Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha a proposta "Lemos para ti".Desde este programa, compartiremos le... more
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.
June 25, 2020Lemos para ti: "El amor del revés"Fragmento de lectura da novela autobiográfica “El amor del revés” do escritor Luisgé Martín (Madrid, 1962) e publicada na colección "Narrativas hispánicas" da editorial Anagrama no ano 2016. Nesta obra, Luisgé relata a historia da asunción da súa homosexualidade na España de 1977....more4minPlay
June 24, 2020Lemos para ti: "Elisa e Marcela"Lectura dun fragmento do prólogo -escrito por Manuel Rivas- da obra "Elisa e Marcela: amigas e amantes" do catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña e escritor, Narciso de Gabriel. Publicada en galego no ano 2019 por Xerais....more3minPlay
June 23, 2020Lemos para ti: "Sonetos del amor oscuro"Lectura dos sonetos “El poeta dice la verdad”, “El poeta pide a su amor que le escriba“, “El poeta habla por teléfono con el amor” e “El amor duerme en el pecho del poeta“, incluídos na obra “Sonetos del amor oscuro” do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936). Adscrito á xeración do 27, Lorca é un dos poetas españois máis lidos de todos os tempos. Os seus sonetos foron escritos nos seus últimos anos, entre 1935 e 1936, e viron a luz de maneira póstuma....more5minPlay
June 18, 2020Lemos para ti: "Me gusta andar de noche las ciudades desiertas"Lectura do poema “Me gusta andar de noche las ciudades desiertas” da poeta, dramaturga e escritora da xeración do 27, Concha Méndez Cuesta (Madrid, 1898 – México, 1986). Integrante de “Las Sinsombrero”, Concha Méndez foi pioneira na defensa dos dereitos da muller....more4minPlay
June 16, 2020Lemos para ti: "La guerra esperada"Lectura do relato “La guerra esperada” do escritor, activista ecoloxista e impulsor da Revista Soberanía Alimentaria, Gustavo Duch Guillot (Barcelona, 1965). Este relato forma parte da obra “Mucha gente pequeña”, publicada en Pol·len Edicions no ano 2013....more5minPlay
June 11, 2020Lemos para ti: "Hombre preso que mira a su hijo"Lectura do poema "Hombre preso que mira a su hijo", do novelista, poeta, dramaturgo e crítico uruguaio pertencente á Xeración do 45, Mario Benedetti (Paso de los Toros, 1920 - Montevideo, 2009)....more4minPlay
June 09, 2020Lemos para ti: "A ira dos mansos"Fragmento de lectura da novela “A ira dos mansos” do escritor e médico vigués Manuel Esteban (1971). A obra, galardoada co Premio Xerais de Novela no ano 2016, enmárcase dentro do xénero de novela negra, cun claro enfoque social e crítico que nos convida á reflexión e á superación de prexuízos....more4minPlay
June 04, 2020Lemos para ti: "Bibliópatas e fobólogos"Fragmento de lectura do relato "A casa tomada", incluído no libro "Bibliópatas e fobólogos" da escritora coruñesa Emma Pedreira (1978). Unha obra publicada na Editorial Galaxia e galardonada co Premio da Crítica Española de Narrativa Galega no ano 2017....more3minPlay
June 02, 2020Lemos para ti: "Diáspora do amor balea"Lectura do poema “Fotosíntese”, incluído no libro “Diáspora do amor balea” de Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) e María Rosendo Priego (Vigo, 1984). Esta obra, publicada na editorial Caldeirón no ano 2018 foi gañadora do XII Premio de Poesía Erótica Illa Sisargas (2017)....more2minPlay
May 28, 2020Lemos para ti: "Contos da Coruña"Fragmento de lectura do relato “Saúde e arroutada”, incluído no libro “Contos da Coruña” do músico, cantante, locutor e escritor Xurxo Souto (A Coruña, 1966). A obra, publicada na editorial Xerais, convida aos lectores e lectoras a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria da cidade da Coruña e dos seus barrios....more4minPlay
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.