Fálase

Fálase

By Praza.galNews
Download on the App Store

Fálase episodes

  • Fálase 46 - Falamos de onde vivimos
    O dereito á vivenda regresa ao centro da axenda política coa nova lei estatal ou o plan para alugar a prezo accesible pisos do banco malo. Analizámolo no novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao. Ademais, con VINTE escoitamos as músicas de Ramona, a protagonista de Matria, e anotamos varias citas culturais de interese na Coruña
    30 min
  • Fálase 45 - O que pasa cos autobuses en Galicia e a despedida de Leilía
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, explicamos as diversas fontes de conflito abertas no sector dos autobuses, marcado polos pronunciamentos xudiciais que nas últimas semanas ordenaron á Xunta que sancione a Monbus e Alsa e mais emprenderon dilixencias por prevaricación contra o director de Mobilidade do Goberno galego. Ademais, achegámonos ás Leilía, as pioneiras pandeireteiras que tras tres décadas nos escenarios inician a súa xira de despedida
    27 min
  • Fálase 44 - De Novacaixagalicia a Credit Suisse
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre as actuais turbulencias bancarias e a crise financeira de hai unha década e, da man dunha testemuña directa, lembramos como aquel colapso levou por diante as desaparecidas grandes caixas galegas. Con VINTE descubrimos novas músicas, dende a nova entrega das Miudiño Sessions protagonizada por Lucía Aldao ata a folctrónica de Lontreira, e internámonos por dúas rutas, unha elaborada pola intelixencia artificial e outra ben natural, de Carnota a Noia
    39 min
  • Fálase 43 - Mulleres de Matria
    En vésperas da estrea de 'Matria', de Álvaro Gago, no podcast informativo de Praza.gal, con David Lombao e Ana G.Liste, xuntamos á súa protagonista, María Vázquez e mais a Francis Iglesias, a muller na orixe da historia do filme, nunha conversa cómplice que transloce unha esperanza: que haxa mulleres que, ao vela, "peten co pé no chan e digan ata aquí, eu tamén estou vivindo iso e non aguanto máis"
    34 min
  • Fálase 42 - Se Gary Lineker saíse na TVG
    Mentres o caso Lineker axitaba a BBC, na CRTVG desenvolvíase unha nova folga de persoal. No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre ambos conflitos, escoitamos as razóns do comité intercentros dos medios públicos galegos para mobilizarse conversando coa súa voceira, Raquel Lema, e repasamos os motivos do director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, para rexeitar todos os seus argumentos
    39 min
  • Fálase 41 - Vento público na eólica mariña
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, explicamos o aprobado nos plans de ordenación do espazo marítimo relativo á eólica mariña e co profesor Pedro Varela sabemos da importancia da participación pública nos proxectos para "socializar os beneficios". Con VINTE, sabemos máis de 'Matria', o filme de Álvaro Gago antes da súa chegada ás salas de cinema e percorremos a Terra do Medio a través de dúas atractivas e gorentosas rutas
    36 min
  • Fálase 40 - As voces que aínda contan Angrois e o seu xuízo
    No episodio número 40 do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, xuntamos tres xornalistas que continuaron informando sobre o accidente de Angrois cando os focos se apagaron e que agora están seguindo moi de preto todo o que sucede no xuízo polo sinistro. Con David Reinero, Aida L. Rosell e Pablo González repasamos máis destacado do acontecido no groso da parte penal do proceso e o que está por vir
    38 min
  • Fálase 39 - A sanidade pública reborda no Obradoiro e un fito histórico para o cinema galego
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, facemos balance da concorrida manifestación de SOS Sanidade Pública falando co seu voceiro, Manuel Martín, e mais escoitando as impresións do Goberno do PP, do BNG e do PSdeG. Con VINTE, achegámonos á unha ollada 'queer' á cultura de club en Portugal e anticipámonos ao fito histórico que vén na Berlinale con dous filmes galegos
    39 min
  • Fálase 38 - Así nos movemos e sanidade na rúa
    Neste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos os datos que trazan a radiografía da mobilidade en Galicia e coñecemos os motivos que levan a plataforma SOS Sanidade Pública a volver manifestarse este 12 de febreiro escoitando o seu voceiro, Manuel Martín, e tamén as posturas ao respecto do Goberno galego, do BNG e do PSdeG.
    26 min
  • Fálase 37 - Un resumo do eólico e unha deliciosa viaxe
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, resumimos e poñemos contexto ás autorizacións ambientais de parques eólicos da Xunta e do Estado das que tanto se leva falado nas últimas semanas e, con VINTE, achegámonos a unha serie de roteiros de turismo próximo pola provincia da Coruña, con moito para descubrir e saborear
    26 min

About Fálase

From the publisher's feed

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar,…