
Sign up to save your podcasts
Or


Silvio e Alberte encetan unha nova edición do podcast ás presas. Alberte non lembraba que tiña unha reunión de veciños en menos dunha hora. Silvio aproveita este espazo pra rajar da súa sogra todo o que lle da. Na exitosa sección 'Puto Pádel' conseguen algo histórico: poñer data pra o famoso partido da GABALÍ CUP.
Volve o tío Pedro (a sintonía vaivos namorar!) e na parte final do programa coñeceredes un motivo que pode poñer en perigo a continuidade deste podcast.
En redes, en @carallobueno!
Alberte e Silvio son detractores do mate e non entenden como na Arxentina e no Uruguai son capaces de consumir esa p*** m*****. Con perdón, non vaia ser que caia a xira latinoamericana prevista para o outono do 2023. Tratan o novo look de Alberte, despois da súa visita á consulta do prestixioso doutor Asumir.
Na exitosa sección 'PUTO PÁDEL' vanse desvelando detalles do que será o partido do século, o máis semellante a un Amigos de Zidane vs Amigos de Ronaldo, un solteiros contra casados MAL. Alberte segue odiando a Silvio porque viaxa máis ca el; ben, porque viaxa.
Alberte e Silvio volven á carga despois de superar as calçotades, tremendo esforzo levaron! Silvio quéixase de que comeu pouco mentres que Alberte papou UN GABALÍ. Convirten o programa nun magacín falando dos Mestre Mateo e da súa versión de marca blanca: os Oscars de Hollywood.
Estrean sección do deporte que se inventou para os que non queren facer deporte: O PUTO PÁDEL. Hai reto á vista.
En redes, en @carallobueno!
Alberte e Silvio volven ao podcast para falar de dous temas de ardente actualidade: o entroido e as calçotades. Cousas deste tempo do ano, para desfrutar e para vivir. A ver, moito coidado cos calçots, que entran ben pero saen mellor. Máis detalles no programa!
Co gallo de nacemento do fillo do grandísmo Lucas Pérez, Alberte fala da actualidade da súa cativa que pasa polas visitas de portas abertas ás escolas. Ademais, Silvio atopou un recorte de prensa histórico no que se demostra o pedigrí radiofónico dos condutores do mellor puto podcast en galego do mundo.
En redes, en @carallobueno!
O podcast quincenal máis irregular da historia do podcasting está de volta, xa no 2023! Con moitos temas coma sempre, con plans de xira por Sudamérica e coa vontade de atopar patrocinadores capaces de aturar as súas tolemias. Será por ideas!
Silvio explica como lle levou unha pequena propina a San Benito (e quen o mandou alá) e Alberte conta as horas do podcast como traballar. Menudos mangantes. O certo é que lles quedou un programa caralludo, listo para ser consumido xa ben sexa cociñando, no coche, en Uruguai ou comendo requeixo.
Podes seguilos en instagram, tik tok e twitter, en @carallobueno.
Co gallo da celebración destas festas sinaladas, Alberte e Silvio reciben a visita na sede do Bueno Carallo Bueno do ilustrísimo Manuel Falcón. Falouse durante máis de hora e vinte sobre moitas cousas, para non acabar chegando a ningunha conclusión. O Manolo dixo que lle pareceran tres horas. Poderedes descubrir algunha anécdota máis do Tío Pedro, a figura casi mítica do Limiao e o concurso para adiviñar nomes peculiares de cantantes famosos.
A cadela, efectivamente, estivo durmida durante todo o programa.
Boas festas!
Alberte e Silvio tocaron un pouco de todo, coma sempre. Comentaron cousas sobre Polonia e Karol Wojtyla e incluso case volven FALAR DE CAGAR. O Mundial de Qatar, moi mal, pero algunha cousa viron os dous; non teñen remedio. Os dous teñen cousas á promocionar: Silvio inicia o seu tour mundial con 'A la sobirania per l'esquerra' e Alberte estrea o seu show 'Patrón' en Barcelona o 20 de xaneiro.
Este episodio tivo 'O tío Pedro' e tamén foi un examen exhaustivo á cultura xeral de Alberte. Coma sempre, no mellor puto podcast en galego do mundo, moita coña marinera e sobre todo, puta Fuenlabrada.
Alberte e Silvio falan neste episodio de tres cousas, aínda que en realidade acaban falando de cagar, do Toro Acuña, de Lamatumbá, Manuel Rivas ou La Pegatina. Aínda así, en realidade querían tratar o vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige (ao final tamén falan diso!), a estrea da nova película de Rodrigo Sorogoyen 'As bestas' e o lanzamento editorial do ano en lingua catalá.
Bueno, a ver, non é o lanzamento editorial do ano, é o libro de Silvio sobre ERC, EH Bildu e o Bloque. Apaixoante, non si? Andan as plataformas tolas por facer a serie. Dani Rovira no papel de Pere Aragonès.
Veña, dálle aí ao play, que xa tardas.
Mentres Donato chama ao golpe de Estado en Brasil, Alberte e Silvio chámano por teléfono. A conversa que teñen non ten desperdicio. Ou sí. Neste episodio anuncian o nacemento dunha nova estrela cinematográfica galega. Quen será? O programa continúa sen patrocinios malia os esforzos de Silvio e Alberte por atoparlle un... ou dous!
A volta do tío Pedro, o cambio horario e botar sestas de dúas horas con vacenilla e pixama son outros temas que se falan no capítulo. Ao mellor puto podcast en galego do mundo, se non vas de vídeo, vas de audio.
A terceira tempada do Bueno Carallo Bueno continúa o seu camiño de victoria. O Mundial que está por vir -que non lles gusta, pero o fútbol sí- forma parte da conversa, pero tamén o churrasquiño que promete o noso pai, Lula da Silva, para que coman todos os cidadáns do Brasil.
Alberte tamén anuncia que quere mercar un coche e pide consello á audiencia sobre cal escoller. De segunda man, iso sí, coma os de antes! Os dous repasan os modelos míticos que tiñan seus pais e convidan á audiencia a facer o mesmo. Silvio viaxou a Italia mentres que a Alberte godéronlle nesta ocasión as vellas que lles falan aos cativos.
En 15 días, máis!
From the publisher's feed

0 Listeners