Martes 13!!! Supersticiosos ou non? Imos curiosear nas orixes desta data e mais no número 13, que trae de cabeza ás aerolineas porque case nadie quer que lle toque este asiento á hora de voar.
Tamén falamos co IES de Valadares. Están de noraboa! Foron galardonados cun recoñecemento da Xunta polo proxecto de vida saudable no que traballaron Educación Física, Matemáticas, Biología, Física y Química, Plástica e tamén a biblioteca. Viu ata o estudio Fernando, o profe de ximnasia.
Coñecemos Portugal? Canto sabemos dela? O Instituto Camoes leva en Vigo 20 anos facendo esta labor. Falamos coa súa responsable, Carla Amado.
Estades pensando nunha mascota para casa? Esta semana no centro comercial Gran Vía coñeceredes algunhas das protectoras e tamén moitas actividades cos cans e os gatos.