Nesta nova edición do Galiportus viaxamos até un oceano de emocións musicais e culturais da man de Noemi Vazquez, filóloga e ideóloga dunha sala de concertos, centro social, taberna, sala de exposicións e centro de ensino de música tradicional. Trátase da Arca da Noe, referencia galega do folk e da música tradicional que celebra o seu 9º aniversario cun libro cd presentado tamén da man de Irene Veiga, mestra, activista e escritora do conto que alimenta o dito libro: Oceanoe, travessia polo mar das Antelas. Por último, e desde Setúbal, tamén falamos con Celina da Piedade, acordeonista, cantora e compositora que nos conta cousiñas das súas músicas, alén de como foi o paso por ese lugar tan especial chamado Arca da Noe... e localizado en Vilar de Santos, Ourense (a 30' da raia de Tourém), toda unha referencia tamén a nivel lusófono.