Fálase

Fálase

By Praza.galNews
Download on the App Store

Fálase episodes

  • Fálase 66 - Entrevista con Jesús Domínguez
    Jesús Domínguez: "Cando o Estado orixina as traxedias pon todos os aparatos de poder para eximir calquera responsabilidade". O presidente da Plataforma de Vítimas de Angrois critica a sentenza absolutoria do cargo de Adif e considera a título persoal que o maquinista condenado non debe entrar na cadea. Unha entrevista de David Reinero e David Lombao en Praza.gal.
    Podes lela enteira aquí
    https://praza.gal/acontece/cando-o-estado-orixina-as-traxedias-pon-todos-os-aparatos-de-poder-para-eximir-calquera-responsabilidade
    14 min
  • Fálase 64 - Entrevista con Jesús Domínguez
    No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, falamos co presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, tras a primeira sentenza sobre o sinistro. "Agora hai unha sentenza que di que aparte do maquinista o responsable é Adif. O ridículo dos nosos gobernantes seus enganos foi terrible", afirma tras un ditame que ve como "un triunfo de todos" porque, de agora en diante, "antes de inaugurar unha infraestrutura sen seguridade vano pensar"
    11 min
  • Fálase 63 - Entrevista con Nicolás G. Casares
    Entrevistamos o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, referente do PSdeG na candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 9X. Con el conversamos sobre o balance do seu labor na Eurocámara en áreas como a reforma do mercado eléctrico e abordamos asuntos como a transición ecolóxica, o proxecto de Altri ou os riscos dun continente gobernado pola dereita e a extrema dereita
    29 min
  • Fálase 62 - Entrevista con Ana Miranda
    Recibimos neste episodio do Fálase a Ana Miranda, eurodeputada do BNG e candidata a seguir séndoo os vindeiros cinco anos. "O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende nesta entrevista, na que que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita
    28 min
  • Fálase 61 - As Letras de Luísa Villalta
    Este ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 2024
    26 min
  • Fálase 60 - Nun bar con máis cuñados
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Yolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán
    34 min
  • Fálase 59 - Da anestesia política galega ao doutor Slump
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición
    22 min
  • Fálase 58 - O que votaron os barrios
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos con Vanesa Vázquez e Miguel Pardo aos barrios máis mozos do país, en Vigo e na Coruña, onde o amplo apoio do BNG levou a non pouca veciñanza a pensar, por unhas horas, que o 18F trouxera consigo o cambo político para Galicia
    36 min
  • Especial Fálase 18F - Entrevista con José Ramón Gómez Besteiro
    O candidato do PSdeG á presidencia asegura percibir "que se reactivan os votantes do Partido Socialista nas locais e xerais que ás veces están parados nas autonómicas" e subliña que o seu partido, como "esquerda que xestiona", pode ter "protagonismo" nun cambio de Goberno que ve perfectamente viable se todo o electorado que quere "poñer fin á perda de oportunidades" para Galicia vai votar o 18F. Con el conversamos sobre o contexto electoral e as súas propostas.
    28 min

About Fálase

From the publisher's feed

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar,…