Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Análise da Historia de GaliciaTwitter: @DescifrandoHist Instagram: @descifrandohistoria iVoox e SportifyPor David Gesteira... more
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 98 episodes available.
July 16, 2021Conversa con García Mañá: Existiu unha fronteira entre Galicia e Portugal?E con este xa van 18 programas de Descifrando a Historia. Nel tratamos cuestións referentes á fronteira entre Galicia e Portugal ao longo da Historia desde a conformación do páis luso como reino ata practicamente a actualidade. Se ben é obvio que as diferenzas lingüísticas e culturais son poucas entre ambas rexións soprenderavos aínda máis o que aquí se vai contar....more41minPlay
July 02, 2021Conversa con Xulio Ríos: a metamorfose do PCCh e de China nos 100 últimos anosNeste programa abordamos un tema que non é sobre a Historia de Galicia, pero é dunha importancia global que merece ser analizada. Para iso contamos con Xulio Ríos, o cal publicou un libro sobre a metamorfose do PCCh ao longo dos 100 anos que leva no poder, e como consecuencia, como cambiou China. Como está China tratada polos medios? É China capitalista? Cal será o seu papel no futuro? Todo iso e máis no podcast....more57minPlay
June 15, 2021Os Ancares: pasado presente e futuroNeste 16 programa de Descifrando a Historia chegamos á comarca lucense dos Ancares, para desmitificar todos os estereotipos que existen a día de hoxe sobre ela coma un lugar afastado, idílico e bucólico. Para tal fin, falamos con Lucía Rodríguez, Eva Doroxo e Toño Ñúñez, que buscan dinamizar a zona ancarense e crear futuro para que non se vaian. Abordáronse temas como a fala, o patrimonio, etc....more1h 9minPlay
June 01, 2021O feminismo de Emilia Pardo Bazán, con Marilar AleixandreNeste 15 programa de Descifrando a Hsitoria está como invitada Marilar Aleixandre, escritora e membra da Real Academia Galega, para falar da figura de Emilia Pardo Bazán e o seu feminismo, cen anos despois da súa morte. É realmente interesante como temos un concepto diferente da escriotra que introduxo o naturalismo en España....more1h 17minPlay
May 18, 2021A recuperación do patrimonio galego e a "Tamagania" con Bruno RúaNeste 14 episodio de Descifrando a Historia, falamos con Bruno Rúa, que se dedica a recuperar o patrimonio material e inmaterial da comarca de Monterrei-Verín, a cal el lle chama Tamagania. Facemos un repaso de como naceu este proxecto, que curiosidades se atopou co paso do tempo, como lendas lle axudaron a atopar petroglifos, e moitas máis historias para reivindicar o patrimonio rural galego....more1h 18minPlay
May 01, 2021O contrabando na raia entre Galicia e PortugalNeste 12+1 episodio de Descifrando a Historia tratamos o contrabando na época de Salazar e Franco, como fixeron transporte ilícito de alimentos para sobrevivir. Grazas aos amigos "Os Contrabandistas" de Radio Metropolitana Porto pola colaboración.Twitter: @DescifrandoHInstagram: descifrandohistoriaSpotify e Podgalego....more38minPlay
April 19, 2021Represión da lingua e da cultura galega durante o franquismoNeste 12 episodio de Descifrando a Historia tratamos a represión da lingua e da cultura galega a partir dun artigo de Matías Rodríguez Da Torre da Universidade de Santiago de Compostela e de Xosé Manuel Baamonde Silva da Universidade de Vigo. Desde a igrexa, a escola, os medios de comunicación e o Estado franquista intentouse reprimir, eliminar e impoñer o uso do castelán desde o seu uso na administración ata no seu día a día, buscando a unidade lingüística do país....more20minPlay
April 01, 2021Reflexións arredor da "Xeración Nós" e moito máis con Camilo ValdehorrasNeste programa de Descifrando a Historia, podemos escoitar unha conversa con Camilo Valdehorras, filólogo e escritor galego, autor "Do mellor de Nós", unha troloxía editada por Hercules Edciones, onde fala do Boletín Nós, entre outras moitas cousas. Esta conversa é perfecta para aprender e desmontar moitos mitos. Simplemente sentarse e escoitar....more55minPlay
March 28, 2021O acceso aos arquivos e o dereito á informaciónNeste décimo programa de Descifrando a Historia, facemos un percorrido curto e breve, pero conciso, acerca do acceso aos arquivos e o dereito a información. Falamos da Constitución de 1978 e outras leis complementarias que existen a día de hoxe no estado español e tamén da Lei de Segredos de 1968. Moi interesante....more11minPlay
March 19, 2021Moncho Reboiras, líder sindical (con Alberte Mera)Neste noveno programa de Descifrando a Historia falamos da figura de Moncho Reboiras, un militante da UPG e líder sindical, que loitaba polos dereitos dos traballadores e contra a opresión franquista. Contamos con Alberte Mera, director do filme "Reboiras. Acción e corazón", para que nos fale acerca del e de todo o que o rodea....more32minPlay
FAQs about Descifrando a Historia:How many episodes does Descifrando a Historia have?The podcast currently has 98 episodes available.