Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha a proposta "Lemos para ti".Desde este programa, compartiremos le... more
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.
May 26, 2020Lemos para ti: "Un amor pequeño"Fragmento de lectura da novela “Un amor pequeño” (Anagrama, 2004) do escritor e director da Escola Contemporánea de Humanidades Alejandro Gándara (Santander, 1957). Unha obra sobre a natureza do amor nunha sociedade gobernada polo diñeiro e a ditadura do presente....more4minPlay
May 21, 2020Lemos para ti: "O que non sabías"Fragmento da lectura da novela "O que non sabías" da autora tinerfeña Elba Pedrosa (Santa Cruz de Tenerife, 1973). Esta novela, de corte intimista, é unha novidade do mes de marzo da colección Narrativa da Editorial Xerais....more7minPlay
May 19, 2020Lemos para ti: "Non hai noite tan longa"Fragamento de lectura da novela de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016), "Non hai noite tan longa". Obra publicada pola editorial Xerais no ano 2011 e recoñecida cos seguintes galardóns: Premio Redelibros ao mellor libro de ficción, Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos, Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011, Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción do ano 2011 e Premio Losada Diéguez (creación Literaria) do ano 2012....more2minPlay
May 16, 2020Lemos para ti: "Cartas a Lelo"Fragmento de lectura da novela "Cartas a Lelo" de Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, Pontevedra, 1928 - Gres, 2015), publicada orixinalmente en Edicións do Castro en 1971. Neira Vilas foi recoñecido co Premio da Crítica Galega e é o autor da novela máis traducida e máis vendida da literatura galega: "Memorias dun neno labrego"....more2minPlay
May 16, 2020Lemos para ti: "A filla da patrona"Fragmento de lectura da novela "A filla da patrona", de Xoan Xesús González, mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego nado en Sebil (Cequeril, Cuntis) no ano 1895 e finado en Santiago de Compostela no ano 1936....more3minPlay
May 15, 2020Lemos para ti: "Agarda longa ao sol"Lectura do relato breve "Agarda longa ao sol", recollido no libro "Vento ferido" do escritor ourensán Carlos Casares (Ourense, 1941 - Nigrán, 2002). A obra inclúe un total de doce relatos breves e foi publicada inicialmente no ano 1967 pola Editorial Galaxia....more3minPlay
May 15, 2020Lemos para ti: "Elexías a Lola"Lectura dun fragmento do poemario "ELexías a Lola" da autora galega Xohana Torres Fernández. Poeta, dramaturga e escritora, Xohana é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX, recoñecida co Premio da Crítica, en 1980, polo poemario "Estacións ao mar"....more3minPlay
May 14, 2020Lemos para ti: "Remexido de patacas"Fragmento de lectura da novela de corte social "Remexido de patacas" da polifacética autora galega Eli Ríos (Londres, 1976). A obra, gañadora do XL Premio Modesto R. Figueiredo, foi publicada pola editorial Baía no ano 2019....more5minPlay
May 13, 2020Lemos para ti: "O pirata Moitabarba"Lectura da historia de transmisión oral "O pirata Moitabarba" recollida no libro "Contos para nenos que dormen deseguida", de David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos López (Boimorto, A Coruña, 1967), dous humoristas gráficos máis coñecidos por Pinto Chinto. O libro foi publicado na editorial Kalandraka e contén un total de vinte e oito contos breves....more3minPlay
May 12, 2020Lemos para ti: "Deitado frente ao mar"Lectura de poema "Deitado frente ao mar" do escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1914 - Vigo, 1979), máxima figura da poesía social e políticamente comprometida coa cultura de Galicia....more3minPlay
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.