Fálase

Fálase

By Praza.galNews
Download on the App Store

Fálase episodes

  • Fálase 36 - Unha derruba na Mariña e un 'milagre' en Fitur
    Neste episodio do podcast informativo de Praza sabemos máis dos problemas de mobilidade na Mariña, que volveron quedar ao descuberto coa caída dun tramo de estrada entre Foz e Burela, e das eternas promesas para mellorala. Tamén nos achegamos á Feira Internacional de Turismo, onde falamos con Xosé Regueira, responsable desta área na Deputación da Coruña, e escoitamos a Rebeca Baceiredo reflexionar ao fío dun autotune na cultura galega
    29 min
  • Fálase 35 - Sen cartos para o agro ecolóxico e o asalto á fama de Feijóo
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos o problema creado pola Xunta ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas ao non orzamentar fondos dabondo nas axudas xa previstas para o sector, do que sabemos máis coa gandeira Ana Corredoira. Ademais, lembramos o tempo en que Feijóo se sumou aos manifestantes do PP que irromperon no recinto do Parlamento galego e, con Rebeca Baceiredo, reflexionamos sobre arte, moral e xénero ao fío dunha das grandes controversias musicais e sentimentais dos últimos tempos (si, o de Shakira e Bizarrap)
    24 min
  • Fálase 34 - Esta calor non é normal
    Coñecemos como durante case 300 días do pasado 2022 as temperaturas foron máis altas do normal en cidades galegas como Vigo, Santiago ou Ourense e analizamos como a seca foi un dos factores que provocou unha maior dependencia do gas na produción enerxética. Ademais, con VINTE, escoitamos a versión máis tropical de Projecto Mourente
    33 min
  • Fálase 33 - Alá vai o 22
    No derradeiro episodio do Fálase en 2022 facemos algo que, se cadra é tan pouco orixinal como lanzar un pódcast neste ano que remata... No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, botamos a vista atrás para repasar algo do que nos deixa o ano e tamén para coller folgos para o 23, que disque vai ser intenso… Facémolo coa hemeroteca de Praza, cos sons que pasaron polo Fálase e cos destaques de fin de ano que preparou VINTE
    37 min
  • Fálase 32 - Cautelarísimas antes do Nadal
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto ao veto do Tribunal Constitucional fronte á reforma para renovalo; con Carlos Amoedo sabemos máis da importancia política e xurídica do veto e da súa posible evolución. Ademais, achegámonos ao Nadal de Vigo e ás súas múltiples facianas
    32 min
  • Fálase 31 - Por que "non hai médicos" e unha peli de terror
    No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos como a saturación e a falta de persoal nos centros de saúde do Sergas atrancan a formación de profesionais chamados a paliar, precisamente, esa mesma saturación. Ademais, con VINTE, coñecemos novas músicas e motivos para ver no cinema 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta
    32 min
  • Fálase 30 - Cultura galega con ruído de fondo
    No trixésimo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, visitamos a Culturgal dende o posto da Fundación Praza Pública. Alí conversamos con Eva Alonso, a súa directora, sobre os retos do sector cultural e da propia feira e recibimos a Berta Dávila e Carlos Meixide, que nos falan do primeiro ano da súa editora, Rodolfo e Priscila, e dunha das súas novidades máis destacadas, 'A festa equivocada', de Fran P. Lorenzo
    21 min
  • Fálase 29 - O Prestige ecoa en Europa e músicas para desvirtualizarse
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, sobre a conferencia que organizou na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige. Con VINTE, coñecemos músicas como o novo de Ataque Escampe e contámosvos onde nos podemos ver no 'mundo real', a comezar pola Culturgal
    31 min
  • Fálase 28 - Os primeiros do chapapote e (re)construír a memoria
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, lembramos os primeiros mariñeiros que, hai agora vinte anos, se botaron ao mar para tentar frear o chapapote do Prestige nas costas galegas. Tamén coñecemos máis dunhas das iniciativas de Praza para recordar a catástrofe e achegámonos aos contidos da xornada organizada en Bruxelas por Ana Miranda, eurodeputada do BNG, ao fío do vixésimo aniversario do naufraxio do petroleiro
    28 min
  • Fálase 27 - As palabras do Prestige e memoria de nós en internet
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos ao glosario colectivo que a asociación Unha Gran Burla Negra elaborou ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige e tamén escoitamos algo do que dicían os gobernantes da época. Ademais, tamén en clave de memoria, con VINTE coñecemos o videoensaio no que María Yáñez traza unha historia underground da internet galega.
    37 min

About Fálase

From the publisher's feed

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar,…