
Sign up to save your podcasts
Or


Alberte Montes e Silvio Falcón barallan a posibilidade de facer algún twitch en directo, falan de vacinas, desfibriladores, cadelos e outras parvadas para deixar claro que o Bueno Carallo Bueno é o mellor podcast en galego do mundo. E case da historia, aínda que as compañeiras de Podgalego non acaben de compartir a súa opinión. Xuntos acumulan máis horas de radio que Pepe Domingo Castaño, ou iso afirman.
Ladies and gentleman, un BCB deluxe con moitas sorpresas e cun tráiler do podcast! Atent@s!
Convidada de luxo no Bueno Carallo Bueno! A actriz galega María Vázquez conversa, na resaca dos Mestre Mateo, con Alberte Montes e Silvio Falcón sobre os seus proxectos e sobre a realidade do audiovisual galego. A recente estrea do filme de Portocabo, Cuñados, onde María Vázquez comparte cartel con Miguel de Lira ou Xosé Antonio Touriñán, serve de punto de partida a esta conversa a tres.
Xa nos cines de todo o Estado, "Cuñados", dirixida por Toño López.
Alberte Montes e Silvio Falcón pregúntanse de que temas falar para estar cos trending topics do noso tempo, coa actualidade rampante que come as redes sociais e ocupa portadas e telexornais. Por iso este capítulo fai referencia a Toni Cantó e ademais foi publicado o 27 de Marzo, Día Mundial do Teatro. Moito teatro e moita coña cos cadelos, cos Manueles e outras referencias carallaners das de toda a vida.
Ah, por certo! Xa podedes ver o dedo garfo do pai de Alberte nas redes sociais.
Nin as guerras mundiais, nin tampouco a guerra dos 30 anos: en Barcelona está á librarse O CONFLITO DOS CHOURIZOS. Non sabes de que falamos? Só tes que escoitar este episodio do Bueno Carallo Bueno, onde Alberte Montes e Silvio Falcón estrean sección sobre os seus cáns e seguen á falar dos seus proxenitores. Ademais, por primeira vez desde a pandemia conseguen verse polas rúas de Barcelona. Todo iso e moitas máis cousas intranscendentes, neste episodio do podcast.
Que pinta aquí Gabriel Rufián? Pois non o sabemos moi ben -e el tampouco-, pero pensamos que podía prestar falar un pouco con el do Congreso e da fauna que alí se atopa. Polo pronto, xa sabemos que Rufián propúxolle un nome para a cadela de Silvio e que Alberte puido ter sido o imitador do político de ERC en Polònia. Por buscarlle algún sentido a todo isto.
Outro programa máis do podcast de Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo). Unha cousa leva á outra e acaban falando de El Greco, de Arnold Swarzenegger e de Bertín Osborne. Non perderse a sección dos Manueles!
Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) fantasean coa posibilidade de que o porteiro do Alcoyano -e heroe da eliminación da Copa do Rei diante do Real Madrid-, o galego José Juan Figueiras, poida aparecer en calquera momento durante a gravación do podcast. Polo camiño falan dos seus pais na sección Os Manueles entre outras mierdas. Terá aparecido José Juan pola programa?
Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) aínda están aprendendo a facer funcionar un podcast. Por iso precisan da axuda dun padriño experimentado, coma o xornalista de Corcubión Álex Fidalgo, que triunfa co seu podcast Lo que tú digas na plataforma Podium Podcast. Aínda non entenden que alguén de éxito queira facer promo nun podcast pequeno pero... Aproveitan tamén para estrear a psicoanalítica sección Os Manueles, sobre os pais de ámbolos dous.
Aí vos vai #OutroPodcast.
Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) estrean un novo podcast cun especial de Nadal. Outro podcast máis, en galego, onde falan das cousas que lle interesan. Chegou por fin a última mala nova do 2020.
From the publisher's feed

0 Listeners