Hoxe toca falar de música tradicional adaptada aos novos tempos e aos novos estilos. Vamos até Arzúa (CO), e estamos con MJ Pérez, polifacética cantautora galego-portuguesa con máis de 200 concertos ás súas costas, premios (Aritmar, Xuventude Crea, Martin Codax, Música de Raíz) e mesmo incursións no audiovisual (videoclips, curtas e documentario sobre a figura de Inés de Castro) Ao mesmo tempo, súmanse ao programa 3 membros do grupo de adufes, acordeóns e percusións do Porto (CRUA) Son Bárbara Trabulo, Diana Ferreira Martins e Rita Só, que nos contan como son as súas músicas (con forte inspiración galega, como o tema "Barciademera" que escoitamos), como anda o momento folk no norte portugués e, sobre todo, como foi a incrible colaboración con MJ Pérez no tema "Ora aperta, amor", co que nos despedimos. Todo un luxo!