Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 673 episodes available.
January 24, 2026Galicia en goles sábado 24-01-2026O sábado do Galicia en Goles arrincou cun derbi galego na 1ª RFEF na Malata. que se saldou con triunfo local do Racing de Ferrol por dus goles a cero ante o Arenteiro. Na 2ª RFEF O Fabril aproveitou o agasallo do Coruxo, que venceu na casa do líder, para situarse no máis alto da clasificación tras derrotar ao cerraportelos, o Sámano. No polideportivo tivemos unha de cal e outra de area. Mentres o Breogán perdía na casa ante o Real Madrid, o Guardés conseguía a clasificación para os cuartos de final da EFH European Cup tras golear ao Erice italiano no encontro de volta desputado en terras transalpinas....more9h 45minPlay
January 23, 2026Galicia en goles venres 23-01-2026Intenso venres de fútbol na 1ª RFEF con dous encontros con presenza galega. En Balaídos o tolo encontro entre o Fortuna e o Zamora rematou cun empate a tres goles, conseguido polos celestes no minuto 97. Tamén na prolongación conseguiu a igualada o Pontevedra en Mérida....more3h 31minPlay
January 18, 2026Galicia en goles domingo 18-01-2026O terceiro triunfo consecutivo do Celta en Balaídos, desta vez ante o Raio Vallecano, supuxo outro chimpo máis do equipo olívico na primeira división. Os de Giraldez empatan a puntos co Betis en posicións europeas e abren fenda cos seus perseguidores. Pola contra no fútbol da RFEF non houbo tanta sorte, coa derrota do Lugo, a primeira da temporada coma local, ante o Unionistas de Salamanca....more8h 45minPlay
January 18, 2026Galicia en goles mediodía 18-01-2026Mañá con sorte dispar para o fútbol galego. A boa nova chegou no Couto co triunfo do Ourense CF ante o Osasuna Promesas. Peor lle foron as cousas ao Bergantiños que, a pesar de comezar gañando, perdeu en Soria ante o Numancia. Tampouco puido sacar nada positivo o Deportivo Abanca na visita ao Badalona, caendo pola mínima. E na 3ª RFEF o partido máis animado estivo na Illa co derbi intenso entre Céltiga e Arousa que rematou con 3 a 4 a prol dos arlequinados....more1h 57minPlay
January 17, 2026Galicia en goles sábado 17-01-2026Quedou un bo sábado, en xeral, co gran sabor de boca que deixaron as vitorias do Deportivo en Almería e do Breogán, in extremis e cun triple no último tiro do partido, en Andorra. Tamén no polideportivo destacou o triunfo sufrido do Liceo e do Guardés en competición europea. No fútbol da RFEF Pontevedra e Arenteiro empataron no derbi, o Fortuna tamén o fixo en Talavera e a pior nova chegou cunha nova derrota do Rácing de Ferrol, desta vez en Ponferrada....more9h 45minPlay
January 11, 2026Galicia en goles domingo 11-01-2026Na 2ª RFEF a UD Ourense gañou no Couto, o Bergantiños empatou nas Eiroas e a Sarriana caeu en Villaviciosa. Ao remate da axenda galega o Galicia en Goles centrou a súa atención na final da Supercopa de España que se desputou en Arabia e na que venceu o Barcelona ao Real Madrid....more8h 45minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 673 episodes available.