Fálase

Fálase

By Praza.galNews
Download on the App Store

Fálase episodes

  • Especial Fálase 18F - Entrevista con Ana Pontón
    Volve o Fálase de Praza.gal cun primeiro episodio especial centrado na campaña das eleccións galegas do 18F. No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, entrevistamos á portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón. "O PP baixa e o BNG sobe: se a xente que quere cambio vota, o 18 de febreiro imos sorrir", asegura.
    22 min
  • Fálase 55 - Memoria e fin de tempada
    Neste episodio número 55 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, aproveitamos a fin da tempada para facer un pouco de memoria sobre o 'curso' informativo que remata, que comezou no outono do pasado 2022 e que finaliza aínda coa resaca das eleccións municipais e ollando cara ás xerais. Polo medio, moitas historias e moitos temas que agora lembramos.
    26 min
  • Fálase 54 - A loita das enfermeiras non cesa e unha conversa distinta con Ana Pontón
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor
    32 min
  • Fálase 53 - Anatomía do de Ourense
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, acompáñanos o xornalista ourensán Javier Fraiz para axudarnos a entender un pouco mellor o acontecido en Ourense coas intensas negociacións tras as eleccións municipais, que acabaron desembocando nun novo pacto entre o PP e Jácome, e as súas posibles repercusións locais e galegas
    24 min
  • Fálase 52 - Alfonso de Suíza, alcalde galego
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino
    21 min
  • Fálase 51 - Alcaldías pola esquerda e un goberno progresista que gaña votos
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos as negociacións en marcha para conformar novos gobernos progresistas en múltiples vilas e cidades e escoitamos algo do que nos contou Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, que será reelixida outra volta cos votos de PSdeG e BNG. No espazo de VINTE achegámonos ás Novas Camadas do Festival de Cans, escoitamos a música de Caldo e sabemos do proxecto que quere achegar a política ourensá á mocidade "abandonada"
    28 min
  • Fálase 50 - As municipais foron galegas
    No episodio número 50 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os resultados do 28M co foco en lugares significativos polas maiorías ás que deron lugar as urnas e, sobre todo, porque mantiveron unha dinámica propia que, como os resultados galegos en xeral, non encaixan no 'tsunami' da dereita debuxado para o conxunto do Estado. Da Coruña a Vigo detémonos en Santiago, onde Goretti Sanmartín será alcaldesa polo BNG. Tamén debullamos o resultado da gran batalla de Lugo, onde PSdeG e BNG revalidarán os gobernos do Concello e da Deputación malia á forte aposta do PP provincial
    28 min
  • Fálase 49 - Barreiros, zona cero: do ladrillazo ao cambio político
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, regresamos a Barreiros para repasar o longo percorrido xudicial e político da desfeita urbanística que padeceu este concello mariñao a principios de século co antigo goberno local do PP e falamos coa súa alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, que aspira á reelección tras chegar ao goberno en 2019. Ademais, escoitamos algunhas das impresións máis destacadas de PP, PSdeG e BNG na recta final da campaña do 28M
    23 min
  • Fálase 48 - Claves galegas das eleccións municipais do 28M
    A poucas horas do inicio da campaña do 28M, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o taboleiro electoral local de Galicia e tamén poñemos o foco nalgúns dos puntos clave aos que haberá que ollar con atención na noite dos comicios. Coa redacción do xornal percorremos as cadeiras do poder municipal máis relevantes e non perdemos de vista a outra batalla fundamental, a das deputacións
    35 min
  • Fálase 47 - Folga sanitaria, folga na CRTVG
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o acontecido coa folga médica convocada en solitario por un único sindicato e a contrariedade que xerou nos movementos a prol da sanidade pública e nas centrais sindicais con representación nas negociacións coa Xunta. Falámolo con Manuel G. Moreira, secretario nacional da CIG-Saúde. Ademais, achegámonos á mobilización do persoal da CRTVG, que continúa coas folgas e levou a súa loita ante o Senado
    31 min

About Fálase

From the publisher's feed

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar,…