Fálase

Fálase

By Praza.galNews
Download on the App Store

Fálase episodes

  • Fálase 26 - Números importantes e aburridos e mais unha sonata
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, poñemos pausa e contexto para explicar o fundamental dos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano vindeiro: o que sobe, o que baixa, o que se mantén e o que inflúe nas nosas vidas, que é case todo. Contra o remate escoitamos unha sonata para coñecer o que nos contou James Rhodes durante a súa estancia na Coruña
    25 min
  • Fálase 25 - Pagos na escola concertada e recortes no escenario
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, sabemos máis dos pagamentos esixidos ás familias en colexios concertados malia estar vetados pola lei, despois do estudo que os detecta en oito e cada dez destes centros en Galicia. No espazo de VINTE coñecemos mellor á actriz Isabel Garrido e achegámonos a novas historias da mocidade lucense, desta volta no eido dos movementos sociais
    29 min
  • Fálase 24 - Angrois a xuízo e facerse visible no espazo público
    Neste episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, abordamos o inicio do xuízo polo accidente de Angrois e ordenamos feitos, refrescamos datos e poñemos contexto sobre o acontecido coa axuda de David Reinero. Con VINTE, achegámonos ao proxecto A porta aberta da artista Lúa Gándara e escoitamos as músicas ao vivo de Grampoder
    30 min
  • Fálase 23 - Os papeis de Meirás e a incerteza da Citroën
    No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, coñecemos a importancia da documentación que quedou en Meirás e que agora reclama o Estado no marco da súa demanda xudicial polos bens do pazo. Tamén nos detemos na problemática que arrodea o persoal de Stellantis en Vigo, marcado polas paradas puntuais e a inestabilidade
    26 min
  • Fálase 22 - A conciliación é mentira e historias da mocidade de Lugo
    No primeiro episodio da segunda temporada do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos aos malabares das familias para conciliar no inicio do primeiro curso 'normal' tras a COVID, escoitando varios testemuños e conversando con Sabela Losada, politóloga experta en igualdade e en políticas de coidado con enfoque de xénero. Con VINTE coñecemos o que se está a mover en Lugo a través de moitas historias da súa xente moza
    42 min
  • Fálase 21 - O que cobra un médico e músicas para o verán
    No episodio final da primeira temporada do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, contrastamos as afirmacións do presidente da Xunta sobre o salario do persoal médico de familia no Sergas e, con VINTE, percorremos unha manchea de músicas para este verán
    29 min
  • Fálase 20 - O viaduto
    Neste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto á derruba no viaduto da A-6 ás portas de Pedrafita para tentar entendelo mellor e tirar fíos sobre o que pode acontecer. Ademais, co enxeñeiro e profesor Manuel Herrador coñecemos máis sobre este tipo de viaduto, os seus problemas máis habituais e a importancia da transparencia nas pescudas como as que agora se inician na A-6
    24 min
  • Fálase 19 - Os millóns perdidos nas caixas e novas xeracións para a música galega
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos o que nos contaron as autoridades sobre o rescate bancario hai agora dez anos e lembramos o impacto que tivo nas caixas galegas, falando tamén con Noa Presas (BNG) e Pablo Arangüena (PSdeG), membros da paralizada comisión de investigación sobre a desaparición de Caixanova e Caixa Galicia. Ademais, con VINTE, escoitamos moitas músicas que arrecenden a verán, anotamos varias festas na axenda e coñecemos a historia de dúas mozas ucraínas acabadas de chegar á Coruña
    33 min
  • Fálase 18 - O autogoberno que nos prometeran e familias que acollen
    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos as promesas en materia de autogoberno coas que Feijóo e Rueda chegaran á Xunta ao fío da reactivación do debate polas competencias sobre o litoral. Ademais, ao fío do Día do Acollemento Familiar, escoitamos as voces de familias de acollida e das asociacións e profesionais que as apoian
    25 min

About Fálase

From the publisher's feed

Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar,…