Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

By Bueno Carallo BuenoComedy
Download on the App Store

Bueno Carallo Bueno episodes

  • BCB 4x15 - Fin de festa con Joel Díaz

    Alberte e Silvio volven co mellor p*** podcast en galego do mundo ao Centro Galego de Barcelona, co obxectivo de pechar a tempada... pero desta vez fano acompañados. O convidado desta season final é o humorista e comunicador de orixe galega Joel Díaz, que incluso asiste ao programa acompañado da súa nai!

    Joel sométese a un exhaustivo test de galeguidade e descubre tamén a qué comarca pertence o concello de Abadín, do que é oriunda a súa familia materna. Moitas sorpresas nun final de tempada á altura das expectativas.

    Xa queda menos para a quinta tempada! En redes, coma sempre, en @carallobueno.

    1 hr 7 min
  • BCB 4x14 - Fuchicando coa IA

    Alberte e Silvio ofrecen a penúltima entrega da tempada do mellor puto podcast en galego do mundo. Entre outras cousas escoitarás o máis riguroso análise das eleccións europeas. Falan tamén de comer pipas, da casa do porco e asistimos a unha nova demostración do talento de Alberte pra imitar.

    Ademais, estrean as primeiras propostas de himno do Bueno Carallo Bueno feitas pola intelixencia artificial. Todo por non traballar.

    En redes, @carallobueno

    51 min
  • BCB 4x13 - Dous tartamodos
    Alberte e Silvio perpetran un programa de inicio faltón pero non vos enganedes que conforme avanza aínda é peor. O cumpre guitano de Iria, a presenza de Silvio na final da Champions feminina, o ascenso do Depor e o concurso das europeas son algúns dos demasiados temas que forman parte deste episodio.
    Se hai xente comenzando a escoitar o podcast dende o capítulo un, como pode ser que non escoites ti o último?
    En redes, @carallobueno
    58 min
  • BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb

    Alberte e Silvio cometeron un erro bastante imperdoable: tomar un café antes de comezar este capítulo do Bueno Carallo Bueno. O Alberte máis hiperactivo enfróntase, de novo, a un concurso dos que xa son habituais no programa. Silvio conta as súas peripecias no baloncesto, tanto xogando como asistindo coma público.

    Capitulón. Estamos no Tiktok e no Youtube, que puxemos algo de orde. Coidao.

    En redes, @carallobueno

    56 min
  • BCB 4x11 - Antetokounmpo dominicano

    Alberte e Silvio abandonan o baño de masas no Centro Galego de Barcelona para volver a facer o programa na casa. O retorno á vida ordinaria lévaos a comentar comentarios de FIDBACA sobre o episodio ao vivo e a constatar que pouco a pouco están á construir unha linguaxe propia do podcast. Como cando falan do mítico Antetokounmpo dominicano.

    Ademais, teñen tempo de escoitar unha mítica canción da autoría de Alberte e de falar dos prezos dos pisos en Ourense.


    En redes, @carallobueno


    54 min
  • BCB 4x10 - Isobaras (en directo desde o Centro Galego de Barcelona)

    Alberte e Silvio dan o salto ao mundo do podcast en vivo, con público, nun lugar centenario como é o Centro Galego de Barcelona. Falaron de alopecia, da fichaxe do meteorólogo de TV3 Tomás Molina por ERC e tamén da súa chegada -de nenos- a Catalunya.

    Contaron coa presenza de dous convidados (Suso Mon, de ERGAC, e Anxo Baranga, de Furafollas) e máis tamén de dúas VIP: as súas nais!

    En redes, coma sempre, en @carallobueno.

    1 hr 21 min
  • BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente

    Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2.

    Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá.

    En redes, en @carallobueno.

    53 min
  • BCB 4x08 - A palla auditiva

    Alberte e Silvio fan, contra todo pronóstico, un programa nada rosmón. A actualidade galega foi o tema principal, aínda que tamén falaron das eleccións.

    Tiveron tempo pra falar dos efectos secundarios das alerxias, dar unha recomendación hosteleira galegocatalana e a crítica da película da que xa falou todo o mundo.

    En redes, en @carallobueno.

    50 min
  • BCB 4x07 - Non me codere

    Alberte e Silvio analizan, ao seu xeito, as eleccións galegas do 18 de febreiro e comentan o debate. Tamén falan de El Xokas, dos pais de Ana Pontón e dos premios Mestre Mateo.

    Dan resposta a unha pregunta universal: só unha afeitadora pra colloada e cara ou mellor ter dúas?

    Nota: o programa inclúe un ataque de risa inxustificado de más de medio minuto. AVISADOS QUEDADES.

    En redes, en @carallobueno.

    54 min
  • BCB 4x06 - Chourizos de Cuba (Especial de Nadal)

    Alberte e Silvio celebran un programa especial de Nadal a golpe de 16 de xaneiro. Moi do estilo deles. Falan de Cuba, Pachi Vázquez, pellets e dos regalos de Reis que os fan sentir aínda máis vellos.


    Un programa completiño, cinco semanas de ausencia ben o merecían.

    En redes, en @carallobueno.

    57 min

About Bueno Carallo Bueno

From the publisher's feed

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.

More shows like Bueno Carallo Bueno

El Mejor Era Magic by AS Audio

El Mejor Era Magic

0 Listeners