March 13, 2026Galicia en goles venres 13-03-2026O Galicia en Goles do venres estivo centrado en Balaídos, no encontro que desputaron os dous primeiros clasificados do grupo 1 da 1ª RFEF. Un gol no tempo de prolongación do líder, o Tenerife, impediu ao Celta Fortuna achegarse na clasificación. O resultado final foi de empate a un tanto. Tempo houbo tamén para repasar a ampla axenda deportiva galega desta fin de semana....more3h 31minPlay
March 12, 2026Galicia en Goles. Especial Celta 1-1 Olimpique de LyonNarración do partido de ida dos oitavos de final da Europa League, comentarios e reaccións....more3h 60minPlay
March 08, 2026Galicia en goles domingo 08-03-2026Con todo de cara para rematar a xornada en postos de ascenso directo, trala derrota do Castellón o sábado, o Deportivo volveu dar a de area. Caeu de maneira xusta en Riazor por cero goles a dous e confirma as malas sensacións das últimas semanas....more8h 60minPlay
March 08, 2026Galicia en goles mediodía 08-03-2026A edición matinal do Galicia en Goles tivo ao baloncesto como prato forte con dous encontros: a malleira do Barcelona no Pazo ante o Breogán, no regreso tras dúas semanas da ACB, e o triunfo do Basket Coruña ante Alacant no Coliseum, que reforza o liderato dos coruñeses. No fútbol houbo tres encontros da terceira RFEF que foron tamén protagonistas, asi como a Carreira da Muller de Ourense....more2h 56minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 670 episodes available.