
Sign up to save your podcasts
Or


Lula é o noso pai, é un patrón e un paisano o candidato á presidencia da Xunta... do Brasil! Falamos das eleccións brasileiras logo da viaxe de Silvio aló, pero tamén comentamos as tremendas vacacións podcastiles -dignas dun neno de escola-. Alberte, ollo aí, estrea sección co seu GÓDEME QUE... onde como é habitual no podcast seguirá á facer de hater.
Case unha hora de programa na que Leia, a cadela de Silvio, durmiu durante case todo o episodio. Alberte estreou Patrón, o seu novo espectáculo, que proximamente terá máis datas confirmadas. Ah! E Silvio seica oficiou unha voda, xa escoitarás os detalles que igual lle interesa á Audiencia Nacional. Estamos de volta!
Alberte e Silvio enterran a tempada cun directo de Twitch e coa confirmación de que haberá terceira tempada do podcast! A cultura galega terá que agradecer tal contribución feita desde a cidade de Barcelona. Atenderon os comentarios dos seguidores do streaming, xogaron ao concurso do tío Pedro e Alberte tampouco falou do Deportivo da Coruña.
O viño da cimeira da OTAN, galego, por suposto. E o mellor puto podcast en galego do mundo, o BCB, claro que si.
Séguenos en redes en @carallobueno (instagram e twitter).
Reapareceron os dos Bueno Carallo Bueno! Un mes de programa dá para moita preparación, pero non é o caso de Silvio e de Alberte. O capítulo catorce da segunda tempada inclúe "O que vexo no metro" -de camiño da praia- e o concurso "O tío Pedro". Moita carallada para acabar falando de vacacións, COVID-19, un premio literario ou da coroneta. Non, non se falou do Depor.
O 2x14 tamén se grabou en vídeo, aínda que as calidades aínda teñen marxe de mellora. Cousas de ser o mellor puto podcast en galego do mundo.
Cal dos dous protagonistas do podcast será primeiro o persoeiro homenaxeado nun día das Letras Galegas? A teoría de Alberte é que será el, porque, entre outras razóns, vai morrer antes. Cousas de ser un artista. Silvio discrepa do seu compañeiro, non acaba de ver claro que obra literaria van estudar os rapaces nas escolas cando recorden ao gran Alberte. Neste capítulo dan bastante guerra entre eles, debe ser que chegaron as altas temperaturas á cidade condal.
Vodas, a sección do tío Pedro, o que vexo no metro e unha macedonia de temas que se supera cada semana. O mellor puto podcast en galego do mundo que, esta vez, comeza dun xeito ben particular. Haiche moita hipocrisía co día das letras!
Podes seguirnos en Twitter e Instagram en @carallobueno.
Alberte e Silvio teñen que enfrentarse ao inimigo máis poderoso que tiveron de convidado no programa: unha pomba! Pois sí, o animaliño entrou na casa de Silvio e acompañounos na gravación do programa 2x12 do mellor puto podcast en galego do mundo. Traballos universitarios, Sant Jordi pasado por auga, o tío Pedro e 'O que vexo no metro' -onde volve haber un pouco de hate, que sabemos que vos gusta-.
Alberte chegou tarde, pero o programa quedou bastante ben, así que perdónaselle.
Síguenos en instagram e twitter en @carallobueno.
Alberte e Silvio traballan para ofrecer aos seus seguidores un podcast de Semana Santa. O que pasa é que tanto traballar fixo que quedase un programa un pouco amargo de máis. Criticaron a Semana Santa, os pantalóns piratas, a ultradereita francesa e mesmo se atreveron a meterse coa sogra dun deles. O hate está de moda.
Alberte trouxo o micro e o cable desta vez -logo de recibir 25 mensaxes de mamá Falcón-. Quedan pendentes para vindeiros programas a correción dos traballos de Silvio.
Xa o sabes, dálle a seguir en twitter e instagram en @carallobueno. E comparte, joder!
Alberte e Silvio evitan falar, como xa fixo todo o mundo, da hostia que lle pegou a Will Smith a Chris Rock na gala dos Oscar. Non estamos para hostias. A sogra de Silvio caeu enriba da súa cadela e Alberte recibe un trato diferente cando vai no transporte público coa súa filla. Cousas que pasan. Tamén falan do medo que Alberte ten da Roomba que dá voltas na casa de Silvio e do partido de fútbol feminino entre o Barça e o Real Madrid do día 30 de marzo de 2022.
Coma sempre, houbo seccións: 'O que vexo no metro' e 'The last dance'. Moitos traballos dos alumnos de Silvio sobre VOX. Ai, que futuro nos espera!
Dálle a seguir en @carallobueno en instagram e twitter.
Silvio e Alberte regresan ao mellor puto podcast do mundo despois dun mes de parón por mor de outras ocupacións. ADVERTENCIA: este podcast foi gravado á hora da sesta, por se vos dá ganas de durmir. Nesta ocasión comentaron despedidas de solteiro algo tétricas, vodas en tenis, as entrevistas en Podgalego e na Lobeira Today...
Moito contido para o regreso do Bueno Carallo Bueno, onde tamén houbo música de Pili Pampín e a sección 'O que vexo no metro'.
Veña, a escoitalo!
Alberte e Silvio contestan aos seus haters, falan da súa infancia e incluso comentan a estrea mundial da película de Tom Holland, 'Uncharted'. Para manter o nivel do mellor puto podcast en galego do mundo atrévense a criticar a parte da súa audiencia potencial, a xente maior do país e á súa sinceridade sen filtro.
A visita do Obradoiro a Barcelona, colarse no metro e os grelos de Manolo Falcón completan o contido do oitavo programa da segunda tempada do 'Bueno Carallo Bueno'.
Dálle a seguir nas redes, en @carallobueno (twitter) e @carallobueno (instagram).
Alberte e Silvio comparten estudo en vivo e en directo, de novo, pero agora para quedarse. Comentan o novo equipo técnico da casa de Silvio mentres a súa cadela dorme no colo de Alberte. E na mesa había uns croissants, como debe ser. Falan das Tanxugueiras e as súas posibilidades de chegar ao Festival de Eurovisión, da terceira dose da vacina contra o COVID-19 e sobre apañar leña.
Ademais Alberte estrea nova sección 'O que vexo no metro' que hoxe dá para falar de peluquíns, Ximo Puig e viaxes a Turquía.
From the publisher's feed

0 Listeners