Fálase

Fálase

By Praza.galNews
Download on the App Store

Fálase episodes

  • Fálase 16 - Todos os nomes do presidente e unha reportaxe de premio
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os nomes e perfís do novo círculo de nomes do presidente da Xunta, esas persoas que adoitan estar lonxe dos focos pero sen as que é imposible comprender como se organiza e exerce o poder político en Galicia. Tamén sobre a reportaxe de Ana G. Liste na que abordamos o impacto da tensión familiar pola COVID na infancia, galardoada co Premio de Comunicacón Xoán Vicente Viqueira
    28 min
  • Fálase 15 - Agro sen terra e afacerse á festa
    Tras a perda de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil en apenas vinte anos, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, buscamos entender por que amplas superficies do campo galego deixaron de utilizarse para producir alimentos. Con VINTE, escoitamos músicas dende o Día das Letras a Eurovisión pasando polo FaCeLa Fest de Lugo ou un concerto de Ortiga en Santiago, observamos disidencias téxtiles e poñemos rumbo ao Festival de Cans
    37 min
  • Fálase 14 - Sen marisco na ría e con Rueda na Xunta
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ás causas da profunda crise no marisqueo da ría de Arousa, con caídas de ata un 70%, e repasamos o máis destacado do discurso de investidura de Alfonso Rueda como candidato á presidencia da Xunta e das reaccións de BNG e PSdeG
    22 min
  • Fálase 13 - De onde vén Rueda e a celebración da intimidade
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ao perfil do vindeiro presidente da Xunta dende as súas ligazóns familiares coa política e os seus cargos nos tempos de Fraga ata a actualidade, pasando polo seu papel nas campañas de Feijóo. Con VINTE achegámonos a unha manchea de novidades artísticas e a moita música, do novo de Blanco Palamera ao hit do verán de Ortiga e Pili Pampín
    26 min
  • Fálase 12 - Xustiza en Angrois
    Tras coñecerse a data na que comezará o xuízo polo accidente de Angrois, no Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, refrescamos o contexto do sucedido, escoitamos as voces dos dous acusados e falamos con Jesús Domínguez, presidente da asociación de vítimas Alvia 04155
    24 min
  • Fálase 10 - Entrevista con Formoso e dez anos do incendio nas fragas
    No décimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, escoitamos o máis destacado da entrevista que nos concedeu o secretario xeral do PSdeG e regresamos ás fragas do Eume dez anos despois do incendio para escoitar as voces da veciñanza e dos movementos ecoloxistas e analizar carencias que aínda persisten nel, a comezar pola ausencia do plan reitor ao que obriga a lei
    22 min
  • Fálase 9 - A sanidade de Feijóo e bombas de chocolate
    No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, facemos balance da política sanitario nos 13 anos da presidencia de Feijóo e escoitamos como o ven Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, e Aurora Magán, das Enfermeiras Eventuais en Loita. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE cun "non á guerra" en forma de conto infantil
    27 min
  • Fálase 8 - Emerxencia no campo e o que quedou da Pokémon
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos á crise que abafa o sector agrogandeiro por mor da pronunciada suba dos custos de produción e, ao fío do arquivo da última causa xudicial que atinxía o ex-alcalde lucense López Orozco, lembramos o que foi a operación Pokémon e o que queda dela máis dunha década despois
    20 min
  • Fálase 7 - Regreso ao futuro de Feijóo e melodías distópicas
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos a sorpresa que causa nalgúns eidos o ton de Feijóo como candidato ao liderado do PP e tiramos fíos que nos levan á primeira campaña electoral na que optou á presidencia da Xunta, no ano 2009. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE, dende o Festival da Canção a unha manchea de novidades musicais e ás interioridades dun libro a piques de ver a luz
    28 min

About Fálase

From the publisher's feed

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar,…