O 13 de febreiro celébrase o día internacional da radio, grazas á declaración da UNESCO en 1946. Aquí vai esta pequena nosa homenaxe ao medio que, máis de cen anos despois, continúa a estar de plena actualidade. Reinventándose, máis a voz manda e mesmo está de moda, sabédelo vós ben, escoitando este e outros podcast. Para falarmos de radio local e municipal falamos con Enrique San Fiz, director de Radio Fene e secretario da Asociación de Emisoras Galegas (EMUGA), que agrupa a un total de 25 emisoras. Logo, no estudio alaricano, é o momento de conversar uns minutos co técnico habitual e voz da información local dende hai máis de 30 anos, Carlos Fernández, que nos conta como foi a cousa evolucionando neste tempo todo. Atravesamos a raia seca tamén para dialogar con Mariana Carvalhais, traballando na radio municipal de Chaves e comarca. No final, un tema clásico, versionado polo coro do "Colegio Loreto": Radio Ga Ga.
Por moitos anos máis... viva a radio!!