
Sign up to save your podcasts
Or


Alberte e Silvio percorren as rúas da capital belga despois de ter gravado o programa especial dende o Parlamento Europeo xunto a Ana Miranda. Fan balance da experiencia e dálles para falar tamén do fea que lle parece Bruxelas á xente, dos Pitufos e de que debe pensar o creador dos gofres da versión con forma de pirola que inventou un pijo de Canarias con máis cartos ca neuronas.
Turismo e chorrada na primeira versión en movemento do mellor puto podcast en galego do mundo. Este paseo é todo o deporte que van facer no mes. Paga a pena escoitalo. Au revoir!
En redes, en @carallobueno!
Alberte e Silvio chegan a Bruxelas, ao Parlamento Europeo para facer historia do podcasting en galego. O mellor puto podcast en galego do mundo presenta un programa especial con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, como convidada.
Nunha animada conversa trátanse temas como o cheiro de Jean Marie Le Pen, os gastrobares de Bouzas e a furriqueira letal que case deixa a Alberte na casa.
Miranda pasa polos clásicos xogos do programa, reinvindicamos Altri Non e falamos do festival da diáspora galega na capital belga, o Emigrason.
En redes, coma sempre, en @carallobueno
Silvio e Alberte volven para encetar o 2025 cun programa que serve de previa á viaxe que os levará a unha capital europea, onde gravarán o programa máis especial ata o de agora. Agradeceredes que este capítulo sexa máis curto, levan ao extremo o dialecto propio dos carallers rebautizando conceptos como a mítica serie MÉDECO DE FAMÉLEA (con Emeleo Aragón) ou FARMACEA DE GOARDEA.
Houbo tempo de falar da paternidade de Silvio, do encontro entre Brais e Iria e do piloto con máis carisma da historia Tommi Mäkinen.
Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
Silvio e Alberte perpetran unha nova edición do podcast, desta vez máis tolo ca nunca -se iso é posible-. Falan do cumio do G20 en Brasil, do Primeiro Ministro portugués João Kiwi, da súa chegada a BlueSky ou de cagar no mar.
Avisan á súa audiencia que o podcast ten dúas sorpresas; un pequeno parón por mor da paternidade de Silvio e un regreso apoteósico fora das nosas fronteiras que chegará máis cedo do que pensades.
Silvio e Alberte cambian de escenario e ofrecen un esperadísimo programa desde a casa de Alberte. Esperadísimo por Alberte que, se de normal xa traballa pouco, nesta ocasión non tivo nin que saír da casa.
Fan unha guerra de porteiros, preparan o obituario de Alberte (pra cando sexa) e escollen o Ministro de Interior da República Galega. E sobre todo non perdades o inicio, que ten sorpresa.
Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
Alberte e Silvio fabrican outro programa no que falan moito e non acabar de contar nada. O choio de Silvio en Hospitalet, o cumpreanos da irmá de Alberte e un xogo que vos fará pensar moito. Ou non...
Silvio, na súa carreira cara á paternidade, sufriu un susto. Nada grave. Xa veredes ao final do epesódeo.
Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Silvio e Alberte estrean estudo. O primeiro anda de mudanza; mudanza á que axudou de xeito totalmente decisivo Alberte. Ou igual non tanto.
Seguen de resaca trala festa da empanada, fantasean con posibles Presidentes da Xunta e rematan o programa tirando de tópicos cataláns. Perder audiencia, iso é o que queren?
Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Silvio e Alberte seguen co seu particular World Tour que nesta ocasión lévaos até Toxos e Xestas, un clásico do mundo asociativo galego en Barcelona.
Falan de mortes, das 4 provincias galegas, da rivalidade Celta-Dépor, de mudanzas, sucesos patrios e moito, moitírmo máis.
Todo isto como adianto da Festa da Empanada, na que, como non podía ser doutro xeito, rematan de xurado. Un gran día para o Bueno Carallo Bueno.
Silvio e Alberte volven neste segundo episodio da tempada ao seu estudio habitual (a casa do primeiro).
Falan da resaca (metafórica e literal) trala gravación en directo dende Allariz, unha noite memorable xunto a Miguel de Lira e Tonhito de Poi. Tamén do mal que chove en Barcelona, do lugar de nacemento de galegos coñecidos e da maquenaria que estrearon para soar aínda mellor e seguir sendo o mellor puto podcast en galego do mundo.
Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Silvio e Alberte estrean tempada (e xa van cinco) EN GALICIA. Esta gravación en directo dende o Festival RiR de Allariz supón a primeira visita ó país do mellor p*** podcast en galego do mundo. A primeira de moitas... Din eles.
Entre outros temas tolos, falan da ausencia de comedias no novo cinema galego, do balconing e pechan cun apaixoante xogo que enfronta a concelleiros de Democracia Ourensana con xogadores do Ourense.
Está de volta o Bueno Carallo Bueno, a que agardas para darlle ó play.
From the publisher's feed

0 Listeners