Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha a proposta "Lemos para ti".Desde este programa, compartiremos le... more
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.
July 21, 2020Lemos para ti: "A caixiña dos rancores"Lectura dun fragmento de lectura da obra “A caixiña de rancores: (vidas cruzadas)” , do escritor e docente de Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974). A novela, publicada na Editorial Xerais, foi galardoada co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015....more4minPlay
July 16, 2020Lemos para ti : "As meigas de Lupa"Fragmento de lectura do libro de literatura infantil e xuvenil "As meigas de Lupa", da recoñecida escritora e xornalista María Solar (Santiago de Compostela, 1970). A obra foi publicada orixinalmente na colección Fóra de Xogo da Editorial Xerais no ano 2012....more4minPlay
July 14, 2020Lemos para ti: "O delito de Tomás"Lectura do relato “O delito de Tomás”, incluído no libro de contos “Xente no rodicio” dun dos escritores máis sobranceiros da nosa literatura, Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928 – Ibídem, 2015). A obra foi inicialmente publicada no ano 1965 na colección Illa Nova da Editorial Galaxia e recolle unha escolma de vinte contos que mesturan desengano, humor e piedade....more4minPlay
July 09, 2020Lemos para ti: "El hombre del balcón"Fragmento de lectura da novela de intriga ambientada en Estocolmo “El hombre del balcón”, da escritora e tradutora Maj Sjöwall (1935 – 2020) e do tamén escritor e xornalista sueco Per Wahlöö (1926-1975). Esta obra é a terceira novela da serie negra protagonizada polo detective da policía sueca Martin Beck....more4minPlay
July 07, 2020Lemos para ti: "A santa compaña"Lectura dun fragmento do relato “A santa compaña”, de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – Ibídem 1976), unha das grandes figuras da literatura galega que formou parte da Xeración ou Grupo Nós. Este relato está incluído na “Antoloxía de literatura fantástica en lingua galega” publicada na editorial Galaxia no ano 1993, con introdución e selección de Antón Risco....more4minPlay
July 02, 2020Lemos para ti: "Danza da lúa en Santiago"Lectura do poema "Danza da lúa en Santiago", incluído na obra "Seis poemas galegos" do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936). Adscrito á xeración do 27, Lorca é un dos poetas españois máis lidos de todos os tempos....more2minPlay
June 30, 2020Lemos para ti: "El corazón perdido"Lectura do relato “El corazón perdido”, incluído na obra “El corazón perdido y otros relatos”, da novelista, xornalista, ensaísta e crítica introdutora do naturalismo en España Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921)....more6minPlay
June 28, 2020Lemos para ti: "Poema inédito de Lucía Aldao"Lectura dun poema inédito da poeta, cantante, guitarrista e guionista coruñesa Lucía Aldao (1982), que traballa profesionalmente na poesía escénica xunto á tamén poeta María Lado. No ano 2018 sae á luz o seu primeiro libro de poemas en solitario “Todo isto antes era noite”, publicado en Apiario....more1minPlay
June 27, 2020Lemos para ti: "A Virginia le gustaba Vita"Fragmento de lectura dunha das moitas cartas que intercambiaron a escritora Virginia Woolf e a súa amante, tamén escritora, Vita Sackville-West. Recollidas na novela “A Virginia le gustaba Vita”, que recrea a apaixonada historia de amor entre ambas escritoras pola autora Pilar Bellver (Villacarrillo, Jaén, 1961)....more5minPlay
June 26, 2020Lemos para ti: "Transmatria"Lectura do poema “A transmatria ficaba nun outeiro”, incluído na obra “Transmatria” de Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970), escritor e docente de lingua e literatura galega. O poemario, publicado na editorial Xerais, foi galardoado co Premio Johán Carballeira en 2018....more3minPlay
FAQs about Lemos para ti:How many episodes does Lemos para ti have?The podcast currently has 97 episodes available.