
Sign up to save your podcasts
Or


Silvio e Alberte convidados aos Ondas. Ben, Alberte convidado aos Ondas convidando a Silvio a ir con el de acompañante. Ben, Alberte suplicando unha invitación aos Ondas para quedar ben con Silvio.
E o resto é historia.
Levarían o Ondas a Mellor Podcast?
Spoiler: NON
Silvio e Alberte nunha nova edición do mellor p*** podcast en galego do mundo. Na edición número catro da sexta temporada, o de Grou e o de Anguieiros falan de... Goder! Cada vez é máis difícil facer a descripción dos "capétolos".
Falan rarísimo, xa non se entenden nin entre eles, e de tantas sandeces que enumeralas é imposible.
O mellor/peor que podedes facer é escoitalo e sacar as vosas propias conclusións.
En redes, coma sempre, en @carallobueno
Silvio e Alberte, nunha nova edición de Estirando as pernas, camiñan por Gràcia, en Barcelona, un tipo de barrio dos que en Galiza non hai. Nin falta que fai.
Falan de rumba, dos Testigos de Jehová e das troulas de Alberte polo lugar. E iso só antes da intro. Despois dá tempo de tratar moitas máis trapalladas e rematar nun bar do Celta cun dos concursos máis loucos do programa.
Estes dous saíron a andar una hora e acabaron tomando unhas garimbas, todo o deporte que farán no ano. Seguídeos, que como vedes non van moi lonxe.
E recorda, nas redes todas, en @carallobueno
Silvio e Alberte encetan este programa falando de merda, e de aí para arriba.
Fíxate se será importante o episodio, que ata Alberte trouxo sección. O nunca visto!
Ademais falaron do ego, de Manuel Rivas, da serie Fariña e da educación sexual dos veciños de Grou (Baixa Limia).
Un capítulo que vades ter que escoitar dúas veces, porque a primeira non ides entender nada. Para variar!
En redes, en @carallobueno
Silvio e Alberte volven coa SEXTA TEMPADA do Bueno Carallo Bueno, cando nin os máis ferventes seguidores lembraban xa que estes dous tiñan un podcast.
Falan de horas de sono, de grilos e das ganas que compartían de volver atoparse para contar mierdas diante do micrófono.
Silvio trae os seus habituais concursos e Alberte respostas incorrectas. Que esperabades? Que preparara unha sección?
Benvidos á Season 6, unha tempada que, como as outras, non pediu ninguén.
Nas redes todas, en @carallobueno
Silvio e Alberte van a xantar e póñense a gravar. E pasa o que tiña que pasar, que falan dunha chea de sandeces e a Alberte fáiselle tarde para ir buscar a cativa. Chegará a tempo?
Descúbreo no último episodio do mellor p*** podcast en galego do mundo.
Un final de tempada á altura da movida en xeral.
En redes, en @carallobueno!
Silvio e Alberte rematan tempada, como xa é costume, conpúblico e en directo dende o Centro Galego de Barcelona.
Nesta edición especial hai lugar para seccións habituais como os concursos de Silvio, a actualidade (política e persoal) máis carallada do habitual. E para pechar todo iso, unha cata de licor cafés caseiros. Xa só por iso, cinco tempadas de podcast valeron a pena.
En redes, en @carallobueno
Silvio e Alberte pararan a actividade hai un mes. Sí, sí, non foi cousa do apagón, xa ve de atrás.
Nesta nova e esperadísima entrega falan do parón enerxético, do novo Papa, do Barça e ata estrean unha sección que xa se fixera.
En fin, moita chorrada de dios...
En redes, en @carallobueno
Silvio e Alberte traen de volta un programa clásico; no que o primeiro traballa e o segundo non. Antes de estrear a sección Nomes de comidas que poderian ser futbolistas falan dos fillos, da 'energuia' e de como facer ben o pa amb tomàquet.
Está o TikTok que bota lume. Superar os 500 seguidores depende de vós!
En todas as redes, en @carallobueno!
Silvio e Alberte volven á rutina pero pensando xa nas súas próximas aventuras. Moi atentas porque o tramo final da tempada vai ter bastante movamiento.
Coincidindo co "Día de o Pai" falan de ser calvo, de ir a andar, do tantísmo que está a chover ou de calçots. Ademais de seguir inventando palabras e personalidades varias.
O peche, unha vez máis, chega cos Xogos de Silvio, todo un clásico do BCB.
En redes, en @carallobueno!
From the publisher's feed

0 Listeners