Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 673 episodes available.
February 08, 2026Galicia en goles mediodía 08-02-2026O polideportivo trouxo grandes novas para o deporte galego coa vitoria do Liceo ante o Barcelona que o sitúa líder da OK Liga, e do Ensino ante Zaragoza. A polémica chegou co Pontevedra Castilla que rematou en empate tras un gol anulado aos granates na prolongación....more1h 57minPlay
February 07, 2026Galicia en goles sábado 07-02-2026Non houbo tempo para aburrirse neste sábado deportivo galego. Pendentes dos moitos partidos que tiveron que ser suspendidos xa fose polo estado do terreo de xogo, polas imposibilidade de chegar dalgún dos equipos ou polas alertas laranxas, o día comezou forte coa goleada do Arenteiro e o empate no derbi da Malata. Perdeu o Ourense CF en Salamanca mentres que na 2ª RFEF o Fabril impúxose no desconto á Sarriana e o Bergantiños caeu en Astorga nun partido que nunca se debeu xogar. Na recta final do programa o baloncesto colleu pulo, co partidazo no Pazo na derrota do Breo ante Murcia. As boas novas chegaron na 1ª FEB, co pleno dos equipos galegos....more9h 45minPlay
February 06, 2026Galicia en goles venres 06-02-2026A eficacia de Osasuna tumbou ao Celta no encontro que abrìa a xornada en primeira división. Baixo un diluvio na cidade olívica, os navarros impuxéronse por un tanto a dous, nun encontro que centrou o Galicia en Goles deste venres....more3h 31minPlay
February 01, 2026Galicia en goles domingo 01-02-2026Nun gris partido no Coliseum o Celta igualou a cero ante o equipo de Bordalás. Mentres na 1ª RFEF o Lugo perdeu o derbi dos Ancares ante a Ponferradina e na 2ª RFEF houbo vitoria do Coruxo, empates de UD Ourense e Fabril e derrota da Sarriana....more8h 45minPlay
February 01, 2026Galicia en goles mediodía 01-02-2026A xornada matinal, máis alá da vitoria de Alcaraz no Open de Australia de tenis, non deixou bo sabor de boca. O Deportivo Abanca competiu ata o final ante un dos grandes da Liga F, o Real Madrid. Dous penaltis en contra na recta final sentenciaron ás coruñesas. Mentres na 1ª RFEF o Ourense CF caeu en Getxo por dous a un. Nas citas da 3ª RFEF o Vilalbés gañou ao Barbadás e o Barco asaltou Viveiro....more1h 57minPlay
January 31, 2026Galicia en goles sábado 31-01-2026Quedou un bo sábado en xeral, coas ledicias dos equipos galegos. O Deportivo necesitou dun penalti no tempo extra para levar o triunfo de León. O Fortuna sufriu máis da conta ante Unionistas, o Pontevedra mallou en Talavera e o Bergantiños asaltou Langreo. A peor nova chegou en Zamora coa derrota do Rácing de Ferrrol. No polideportivo, dobre ledicia para o básket lucense, con dobre vitoria de Ensino e Breogán....more9h 45minPlay
January 30, 2026Galicia en goles venres 30-01-2026O Arenteiro - Athletic Club B desputado no Espiñedo foi o principal partido no que se centrou o Galicia en Goles do venres. Ademais, Roberto Carlos Carballo analizou toda a fin de semana deportiva galega....more3h 31minPlay
January 25, 2026Galicia en goles domingo 25-01-2026Non foi unha boa xornada para os equipos galegos do fútbol profesional. O Celta caeu derrotado en Anoeta por tres goles a un, a pesar de xogar en superioridade toda a segunda metade. Tampouco foi quen de gañar o Deportivo, que perdeu en Riazor ante o Rácing de Santander por cero tantos a un. A derrota ante o líder afasta aos coruñeses da cabeza en sete puntos.As mellores novas chegaron na 1ª RFEF cos triunfos do Ourense CF e o CD Lugo a domicilio....more9h 45minPlay
January 25, 2026Galicia en goles mediodía 25-01-2026O matinal do Galicia en Goles contou o triunfo do Ensino de Lugo ante o Juventut de Badalona na máxima categoría do baloncesto feminino español. No fútbol da RFEF a UD Ourense visitaba ao Valladolid Promesas. E na 3ª RFEF o Alondras vencía ao Vilalbés no único partido que rematou antes das dúas da tarde....more1h 57minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 673 episodes available.