Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira... more
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 103 episodes available.
March 01, 2022Os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de inicios do XX, con Raquel C. PicoNeste 33 programa de Descifrando a Historia falamos con Raquel C. Pico sobre a súa investigación que levou a cabo grazas aos xornais de inicios do século XX: os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de comezos do pasado século. Todo un descubrimento, que pedían, que dicían, como pensaban, etc. Ademais, despois de escoitar o podcast, recoméndovos o libro que publicou sobre este tema, porque afonda moito máis e apréndese moito....more55minPlay
February 15, 2022A Revolta Irmandiña, o Rei García e demais cuestións medievais con Carlos BarrosNeste 32 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Carlos Barros, sobre varias cuestións da historia medieval que merecen ser relidas e repasadas para comprender mellor o destino dunha Galicia medieval e contemporánea, porque o presente é consecuencia inevitábel do pasado.A revolta irmandiña, o rei García, o culto a Santiago na Idade Media, etc. Todo neste episodio magnífico....more1h 17minPlay
February 02, 2022A vida cotiá en Galicia nos séculos XIX e XX: familia, casa, traballo, ocio... con Xavier CastroEste episodio número 31 pode que sexa un dos máis especiais dos realizados ata agora. Por varios motivos. O primeiro é que nesta nova etapa vannos acompañar como colaboradores do podcast PuntoGal e a empresa de deseño galego OZOCOgz que cren no que aquí facemos con toda a ilusión.O segundo motivo é porque a vida cotiá de Galicia lembroume ao vivido con meus avós cando eu era pequeno. E non só eu, moita xente da miña xeración. Polo tanto, instovos a escoitar esta máis que interesante conversa con Xavier Castro e que a disfrutedes tanto coma eu o fixen....more1h 10minPlay
January 14, 2022Conversa con Luca Chao, a Lei de Memoria Histórica, o auxe da extrema dereita, o Estatuto e máisNeste 30 programa de Descifrando a Historia, falamos coa politóloga Luca Chao, a cal está facendo a súa tese sobre a Lei de Memoria Histórica, por iso nos veu falar sobre este tema. Ademais, a conversa tamén derivou polo nacionalismo ou identidade galega do Partido Popular, polo auxe da extrema dereita e polo Estatuto de Galicia. Programa interesante cunha muller interesante....more40minPlay
January 01, 2022Conversa con Ramón Villares: a emigración, referentes históricos de Galicia, o fenómeno xacobeo e moito máisComezamos o 2022. E xa van 29 programas de Descifrando a Historia. Neste podcast falamos con Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea na USC. Os temas foron moi variados e interesantes, xa que desde unha perspectiva diferente fálanos dos diversos temas históricos de Galicia. Este episodio é o primeiro do ano e non hai mellor maneira de facelo....more1h 15minPlay
December 18, 2021Arte e Historia en Galicia: divulgación, as mulleres e a xuventudeNeste 28 episodio de Descifrando a Historia falamos cas fundadoras de Espazo Brétema e Mulleres Galegas, para falar sobre a situación da nosa historia e da nosa arte, sobre todo desde unha perspectiva da xuventude. Facemos un repaso sobre o difícil e complexo que é divulgar, a muller no mundo da historia e da arte e as oportunidades laborais e futuro que temos a xuventude neste sector....more1h 14minPlay
December 03, 2021As fronteiras históricas de Galicia e a súa evolución con J. M. BarbosaNeste 27 programa de Descifrando a Historia falamos con J. M. Barbosa arredor do seu libro escrito na norma internacional "A evoluçao histórica dos límites da Galiza". Tratamos moitas cuestións e reflexionamos arredor de acontecementos históricos dos que temos ideas preconcibidas. É un moi bo programa para escoitar nestes meses de inverno....more48minPlay
November 14, 2021As mulleres nas Irmandades da Fala (1916-1936) e a muller galega na investigación con Aurora MarcoNeste 26 programa de Descifrando a Historia falamos e conversamos con Aurora Marco, autora de "Irmandiñas" para facer unha análise das mulleres das Irmandades da Fala na política do seu tempo, historias de mulleres moi interesantes e tamén como está tratada a muller galega na investigación actual. Un programa para aprender moito....more57minPlay
November 07, 2021Divulgación, historia de Galicia e microhistoria con Manuel GagoNeste 25 programa de Descifrando a Historia subimos o directo que se fixo con Manuel Gago o 6 de novembro. A conversa foi moi fructífera, falamos de divulgación, de historia local, de historia de Galicia, e contou curiosidades moi interesantes como que aínda pervive no imaxinario colectivo a presenza de romanos e os seus campamentos entre a poboación galega actual. Tamén como querían construír, os romanos, a actual cidade de Lugo noutro emparazamento diferente ao actual....more1h 26minPlay
October 15, 2021Conversa co profesor Bastos: Galicia e a necesidade dunha "lenda branca" (e moito máis)No programa de hoxe de Descifrando a Historia, número 24, falamos co profesor de Ciencias Políticas na USC, Miguel Anxo Bastos Boubeta. Foron moitos os temas, Galicia, a lenda branca, a lenda negra, acontecementos históricos gloriosos de Galicia, como se constrúe o nacionalimo galego e cuestións máis persoais....more47minPlay
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 103 episodes available.