Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha a proposta "Lemos para ti".Desde este programa, compartiremos le... more
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.
August 25, 2020Lemos para ti: "O último barco"Fragmento de lectura da obra “O último barco” do recoñecido escritor Domingo Villar (Vigo, 1971). Publicada na Editorial Galaxia no ano 2019, esta novela de intriga presenta un novo caso do inspector de policía Leo Caldas, personaxe protagonista das obras que a preceden: “Ollos de auga” (Galaxia, 2006) e “A praia dos afogados” (Galaxia, 2009)....more3minPlay
August 20, 2020Lemos para ti: "Las medias rojas"Lectura do relato breve “Las medias rojas” da prolífica escritora, periodista e catedrática Emilia Pardo-Bazán (Coruña, 1851 – Madrid, 1921), considerada unha das mellores novelistas da historia da literatura española. Este conto -escrito por Pardo-Bazán en 1904 coa violencia, o abuso e o sometemento forzado da muller como temas principais- está incluído na obra “Mujeres al borde de un ataque de cuentos”, publicado en 2019 con ilustracións de Candela Ferreira Peixoto....more7minPlay
August 18, 2020Lemos para ti: "Airiños airiños aires"Lectura do poema “Airiños airiños aires” dunha das figuras referentes da literatura e cultura galegas como é a nosa Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885). Este poema está incluído na súa obra “Cantares gallegos”, publicada orixinalmente o 17 de maio de 1863, data que se toma como referencia para a celebración do Día das Letras Galegas....more4minPlay
August 13, 2020Lemos para ti: "Casida de la muchacha dorada"Lectura do poema “Casida de la muchacha dorada” do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936), un dos escritores españois máis lidos de todos os tempos. Este poema está incluído na obra “12 poemas”, un álbum ilustrado por Gabriel Pacheco e publicado na editorial Kalandraka, galardonado co Premio Fundación Cuatrogatos 2015....more3minPlay
August 11, 2020Lemos para ti: "El valle de los avasallados"Fragmento de lectura da primeira novela publicada do escritor e dramaturgo canadense Réjeam Ducharme (Quebec, 1941 – Montreal, 2017): “L'avalée des avalés”, traducida ao castelán baixo o título “El valle de los avasallados”. Publicada orixinalmente en 1966, esta obra recibiu o Prix du Gouverneur General (Canadá) e o Premio Goncourt (Francia)....more3minPlay
August 06, 2020Lemos para ti: "El eclipse"Lectura do relato breve “El eclipse”, de Augusto Monterroso (Tegucigalpa, 1921 – Ciudad de México, 2003), un dos autores latinoamericanos máis recoñecidos a nivel internacional. Este relato está incluído no libro “Obras completas y otros cuentos”, publicado na editorial Anagrama....more3minPlay
August 04, 2020Lemos para ti: "O herdeiro da China"Lectura do relato “O herdeiro da China”, incluído no libro “Merlín e familia i outras historias” dun dos grandes autores da literatura galega, Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) ao que se lle dedicaron as Letras Galegas en maio de 1991. A obra foi publicada orixinalmente na Editorial Galaxia no ano 1955....more4minPlay
July 30, 2020Lemos para ti: "La loca de la casa"Lectura dun fragmento da novela biográfica “La loca de la casa” da escritora e xornalista Rosa Montero (Madrid, 1951). A obra, publicada na editorial Alfaguara no ano 2003, foi galardoada co Premio Qué Leer 2004 ao mellor libro do ano, co Premio Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia no 2005 e Premio Roman Primeur (Francia) no 2006. Máis información no dossier: https://www.calameo.com/read/0034921278983358c5f26....more4minPlay
July 28, 2020Lemos para ti: "Un amor"Fragmento de lectura da novela da vida cotiá “Un amor” do escritor catalán Alejandro Palomas (Barcelona, 1967). A obra, publicada en Ediciones Destino, foi galardoada co Premio Nadal de Novela no ano 2018....more3minPlay
July 23, 2020Lemos para ti: "Amor é unha palabra coma outra calquera "Fragmento de lectura da novela “Amor é unha palabra coma outra calquera” do recoñecido escritor e editor vigués Francisco Castro. A obra, publicada na Editorial Galaxia no ano 2016, combina intriga e suspense e convida ademais á reflexión sobre o concepto do amor a través da vida de Carla, a protagonista da mesma....more3minPlay
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.