Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira... more
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 103 episodes available.
August 01, 2022A importancia de falar da nosa historia para existir con Carlos CallónNeste 44 episodio de Descifrando a Historia falamos con Carlos Callón, historiador e experto en sociolingüistica ademais de autor do "Libro Negro da lingua Galega". Falamos de moitos temas, e todos moi interesantes para entender un pouco máis Galiza, a nosa terra....more55minPlay
July 15, 2022As cantigas e a lírica galego-portuguesa con Mariña Arbor AldeaNeste episodio 42 de Descifrando a Historia, falamos con Mariña Arbor Aldea sobre as cantigas en galego-portugués e a creación da lírica en terras galegas na Idade Media. Explica porque nacen, onde, como e dun xeito sinxelo e ameno que nos axuda a comprender este marabilloso feito histórico....more1h 7minPlay
July 01, 2022Guerra Civil, Franquismo e Transición con Emilio GrandíoNeste episodio número 41 de Descifrando a Historia falamos co profesor de contemporánea na facultade de historia da USC, Emilio Grandío. Os temas que tratamos son a guerra civil, o franquismo e a Transición, onde deixa claro, que non todo foi como o relato que se nos vendeu no seu momento. Narra como Franco foi mudando as súas políticas e cómo deixou todo atado e ben atado...more1h 16minPlay
June 15, 2022Historias e Historia do Café Derby con Fernando FranjoSabías que o Café Derby foi un café moi peculiar? Alí asistiron moitas caras coñecidas da nosa cultura e incluso do propio estranxeiro. Como motivo do seu peche definitivo, aquí, neste podcast, rendémoslle unha pequena homenaxe para que dalgunha forma quede constancia da importancia que tivo na historia e en Compostela. Escoitádeo porque non ten perda este episodio número 40 de Descifrando a Historia....more29minPlay
June 01, 2022Un acercamento á Galicia da Idade Moderna con Ofelia Rey CastelaoA Idade Moderna en Galicia para moitos é pouco interesante e descoñecida. Pero isto rematou, porque aquí falamos coa catedrática de Historia Moderna da USC e danos unhas boas pinceladas de como era esa Galicia dos séculos XV, XVI, XVII e XVIII. Desde a súa economía, pasando pola emigración, ata a posición que ocupaba Galicia para os Borbóns e os Austria....more1h 13minPlay
May 17, 2022Especial Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán, con Miro Villar e Ricardo GurriaránEste 2022 a dedicación das Letras Galegas son para Florencio Delgado Gurriarán, nado en Valdeorras en 1903. Para iso, falamos co seu sobriño e biógrafo Ricardo Guarriarán e con Miro Villar, profundo coñecedor da obra do poeta valdeorrés. Se queredes coñecer máis en profundidade esta figura escoitai este podcast que seguro vos a de axudar....more46minPlay
May 01, 2022O idioma galego baixo o franquismo, con Henrique MonteagudoNeste 37 programa de Descifrando a Historia falamos e debatimos con Henrique Monteagudo sobre a represión que sufriu o galego e a súa convivencia co castelán na ditadura franquista. Desde leis ata sinalar socialmente a quen falaba galego eran os recursos que empregaron os franquistas para despoxar de identidade ao pobo galego e facelo sentir inferior. As consecuencias duran ata hoxe en día, e podémolo observar en múltiples rexistros nos que as persoas galegofalantes sofren moitas veces situacións moi graves....more1h 5minPlay
April 15, 2022Cinema, Galicia, Historia... e demais, con Margarita Ledo AndiónNeste 36 episodio de Descifrando a Historia falamos con Maragrita Ledo Andión. Mantivemos unha bonita conversa arredor do cine galego, da súa historia, da súa proxección, do seu presente, e demais cuestións que dan unha perspectiva diferente a moitos aspectos que nos preocupan e nos interesan a moitos de nós. Merece a pena escoitar a Margarita Ledo Andión sempre, e esta vez non ía ser menos....more54minPlay
April 01, 2022A Galicia Medieval a debate con Anselmo López CarreiraNeste 35 programa de Descifrando a Historia falamos e debatemos con Anselmo López Carreira, experto na historia de Galicia e sobre todo no medievo galego. Falamos de moitas cousas, de Portugal, dos fitos máis importantes do Reino de Galicia na Idade Media, da manipulación das fontes e moito máis....more1h 15minPlay
March 14, 2022Sabemos todo de Castelao? Con Miguel Anxo Seixas SeoaneNeste programa 34 de Descifrando a Historia, falamos arredor de Castelao, unha das figuras galegas máis importantes da nosa historia. Sabemos todo del? A pesar de que cremos que si, despois de escoitar a Miguel Anxo xa non teño a mesma opinión, e Castelao, segue sendo unha figura descoñecida para moitas galegas e galegos. Ínstovos a que escoitedes este programa porque non vos vai deixar indiferente. Saúdos!...more1h 11minPlay
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 103 episodes available.