O Corno, película dirixida por Jaione Camborda, resultou premiada no Festival Internacional de Cine de Donostia. Supón a primeira victoria dun filme galego (en galego) no circuíto de festivais máis relevantes do panorama internacional. Do seu éxito charlamos coa súa actriz protagonista, Janet Novás.
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abrirá o seu Programa de sala coa estrea absoluta de Apaga o candil, espectáculo coproducido polo FIOT e Contraproducións. Cun pé no humor e outro na emoción, Candido Pazó, un dos dramaturgos galegos máis prestixiosos, narrador e admirador de Carlos Díaz O Xestal, achéganos á figura do singular contador de contos.
Emilio Españadero trasládanos ó Festival de Cultura Tradicional que se celebra estes días en Lugo polo San Froilán.