Abordamos a parte infantil do Revoltallo
"O Revoltalliño". Xogos, maxia, malabares, teatro de monicreques, contos acompañados de música… as tardes do venres e o domingo.
-Carlos Tomico, o mago vintage. Non desvela os trucos...ohh!!! pero sí a súa refencia: Dai Vernon, o mago que lla xogou a Houdini.
-A Tribo das Concurbitas, unhas cabaciñas que veñen baixando dende Mos e nos levan ata a Prehistoria. Puro teatro!
-Atención "Zona en obras!", contos en construcción con moito ritmo... Brais Das Hortas trae cans de palleiro que se convirten en superstars, extraterrestres...
De San Miguel de Oia veñen Os Bechuchos. Son festeiros. Sábado fan doblete, sesión vermú nos Liñares e sesión canalla no Revoltallo. Por que lle chaman os bechuchos? Iso ven de moi lonxe! Dos "Premios bechuchos" á xente que facía a maior cafrada...
Os Liñares están en festa cun novo concepto de romería. Rockmería, folkmería... canta mais xente variada se xunte, mellor. Resurrectichachachá... esa é a idea!