Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

By Bueno Carallo BuenoComedy
Download on the App Store

Bueno Carallo Bueno episodes

  • BCB 2x06 - O despropósito

    Alberte fai a súa lista de propósitos realistas para 2022, un ano que Silvio comezou cunha viaxe en Praga. Que ingredientes leva unha pizza Real Madrid? Por que Silvio mercou un gorro soviético? 

    O mellor puto podcast en galego do mundo volve con forza tratando temas como a posible película para adultos protagonizada polo Apalpador ou o inoportuno ruxido de tripas dun amigo do programa. Veña, a que esperades a seguirnos no twitter e no instagram en @carallobueno? 

    47 min
  • BCB 2x05 - O mellor puto twitch en galego do mundo

    Para celebrar o Nadal e o primeiro aniversario do podcast, Alberte e Silvio viaxaron ás instalacións de KW Radio -no Poblenou de Barcelona- para facer o seu primeiro directo en Twitch! Así que non pensedes mal, se escoitades xente rirse non son audios enlatados... 

    Neste especial de Nadal falan de todo un pouco. Alberte máis enérxico ca nunca, Silvio máis faltoso aínda, se cadra. Coa participación especial de Alberto da Sinda e dunha fan do programa, Ángeles "a dos iogures". E con comentarios no twitch!

    E xa sabedes, a seguirnos nas redes en @carallobueno. 

    1 hr 26 min
  • BCB 2x04 - A Voz

    Monti Castiñeiras é un actor e actor de dobraxe galego. Pero, ademais diso, é a voz do Bueno Carallo Bueno! Tarde ou cedo ía tocarlle comparecer no programa para falar da súa traxectoria, das súas inquedanzas e do futuro do sector audiovisual na nosa lingua. Monti incluso se anima a propoñer -seguro?- títulos para este episodio do podcast. 

    Ademáis, Alberte e Silvio encetan o seu consultorio cos audios enviados pola audiencia e anuncian se este ano haberá programa especial de Nadal do podcast. Todo, coma sempre, no mellor puto podcast en galego do mundo.

    1 hr 13 min
  • BCB 2x03 - A resaca dos Ondas

    Grabar un podcast o día seguinte da entrega dos Premios Ondas é un exercicio complexo. En primeiro lugar, por ver o éxito de outros programas radiofónicos e, sobre todo, porque Alberte asistiu á gala e non está moi católico. Neste episodio falan dunha viaxe de Silvio á Coruña, da experiencia de Alberte na gala dos Premios Ondas pero tamén de Manel Monteagudo, das criptomoedas ou de asuntos de América Latina. Cousas globais, andamos a todo. 

    O mellor puto podcast en galego do mundo, xa o sabedes. E o máis humilde tamén.

    49 min
  • BCB 2x02 - O Manuel

    Alberte e Silvio superaron o parón de outubro. Logo de máis dun mes sen publicar un episodio do podcast ofrecen as súas desculpas. A ver, que foi por razóns de peso. De feito, unha das seccións senlleiras do programa agora terá que cambiar de formato, cousas da vida. Coma sempre, falan de temas de todo tipo: desde os nenos rata, pasando por Dembelé, Cruz y Raya ou Gonzalo Jácome. 

    Se queres participar sempre lles podes escribir nas súas redes (@carallobueno) para insultalos, para contribuír ao proxecto de podcast no tren Catalunya-Galiza ou para promover a candidatura de Alberte a Presidente da Escaleira. 

    52 min
  • BCB 2x01 - Godzilla por Vimianzo

    Ninguén contaba con que o Bueno Carallo Bueno chegase a unha segunda tempada, tampouco Alberte e Silvio. Encetan nova tempada do mellor puto podcast en galego do mundo con voces na intro de Monti Castiñeiras e coas parvadas de sempre. Godzilla seica anda por Vimianzo a tomarlle uns viños -con pincho, claro-. 

    Volcáns, funcionarios, garderías e outras lerias para comentar na resaca das vacacións. Da para moito, o descanso, eh? O carallo é que sempre hai que volver.

    Xa sabes onde atoparnos nas redes, en @carallobueno en instagram e twitter.

    47 min
  • BCB 1x13 - A paparota

    Alberte e Silvio embárcanse nunha aventura de carallo: facer un programa nun bar sen ter os medios suficientes! O carallo é ter unha excusa para comer o pincho de tortilla do Bar Laláns da Avinguda Mistral de Barcelona, onde pechan a primeira tempada do Bueno Carallo Bueno. O tal é ter salú!

    Pedimos desculpas por adiantado pola calidade do son. Aceptamos donacións, consellos, regalos e mesmo axuda técnica. 


    35 min
  • BCB 1x12 - A penúltima?

    Alberte Montes e Silvio Falcón toman a penúltima, encarando a recta final da tempada do podcast, visitando un estudo de radio. Separados por un vidro e con Silvio facendo de técnico, falando dos Manueles, dos cadelos, da filla de Alberte, das vacacións e da ausencia podcasteira da que todo o mundo está á falar. Será o derradeiro programa da tempada?

    1 hr 3 min
  • BCB 1x11: Alá é grande

    Alá é grande. E non falamos de Deus, senón dese sitio mítico que vive nas cabezas morriñentas dos pais de Alberte e Silvio. Claro, para eles "alá" é a aldea, é Galicia. Un xeito coma calquera outro de non verbalizar o feito de que viven lonxe do seu país e que son emigrantes. Pero claro, no BCB número 11 fálase de moitas outras cousas: o Día das Letras Galegas -e o postureo en redes-, a sección dos Cadelos e moitas máis cousas intrascendentes. 

    Xa podedes escoitar o mellor puto podcast en galego do mundo en todas as plataformas! 


    47 min
  • BCB 1x10: Os vellos non deben emborracharse

    Neste décimo episodio do Bueno Carallo Bueno, Alberte Montes e Silvio Falcón falan do fin do Estado de alarma de das festas na rúa que conlevou esta circunstancia, tamén na cidade de Barcelona. Ademais, hai tempo para repasar a actualidade de "Os Manueles", "Os Cadelos" e incluso de facer seguemento do "cobete" chinés que ameazaba toda Europa cun impacto total. 

    40 min

About Bueno Carallo Bueno

From the publisher's feed

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.

More shows like Bueno Carallo Bueno

El Mejor Era Magic by AS Audio

El Mejor Era Magic

0 Listeners