Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira... more
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 103 episodes available.
May 01, 2021O contrabando na raia entre Galicia e PortugalNeste 12+1 episodio de Descifrando a Historia tratamos o contrabando na época de Salazar e Franco, como fixeron transporte ilícito de alimentos para sobrevivir. Grazas aos amigos "Os Contrabandistas" de Radio Metropolitana Porto pola colaboración.Twitter: @DescifrandoHInstagram: descifrandohistoriaSpotify e Podgalego....more38minPlay
April 19, 2021Represión da lingua e da cultura galega durante o franquismoNeste 12 episodio de Descifrando a Historia tratamos a represión da lingua e da cultura galega a partir dun artigo de Matías Rodríguez Da Torre da Universidade de Santiago de Compostela e de Xosé Manuel Baamonde Silva da Universidade de Vigo. Desde a igrexa, a escola, os medios de comunicación e o Estado franquista intentouse reprimir, eliminar e impoñer o uso do castelán desde o seu uso na administración ata no seu día a día, buscando a unidade lingüística do país....more20minPlay
April 01, 2021Reflexións arredor da "Xeración Nós" e moito máis con Camilo ValdehorrasNeste programa de Descifrando a Historia, podemos escoitar unha conversa con Camilo Valdehorras, filólogo e escritor galego, autor "Do mellor de Nós", unha troloxía editada por Hercules Edciones, onde fala do Boletín Nós, entre outras moitas cousas. Esta conversa é perfecta para aprender e desmontar moitos mitos. Simplemente sentarse e escoitar....more55minPlay
March 28, 2021O acceso aos arquivos e o dereito á informaciónNeste décimo programa de Descifrando a Historia, facemos un percorrido curto e breve, pero conciso, acerca do acceso aos arquivos e o dereito a información. Falamos da Constitución de 1978 e outras leis complementarias que existen a día de hoxe no estado español e tamén da Lei de Segredos de 1968. Moi interesante....more11minPlay
March 19, 2021Moncho Reboiras, líder sindical (con Alberte Mera)Neste noveno programa de Descifrando a Historia falamos da figura de Moncho Reboiras, un militante da UPG e líder sindical, que loitaba polos dereitos dos traballadores e contra a opresión franquista. Contamos con Alberte Mera, director do filme "Reboiras. Acción e corazón", para que nos fale acerca del e de todo o que o rodea....more32minPlay
March 01, 2021A polémica da cruz de CelanovaNeste oitavo programa de Descifrando a Historia traemos unha conversa co Comité de Memoria Histórico da comarca de Celanova. Contan a historia da cruz, por que a queren retirar, que pretenden facer despois, con que apoios contan, e cando será posible que se leve a cabo tal procedemento. Recordemos que a cruz de Celanova leva sendo un motivo de polémica desde hai unhas semanas, saíndo nas noticias dos xornais galegos, como Faro de Vigo ou La voz de Galicia....more23minPlay
February 17, 2021Virxinia Pereira, con Montse FajardoNeste programa de Descifrando a Historia, falamos con Montse Fajardo arredor da figura de Virxinia Pereira, a que foi muller de Castelao. Como di Montse, ela non quería que a desvinculasen da figura de Castelao, pero fixo máis ca iso. Recomendamos a lectura do libro Unha vida incerta, e escoitar falar aquí a súa autora pode axudarvos a acabar de convencervos. Todo voso...more32minPlay
February 01, 2021Os suevos en GallaeciaNeste sexto programa de Descifrando a Historia, falamos sobre a presenza dos suevos destacando o máis relevante da súas accións na península. O pacto cos romanos, os conflitos cos visigodos, etc. ata chegar a ser unha simple provincia visigoda no 585 ata o 711, aínda que sempre contou coas súas peculiaridades, recoñecidas dentro do reino visigodo....more21minPlay
January 14, 2021Ouro negro. A febre do wolfram galego durante a II GMNeste curto episodio de Descifrando a Historia, falamos dun aspecto histórico en concreto como foi o wolfram galego na Segunda Guerra Mundial. É interesante como Franco soubo negociar con el, como Hitler o quería a case calquera prezo, e como os aliados cando descubriron as propiedades deste material tamén se lanzaron a por el....more13minPlay
December 21, 2020Josip Broz Tito: Iugoslavia, Stalin, os aliados e máis reflexións acerca desta figura descoñecidaNeste cuarto programa de Descifrando a Historia, falamos con Pablo Martínez Sánchez, para coñecer unha das figuras máis destacadas de Iugoslavia, o cal foi un funambulista na política europea que lle tocou vivir en plena Guerra Fría. A súa vida e a súa historia determinou o seu carácter, sendo gobernante do país durante moitos anos e en palabras do propio invitado "el mesmo non se esperaba durar tanto". Moi interesante, a disfrutar....more32minPlay
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 103 episodes available.