Sempre que se achega esta época do ano, na primavera (ou no outono), xorden as mesmas preguntas: por que (ou para que) cambiar a hora?
Cales son as implicacións destas cuestións no que respecta o impacto enerxético ou a vida das persoas? A maioría da poboación parece non querer a mudanza estacional da hora. En relación con isto, moitos son os que, de vez en cando lanzan aquilo de... deberia ter Galiza a mesma hora de Portugal?
Agora ben, perante tanta opinión sen fundamento, quixemos falar cos que máis saben do tema. Conversamos co galego Jorge Mira, investigador, divulgador científico e doutor en física pola USC, membro da RAG e da comisión do goberno español para a análise da hora oficial. Maís fuso horario non é o mesmo que hora oficial, e tamén contamos no programa co doutorado portugués en astronomía, profesor do dpto. de física da Fac. CC. da Univ. Lisboa, Rui Agostinho. Rui foi, ademais, o responsábel do Observatório Astronómico de Lisboa e, asimesmo, o encargado do mantemento da hora legal e do servizo de distribución da hora legal portuguesa.
En fin, só temos que ouvir o que nos contan e facernos unha idea, desmentindo así falsos mitos sobre a hora! Unha gozada, coa música final de Manu Chao, co seu mítico "Qué horas son, mi corazón?".