Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Análise da Historia de GaliciaTwitter: @DescifrandoHist Instagram: @descifrandohistoria iVoox e SportifyPor David Gesteira... more
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 98 episodes available.
October 15, 2022#DebateDescifrando2: Mitos históricos e historiográficos de Galicia, con Raquel Fdez e David SabucedoSe queres escoitar a nosa visión e opinión sobre os diversos mitos históricos e historiográficos de Galicia este é o teu podcast. Coa colaboración de David Sabucedo e Raquel Fdez, analizamos e falamos do suposto matriarcado en Galicia, de Roi Xordo, celtismo, emigración, etc.Un podcast sobre a historia de Galicia contada dun xeito diferente, séguenos e apoiános para facernos crecer!...more56minPlay
October 01, 2022Violencia na Galicia contemporánea, con Miguel Cabo, Leira-Castiñeira e Enrique CarballoQueres saber como era a violencia na Galicia contemporánea? Como se manifestaban os galegos e galegas ante as situacións límite ou simplemente como de violentos eran entre eles mesmos. Pra iso, acompañanme Francisco Leira-Castiñeira, Miguel Cabo e Enrique Carballo, para comprender dun mellor toda esta temática tan interesante e a veces tan pouco desenvolta....more1h 52minPlay
September 15, 2022#DebateDescifrando1 con Aldara Cidrás e Miguel García-FdezEste 48 programa e 15 de setembro iniciamos unha nova andaína e experiencia no mundo do debate e facémolo con Aldara Cidrás de Histagra e Miguel García-Fdez do IEGPS. Abordamos temas como o "victimismo" dos historiadores e historiadoras, a perspectiva de xénero na historiografía galega e o futuro interese das novas xeracións pola nosa historia. Escoitar e disfrutar!...more55minPlay
September 01, 2022O nacemento do provincialismo e a importancia do s. XIX para Galicia, con Xurxo MartínezNeste episodio de Descifrando a Historia, falamos con Xurxo Martínez para que nos explicase o nacemento do provincialismo e a figura de Antolín Faraldo. Tamén rozamos outros temas como o Rexurdimento, que características debemos ter para ser unha naciión e demais. Se queredes saber e comprender a importancia do século dezanove para Galicia e o seu devir, este é o voso episodio...more59minPlay
August 15, 2022Disidencia sexual na Galiza Contemporánea con Daniela FerrándezNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Daniela Ferrández arredor do que hoxe sería o colectivo LGTB desde fai 150 anos. Persecucións, burla nos medios, máis tamén apoio social e mutuo cando máis o necesitaba a xente en tempos difíciles como foi a ditadura franquista. Merece a pena escoitar todo o que di porque fai unha panorámica moi boa desde unha perspectiva pouco empregada pola comunidade de historiadores e historiadoras...more49minPlay
August 01, 2022A importancia de falar da nosa historia para existir con Carlos CallónNeste 44 episodio de Descifrando a Historia falamos con Carlos Callón, historiador e experto en sociolingüistica ademais de autor do "Libro Negro da lingua Galega". Falamos de moitos temas, e todos moi interesantes para entender un pouco máis Galiza, a nosa terra....more55minPlay
July 15, 2022As cantigas e a lírica galego-portuguesa con Mariña Arbor AldeaNeste episodio 42 de Descifrando a Historia, falamos con Mariña Arbor Aldea sobre as cantigas en galego-portugués e a creación da lírica en terras galegas na Idade Media. Explica porque nacen, onde, como e dun xeito sinxelo e ameno que nos axuda a comprender este marabilloso feito histórico....more1h 7minPlay
July 01, 2022Guerra Civil, Franquismo e Transición con Emilio GrandíoNeste episodio número 41 de Descifrando a Historia falamos co profesor de contemporánea na facultade de historia da USC, Emilio Grandío. Os temas que tratamos son a guerra civil, o franquismo e a Transición, onde deixa claro, que non todo foi como o relato que se nos vendeu no seu momento. Narra como Franco foi mudando as súas políticas e cómo deixou todo atado e ben atado...more1h 16minPlay
June 15, 2022Historias e Historia do Café Derby con Fernando FranjoSabías que o Café Derby foi un café moi peculiar? Alí asistiron moitas caras coñecidas da nosa cultura e incluso do propio estranxeiro. Como motivo do seu peche definitivo, aquí, neste podcast, rendémoslle unha pequena homenaxe para que dalgunha forma quede constancia da importancia que tivo na historia e en Compostela. Escoitádeo porque non ten perda este episodio número 40 de Descifrando a Historia....more29minPlay
June 01, 2022Un acercamento á Galicia da Idade Moderna con Ofelia Rey CastelaoA Idade Moderna en Galicia para moitos é pouco interesante e descoñecida. Pero isto rematou, porque aquí falamos coa catedrática de Historia Moderna da USC e danos unhas boas pinceladas de como era esa Galicia dos séculos XV, XVI, XVII e XVIII. Desde a súa economía, pasando pola emigración, ata a posición que ocupaba Galicia para os Borbóns e os Austria....more1h 13minPlay
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 98 episodes available.