Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

By Bueno Carallo BuenoComedy
Download on the App Store

Bueno Carallo Bueno episodes

  • BCB 7x01 - Bar Pirolo

    Silvio e Alberte volven coa SÉTIMA TEMPADA do podcast. Mi madriña a cantidade de chorradazas que contaron xa... coa de cousas que teñen que facer, criar fillos entre outras, e seguen con esta movida.

    Neste caso fano dende o BCN MEDIA HUB, un estudo molón ao que Silvio devecía por ir dende 1983.

    Houbo seccións, como o Cherengueto de gogones ou o Hitster patrio de Pablo Casal, ademais das historias de Alberte, a máis recente, a do gaiteiro octoxenario que lle quixo lamber unhas hostias.

    En redes, coma sempre, en @carallobueno

    1 hr 10 min
  • BCB 6x14 - Un programa Mondial

    Alberte e Silvio pechan a sexta tempada de Bueno Carallo Bueno desde o Centro Galego de Barcelona, como xa empeza a ser tradición.

    Desta volta montaron o seu Cherengueto de Camesolas e venderon os primeiros exemplares das camisolas oficiais do programa. Ademais, Pablo Casal colleu os mandos da nave e someteunos a un test de galeguidade tan particular como necesario.

    Tamén houbo tempo para falar do Mundial, do Papa León, de celebrar o ascenso do Celta Fortuna e de que Manoli adivinase o nome dun xogador da selección do Congo. Moi futbolera, ela.

    Un directo con público, retranca, camisolas e moitas sorpresas.

    En redes, en @carallobueno

    1 hr 19 min
  • 6x13 - DENÁMECO DE BOCAREST

    Silvio e Alberte estrean a Summer Edition do BCB na terraza do primeiro.

    Obrigado especial do ascenso do Dépor, promoción dos próximos eventos, cidades con nome de vella e máis desvaríos, propios do espazo e das altas temperaturas.

    Un programa para fluir, rir e desaprender o galego.

    Nas redes todas, en @carallobueno

    40 min
  • 6x12 - BAR LA CORUÑA

    Silvio e Alberte unha vez máis de paseo, ao máis puro estilo "gobelado", nunha nova edición de Estirando as pernas.

    O escenario nesta ocasión é o Clot (barrio barcelonés de moda): o seu epicentro, unha libraría con algo de literatura galega e o bar La Coruña.

    Silvio en modo bipolar e Alberte cheo de cansanzo. Imposible resumir o contido, só unha ilusión: poder contar con Henrique Monteagudo (presidente da RAG) no inicio da nova tempada.

    ESCOITA, HENREQUE!

    57 min
  • BCB 6x11 - Cherengueto de gogones

    Silvio e Alberte encetan unha nova edición do mellor puto podcast en galego do mundo, dispostos a facer un monográfico de fúbol.

    Pois ben, tardan máis de 20 minutos en sacalo tema. Antes falan, entre outras cousas, dos abusos da Igrexa. Así é este programa.

    Despois, si, arrinca o que de ben seguro será broma recorrente: o novo espazo deportivo titulado O CHERENGUETO DE GOGONES

    O que pasa a partir de aí non cabe nesta descrición.

    1 hr 1 min
  • BCB 6x10 - Poñetazo

    Silvio e Alberte levaban demasiado tempo sen sacar programa novo. Alguén tivo que dar un POÑETAZO na mesa e non foi outro que Chuck Norris (aka. Richard Wein).

    Este episodio pasará á historia por dous motivos: Alberte preparou algo e estrearon a canción 'A bata das vellas'.

    Ademais diso pasan polo programa Cañita Brava, Romario e ata José Luis Ábalos.

    Mi madriña, non están ben...


    En redes, @carallobueno!

    55 min
  • BCB 6x09 - Deporte Goquei

    Silvio e Alberte presentan un novo programa, sendo fieis a súa audiencia e á periodicidade estricta á que nos teñen tan mal acostumados.


    Como estou escrivindo esta nota tres días despois da gravación non lembro absolutamente nin un dos temas que tratamos. Digo, tratan.


    O mellor, coma sempre, é escoitalo.

    1 hr
  • BCB 6x08 - Os Morangos

    Alberte e Silvio andan moi italianos e mediterráneos últimamente. Aínda así, os dous teñen previsto viaxar a Galicia proximamente. Neste episodio contan cando e por qué.

    Falan da actualidade galega, moi pasada por auga, chistes de pirolas e Manuel Fraga na lista de Epstein.

    Homenaxean a figura do patrón do país e despídense coa canción de moda, "Tutto per tu".

    Nas redes todas, en @carallobueno.

    1 hr 2 min
  • BCB 6x07 - Tutto per te

    Silvio e Alberte falan do 2026, do moito que lle gustan a un os anos pares e o pouco que lle chistan ao outro. Sí, o que sabemos do novo ano é que trae a mesma merda de sempre.

    Maduro, John Lennon, nomes italianos inventados... todo iso e moito máis nunha nova entrega do mellor p*** podcast en galego do mundo.

    A ver, a eles véselles que o pasan ben, se serve iso de algo.

    Dixemos que non había novidades? Mentira, estrean sintonía.

    Mellor estar aquí que escoitando a terraplanistas.

    En redes, coma sempre, en @carallobueno.

    57 min
  • BCB 6x06 - Comedoira de Uvas

    Silvio e Alberte encetan o ano podcasteiro a día 2 de xaneiro, para que despois se diga que non hai compromiso. Aproveitaron a reunión para ir xantar despois, porque se coñece que non tiveran paparotadas abondo.


    No primeiro programa do 2026 dá tempo a falar do mal que paparon as uvas o 31, de virus, de gañar á vez a Medalla Castelao e Creu de Sant Jordi e de colofón, comentar aspectos relacionados cos Xogos Paralímpicos. Eles tampouco saben por que...


    Non faltaron os concursos e os xogos de palabras de mierda. Débense ao seu póbleco .


    En redes, en @carallobueno!

    46 min

About Bueno Carallo Bueno

From the publisher's feed

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.

More shows like Bueno Carallo Bueno

El Mejor Era Magic by AS Audio

El Mejor Era Magic

0 Listeners